Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50116

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013 pola que se publica o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración autonómica, da Administración local e da Administración de xustiza de Galicia para o ano 2014.

O plan de formación da Escola Galega de Administración Pública –en diante EGAP– recolle por vez primeira nun único documento o marco xeral para mellorar a cualificación e a capacitación profesional do persoal ao servizo desta comunidade autónoma, do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia e do persoal ao servizo das entidades locais de Galicia, establecendo as principais áreas formativas que constitúen o marco xeral para mellorar a cualificación e a capacitación profesional dos traballadores de cada un destes ámbitos.

Canto aos contidos, o devandito plan é o resultado dun proceso de análise das necesidades formativas, da demanda real rexistrada nos cursos e da avaliación das actividades. Estas son as ferramentas chave que permitiron a creación dun programa de calidade e axeitado aos requirimentos dos usuarios, sen que os custos se incrementasen, considerando o marco de restrición orzamentaria en que nos atopamos.

No deseño do plan realizouse un proceso de detección de necesidades formativas no cal participaron as distintas consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza e a Dirección Xeral de Administración Local, a través da rede de coordinadores de formación –responsables de elaborar as propostas de actividades– e contouse tamén coa colaboración de docentes e expertos de distintos eidos formativos.

Como resultado desta análise, a EGAP presenta nesta resolución un plan de formación estruturado en accións formativas de carácter transversal e específico. As primeiras teñen por obxecto ofrecer un currículo básico horizontal que capacite os empregados públicos para realizaren as funcións e as tarefas que lles sexan asignadas ao longo da súa carreira profesional. É por iso que a docencia de carácter transversal se corresponde co ensino de funcións, coñecementos e habilidades que son xenéricas, que constitúen as bases da organización da Administración. Doutra banda, as accións formativas específicas comprenden o conxunto de actividades cuxo obxectivo está directamente relacionado coa adaptación permanente ao posto de traballo, incluíndo contidos sectoriais que afectan competencias concretas.

O plan de formación para o ano 2014 responde a diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os cales se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial.

A autoformación continúa así o éxito acadado en 2013, xa que supuxo a consolidación dun espazo virtual de coñecemento que permite ao alumnado xestionar o seu proceso de aprendizaxe e acreditar a súa competencia mediante unha proba voluntaria que lle dá dereito a obter un certificado de equivalencia. Con esta modalidade favorécese ao máximo o aproveitamento dos recursos formativos dispoñibles na Escola

En segundo lugar, a EGAP continúa coa súa aposta pola modalidade de teleformación, aumentando ano a ano a porcentaxe destas actividades e ampliando as áreas ás cales se aplica.

Estas dúas modalidades –a autoformación e a teleformación–, ademais de seren unha medida de eficiencia no emprego dos recursos económicos, permitirán achegar as actividades da Escola a un maior número de empregados públicos, especialmente a aqueles que por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación non poden optar á modalidade presencial.

Por último, nas accións formativas presenciais continúa o deseño de actividades que permitan a aplicación de coñecementos, a interacción e a verificación dos coñecementos adquiridos. Esta configuración contribuirá á bagaxe dos discentes e proporcionaralles os coñecementos e habilidades necesarios para cada un dos postos de traballo en que desenvolvan a súa carreira administrativa.

Outro elemento destacado é a profunda renovación da oferta formativa que se produce a través deste plan, que incorpora unha alta porcentaxe de cursos con novos contidos, para os tres tipos de funcionarios.

Con isto, a EGAP trata de reforzar a formación naqueles ámbitos que, polo seu carácter estratéxico e innovador, teñen un maior impacto na cidadanía. En consecuencia, na identificación dos contidos prestouse atención aos cambios organizativos e procedementais, procurando acadar un equilibrio axeitado entre os aspectos novos e os necesarios elementos de continuidade. Como consecuencia destas decisións, o plan de formación para o persoal da Administración autonómica, para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia e do persoal ao servizo das entidades locais de Galicia do ano 2014 contará cunha elevada porcentaxe de novos títulos.

A programación destes novos cursos obedece a unha dobre finalidade: por unha parte, ofrecer formación sobre aspectos que revisten novidade, tanto desde un punto de vista xurídico como práctico e, por outra, tratar aquelas materias con transcendencia e utilidade para o traballo diario dos empregados públicos.

En consonancia co anterior, na selección das temáticas tamén se tivo en conta o seu interese e actualidade, a utilidade da materia e a necesidade de elaborar unha oferta apta para todos os niveis e escalas da función pública.

Por outra parte, todas as actividades que integran este plan serán obxecto dunha análise posterior. A avaliación dos plans formativos, concibida como un proceso sistemático e permanente de recolla de información, é hoxe un dos alicerces en que se sustenta o modelo formativo da EGAP. Este permite mellorar a programación dos cursos, adecuar as actividades ás necesidades e expectativas dos usuarios, coñecer os niveis de satisfacción coa formación e co labor docente, mellorar a calidade das actividades incluídas no plan sen incrementar os custos e, en último termo, reforzar a transparencia, a rendición de contas e o control de resultados.

Polo demais, cómpre salientar que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria. Así mesmo, débese advertir que quedan excluídas as actividades derivadas de cursos selectivos; os cursos superiores; as actuacións en colaboración; as xornadas, conferencias e seminarios; as actividades doutras administracións públicas (excepto as tres sinaladas), e as actividades de formación do persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e do persoal sanitario. A estas últimas administracións dirixiranse convocatorias específicas de conformidade coa aprobación dos seus plans ou cos convenios que se asinen durante o ano 2014.

Feitas estas advertencias, resta tan só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán formalizar a súa matrícula despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.

Este plan de formación foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 18 de decembro de 2013.

De acordo co exposto, publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación do persoal ao servizo desta comunidade autónoma, do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia e do persoal ao servizo das entidades locais de Galicia para o ano 2014.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Cursos da Administración autonómica

Formación en competencias transversais

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

A revisión e revogación dos actos administrativos

1

25

20

Nocións básicas de contabilidade pública

3

75

20

Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na comunidade autónoma. Tributos propios e tributos cedidos

1

25

15

Subvencións e axudas económicas en tempos de crise

1

30

15

Estatuto básico do empregado público

3

150

25

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia

2

100

25

Procedemento administrativo

5

250

25

Os contratos do sector público

2

100

30

As subvencións. Regulación estatal e autonómica

2

100

40

Obradoiro de contratación administrativa. Nivel avanzado

1

20

40

Obradoiro de subvencións. Nivel avanzado

1

25

40

Obradoiro de procedemento administrativo na vía de recurso

1

20

15

A regulación do silencio administrativo tras a aprobación da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio

1

30

20

Nova normativa da función pública de Galicia

1

20

15

Nóminas e retribucións do persoal

1

30

20

Revisión de oficio das disposicións normativas

1

20

15

A eficacia dos actos no marco do procedemento administrativo, en particular, a suspensión

1

20

15

Execución dos contratos administrativos: réxime aplicable e facultades da Administración

1

20

15

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia

1

50

15

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia

1

50

15

O control do Goberno e da Administración: especial referencia aos gastos orzamentarios

1

50

15

Liquidación práctica dos tributos da Comunidade Autónoma de Galicia

1

20

15

Liquidación práctica dos tributos locais de Galicia

1

20

15

A expropiación forzosa: causa expropiandi e competencias autonómicas

1

20

15

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Adaptación da Administración á Estratexia Europa 2020: reformas normativas e procedementos administrativos

3

90

30

Administración e cohesión: a nova política europea de cohesión económica, social e territorial e o seu despregamento administrativo

3

90

30

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

1

50

24

Cooperación transfronteiriza e cohesión

1

50

24

O recurso por incumprimento e a responsabilidade das comunidades autónomas

1

50

20

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

1

50

20

Comunicación escrita e elaboración de informes

6

180

20

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

2

60

18

Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

1

25

24

Uso de ferramentas informáticas para a xestión do tempo

2

40

12

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

1

50

30

A elaboración de disposicións de carácter xeral: técnica normativa e correcta redacción das normas

1

20

15

Informática básica

1

30

30

Liderado e intelixencia emocional

1

20

15

Técnicas elementais de arquivos

2

100

25

Negociación e traballo en equipo

1

35

25

Información e atención ao cidadán

2

120

25

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

3

120

15

A creatividade, unha gratificante ferramenta de xestión

1

12

12

Presentacións de alto impacto

1

9

16

Habilidades predirectivas

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Perfeccionamento de xefaturas de sección

2

100

120

Perfeccionamento de xefaturas de negociado

4

200

80

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Contratación e licitación electrónica

1

25

30

A e-administración

1

25

25

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

2

100

25

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

2

100

25

A protección de datos de carácter persoal. Nivel avanzado

2

100

40

A sinatura electrónica: aspectos xurídico-procedementais

1

30

20

Certificado dixital

1

50

25

Interpretación de datos estatísticos

1

30

20

Xestión de documentos dixitais nas administracións. Rexistro electrónico. Dixitalización, identificación e autenticación

1

20

15

Administración e internet. Web. Sede. Interoperabilidade. Sistemas de notificación electrónicos

1

20

15

Programa de autoformación

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos.

1

100

25

Introdución ao uso da Web 2.0 nas administracións públicas

1

100

30

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación

1

100

20

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

1

100

15

Introdución á informática. O procesador de textos Word 2010

1

100

25

Iniciación á administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos

1

100

20

OpenOffice Calc básico

1

100

25

OpenOffice Writer básico

1

100

25

Responsabilidade patrimonial da Administración pública

1

100

25

Cambio e motivación nas organizacións

1

100

15

Portal de idiomas

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Medio de linguaxe administrativa galega

15

450

75

Superior de linguaxe administrativa galega

18

540

75

Conversa en inglés

4

60

50

Inglés intermedio (B1)

1

20

100

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Inglés intermedio (B2)

1

20

100

Lingua inglesa A1.I

6

120

50

Lingua inglesa B1.I

6

120

50

Lingua inglesa

10

500

80

Lingua francesa

4

200

150

Lingua portuguesa

2

100

150

Lingua alemá

5

250

70

Lingua francesa A1 (iniciación)

2

40

50

Lingua francesa B1 (intermedio)

2

40

50

Plan formativo ofimático de Galicia

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

(contorno Windows)

7

350

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

(contorno Linux)

4

200

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

7

350

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Openoffice)

6

300

30

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

5

250

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Openoffice)

4

200

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

4

200

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Openoffice)

3

150

50

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información
(Microsoft Office 2010)

6

300

30

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Openoffice)

4

200

30

Probas de avaliación de carácter libre do Plan formativo ofimático de Galicia

70

3500

190

Formación en competencias específicas

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Vicepresidencia

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Condución preventiva e condución eficiente para persoal condutor do Parque Móbil

2

40

8

Elaboración de contratos programa ou contratos de xestión

1

30

12

O teletraballo no sector público autonómico de Galicia

9

270

6

Rexistro e información administrativa

7

140

20

Habilidades de comunicación e organización de recursos

1

25

25

Solicitudes de autorizacións administrativas, declaracións responsables e comunicacións previas

3

60

30

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Técnicas de interpretación do dereito da Unión Europea

1

20

24

O dereito á igualdade no eido da Unión Europea

1

20

24

Secretaría Xeral da Igualdade

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Elaboración de normativa con perspectiva de xénero

1

25

21

Formación básica en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

1

25

21

Igualdade de xénero: perspectiva xurídica

1

25

21

Indicadores de xénero

1

25

21

Violencia de xénero

1

25

21

Asesoría Xurídica Xeral

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Curso práctico sobre a Lei 16/2010, do 17 de decembro (LOFAXGA): principais novidades da lei de racionalización do sector público

1

25

24

Curso práctico sobre o procedemento de exixencia de responsabilidade disciplinaria do personal funcionario

1

25

24

Dereito sancionador e o seu control xurisdicional

1

25

21

Especialidades das entidades instrumentais do sector público

1

25

24

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Básico en prevención de riscos laborais

4

200

50

Os primeiros auxilios

4

200

20

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

4

200

15

Prevención de riscos laborais para o persoal responsable dos centros de traballo da Xunta de Galicia

1

30

15

Prevención de riscos laborais para o persoal veterinario

1

50

20

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

5

125

12

Consellería de Facenda

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

A xestión do Feder

3

90

20

A xestión do FSE

5

150

20

Aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE: introdución ao software libre R

1

50

30

Curso práctico de xestión orzamentaria

1

25

50

Irregularidades na xestión de expedientes financiados con fondos comunitarios

1

20

30

O Sistema de Información Corporativo de Nómina e Recursos Humanos da Xunta de Galicia

1

15

42

O Sistema de Información de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia

1

15

21

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Cambio climático

1

25

24

Divulgación da lexislación cinexética vixente en Galicia

1

40

16

Novidades normativas en materia de transportes

1

25

20

Os sistemas intelixentes de transporte (SIT): Sistema de Axuda á Explotación (SAE) e Sistema de Información Xeográfica (SIX)

1

25

25

Consellería de Economía e Industria

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Transposición da Directiva 2011/83/UE sobre os dereitos dos consumidores

4

30

16

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Cultura

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Aproximación aos proxectos de dixitalización para bibliotecas públicas

1

25

16

Arquivos e xestión documental ante a web semántica

1

30

15

Identificación, valoración e selección documental na Administración autonómica

1

30

15

Novas normativas para o rexistro de autoridades

1

25

12

Educación

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Xestión académica e administrativa nos centros de educación infantil e primaria

2

100

20

Xestión académica e administrativa nos centros de educación secundaria

2

100

30

Xestión da aplicación informática do persoal docente

1

20

24

Consellería de Traballo e Benestar

Traballo

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

As cualificacións profesionais no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa integración no Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego (SISPE)

5

100

20

Exposición ao amianto nos edificios. Xestión do risco

1

30

14

Xestión sustentable e responsabilidade social na Administración pública

1

35

32

Benestar

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

A nova aplicación informática do censo de persoas con discapacidade de Galicia

1

20

20

Aplicación do baremo de valoración da dependencia (BVD) para a valoración da necesidade dunha terceira persoa

1

25

8

As normas de accesibilidade en Galicia

1

25

20

Formación básica en proxectos de voluntariado

1

25

20

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Nutrición, dietética e alimentación nas persoas maiores

1

25

20

Sensibilización fronte ao sistema de xestión e control de suxeicións restritivas en centros de atención sociosanitaria

1

25

10

Consellería do Medio Rural e do Mar

Medio Rural

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia

1

15

36

A Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia-texto consolidado

3

150

120

Claves do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020

3

150

90

Formación en investigación de causas de incendios forestais

5

150

100

Formación en queimas controladas

2

60

60

Mar

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Apoio técnico á xestión pesqueira e marisqueira

1

15

36

Cursos da Administración Local

Réxime xurídico e actividade financeira dos entes locais

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Fiscalización e xestión da contratación menor e negociada nos pequenos concellos

1

50

25

Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Obrigas de subministración de información

1

50

25

Os orzamentos das entidades locais. Informes de viabilidade e regra de gasto

1

50

25

Plan de axustes e plan económico financeiro na Administración local

1

50

25

Tesouraría e xestión de ingresos públicos locais

1

50

25

A Lei de montes: competencias dos concellos

1

50

25

A reforma do mercado laboral. Os expedientes de regulación de emprego na Administración local

1

50

25

A función de control e inspección urbanística nos pequenos municipios

1

50

25

A liberalización do sector eléctrico

1

50

25

Aplicación práctica da Directiva de servizos na Administración local

1

50

25

Linguaxe administrativa galega

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Medio de linguaxe administrativa galega

4

120

75

Superior de linguaxe administrativa galega

3

90

75

Cursos da Administración de Xustiza

Itinerarios formativos

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Módulo I.1 Civil (execución hipotecaria)

2

100

25

Módulo I.2 Civil (execución ordinaria)

2

100

25

Módulo I. A lexislación social

2

100

25

Módulo II. A lexislación social

2

100

25

Módulo I. Contencioso

2

100

25

Módulo II. Contencioso

2

100

25

Execución penal. Análise das normas de aplicación. Guías de tramitación

2

100

25

Xulgados de garda e xulgados de instrución. Xestión do servizo de garda

2

100

30

Violencia de xénero e familiar. Tramitación

2

100

30

TIC

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

O uso das tecnoloxías da información e da comunicación na Administración de xustiza (Lei 18/2011)

2

100

25

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

1

50

30

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

1

50

50

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información
(Microsoft Office 2010)

1

50

30

Coñecementos transversais

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Básico de prevención de riscos laborais

1

50

30

Curso de protección de datos

2

100

25

Medicina forense

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Cuestións complexas na valoración do dano corporal: dano ao sistema nervioso central e ao sistema nervioso periférico, dano sensorial oftalmolóxico e ORL

1

30

12

Ferramentas de uso cotiá na pericia: busca de bibliografía na rede, probas radiolóxicas e neurofisiolóxicas.

1

30

12

Linguaxe xurídica galega

Nome curso

Edicións

Prazas

Horas

Medio linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia)

1

30

75

Superior linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia)

2

60

75

Medio linguaxe xurídica galega

3

90

75

Superior linguaxe xurídica galega

3

90

75