Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2013 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de montaxe da exposición temporal Auga Doce, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de montaxe da exposición temporal Auga Doce, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada.

Prazo de execución: a duración estimada do contrato será de corenta e tres (43) días naturais a partir da data de sinatura do contrato, que finaliza o 14 de marzo de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 196.660,00 €.

IVE (21 %): 41.298,60 €.

Importe total: 237.958,60 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20022

Información de índole técnica; teléfono: 881 99 51 39.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos, 15,15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia