Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2097

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2013 de prórroga do orzamento para o ano 2014.

De acordo co establecido no artigo 176 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a non aprobación do orzamento anual da universidade antes do día 1 de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior.

Tendo en conta que non é posible aprobar o orzamento para o ano 2014 antes da data citada, esta reitoría resolve:

1. Prórroga. Prorrógase o orzamento da Universidade de Santiago de Compostela do exercicio 2011 por ser este o derradeiro orzamento aprobado.

2. Contía. A contía do orzamento prorrogado será de douscentos vinte e oito millóns oitocentos corenta e tres mil novecentos sesenta euros, distribuídos nos seguintes capítulos:

Ingresos 228.843.960

Capítulo III Prezos públicos e outros ingresos 41.548.000

Capítulo IV Transferencias correntes 140.109.480

Capítulo V Ingresos patrimoniais 713.000

Capítulo VII Transferencias de capital 41.473.480

Capítulo IX Variación de pasivos financeiros 5.000.000

Gastos 228.843.960

Capítulo I Gastos de persoal 149.260.000

Capítulo II Gastos en bens correntes e servizos 26.188.960

Capítulo III Gastos financeiros 898.000

Capítulo IV Transferencias correntes 2.904.420

Capítulo VI Investimentos reais 42.672.580

Capítulo IX Variación de pasivos financeiros 6.920.000

3. Importe do crédito do orzamento prorrogado. O crédito inicial das partidas do orzamento prorrogado será igual ao crédito inicial que tiñan no orzamento de 2011 (páxinas 37 á 53 da edición impresa/43 a 55 da edición web).

4. Criterios de non dispoñibilidade da prórroga. A previsión de menores ingresos para o ano 2014 fai necesario unha retención cautelar no orzamento que se prorroga.

4.1. As porcentaxes de retención que se aplicarán sobre os créditos prorrogados son:

Capítulo I, farase a retención necesaria para o axuste do crédito ás contías de masa salarial e cotas sociais aprobadas pola Comunidade Autónoma para o ano 2014.

Capítulo II, o 50 %.

Capítulo IV, o 75 %.

Capítulo VI, o 90 %.

Capítulos III e IX, o 0 %

4.2. Os responsables de Asuntos Económicos formalizarán estas retencións mediante autorizacións que terán a seguinte codificación: CAUTELARXXXXYYYYY, onde XXXX é o código funcional e YYYYY o código económico da correspondente partida. O Servizo de Control Interno fará o oportuno seguimento do cumprimento.

4.3. Non serán de aplicación as retencións indicadas anteriormente:

Créditos do Consello Social.

Créditos destinados ao funcionamento ordinario xeral da universidade asignados á xerencia.

Fondos de dotación de créditos para cursos de posgrao, proxectos, contratos e convenios de investigación.

Subvención á Fundación USC Deportiva.

Subvención á Fundación Rof Codina.

Subvención á Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais.

Subvención explotación a Uninova.

Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

Crédito para programas educativos europeos.

Créditos para investimentos de reparacións e mellora asociados á subvención do plan de financiamento do SUG.

5. Normas de execución. Como consecuencia da prórroga, seguen en vigor as normas de execución do orzamento para 2011 e as complementarias ditadas nos exercicios 2011, 2012 e 2013, en todo o non modificado pola presente resolución.

6. Créditos derivados de financiamentos específicos (actividades de I+D+i, cursos de posgrao propio, etc).

Ata que o exercicio 2013 non estea pechado e mentres non se coñeza o remanente de tesouraría, dítanse as seguintes normas con carácter provisorio:

6.1. As actividades financiadas mediante subvencións poderán dispor do crédito da anualidade prevista para o ano 2014 e do remanente do exercicio 2013.

6.2. As actividades que non se financian mediante subvencións poderán dispor do crédito aprobado para o 2014 e do 80 % do remanente do exercicio 2013.

Unha vez pechado o exercicio 2013, comunicarase o importe certo do remanente e o tipo de modificación orzamentaria definitiva, segundo proceda IR ou transferencia de crédito.

7. Créditos dos departamentos. Os responsables de Asuntos Económicos abrirán o crédito de cada departamento mediante unha modificación orzamentaria TP polo mesmo importe que foi distribuído no ano 2011 para gastos de funcionamento e desprazamento.

8. Dispoñibilidade no 2014 dos saldos dos créditos en 31.12.2013 do capítulo VI. O saldo de crédito en 31.12.2013 das partidas do capítulo VI financiadas con fondos propios (departamentos, equipamentos, obras,..) non se poderán incorporar ao 2014.

9. Cambios derivados da aplicación do modelo CANOA na adquisición de libros, revistas e outras aplicacións. Ao tratarse dunha prórroga do orzamento de 2011, procederase segundo o actuado no exercicio 2013 cos créditos para a adquisición de libros, revistas e outras publicacións. Na prórroga de orzamento o crédito está no concepto 627 e, igual que no exercicio anterior, procederase a transferir os créditos ao capítulo II, concepto 220.

10. Apertura do exercicio 2014 e contabilización de gastos. O exercicio económico 2014 abrirase en canto sexa tecnicamente posible e, desde ese momento, poderanse facer as operacións contables necesarias.

Como excepción, non se poderán introducir facturas con IVE ata que se determine a porcentaxe de pro rata aplicable e se fagan as modificacións que corresponda aos funcionais que van ver modificado o tipo de dedución, previsiblemente nos primeiros días de febreiro.

11. Disposición adicional. Son de aplicación as disposicións adicionais contidas nas normas de execución do orzamento 2011 que prevén ditar as instrucións que sexan precisas por parte da Xerencia para a adaptación e o desenvolvemento das normas de execución, e tamén de aplicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela