Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 37

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

En virtude da Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2008) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

Pola Orde do 2 de febreiro de 2010 (DOG núm. 25, do 8 de febreiro) foron nomeados funcionarios da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os funcionarios en destino provisional que figuran na Orde do 2 de febreiro de 2010 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 8 de xaneiro de 2014, ás 10.00 horas.

Segundo. Os funcionarios convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde obtida no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os funcionarios deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos funcionarios que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedaran sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse do disposto no punto anterior os aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

INC050000015770009

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

D. X. de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

 

 

2

INC050000115770007

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

 

 

3

INC050000115770008

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

 

 

4

INC050000115770009

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

 

 

5

INC050000315770016

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Admón. Industrial

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

 

 

6

INC991000015001059

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

 

 

7

INC991000015001060

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

 

 

8

INC991000015001061

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

 

 

9

INC991000015001062

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

 

 

10

INC991000027001031

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Enx. técn. industrial

 

 

11

INC991000027001033

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Enx. técn. industrial

 

 

12

INC991000036001055

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enx.técn.industrial

 

 

13

INC991000036001056

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Enx.técn.industrial

 

 

14

INO110020015001020

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

IN

Instituto Galego de Consumo (Xerencia)

Laboratorio de Consumo de Galicia (A Coruña)

A Coruña

Enx.técn.industrial

Experiencia en ensaios laboratorios electromecánicos (mérito)