Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50546

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir as seguintes prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 175, do 10.9.2008, e as súas rectificacións no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 47, do 10.3.2009, e no número 29, do 10.2.2012, e as bases específicas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 205, do 24.10.2013.

1. Prazas de persoal funcionario:

• 1 praza de oficial da policía local, encadrada na escala básica, subescala servizos especiais, e integrada no grupo C1, por promoción interna.

• 1 praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, e integrada no grupo A2, por quenda libre.

• 1 praza de ordenanza, encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, e integrada noutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación, por quenda libre.

• 1 praza de ordenanza (50 %), encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, e integrada noutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación, na quenda reservada a discapacitados/as.

2. Prazas de persoal laboral fixo:

• 1 praza de oficial electricista, equiparada ao grupo C2 da función pública, por quenda libre.

• 3 prazas de conserxes dos pavillóns polideportivos (unha a tempo completo e dúas a tempo parcial), equiparadas ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por quenda libre.

• 1 praza de operario/a de xardíns, equiparada ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por quenda libre.

• 1 praza de limpador/a, equiparada ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por quenda libre.

Redondela, 26 de novembro de 2013

Javier Bas Corugeira
Alcalde