Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2524

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 30 de decembro de 2013 pola que se convocan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) para o ano 2014.

Por medio da Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 2 de xullo de 2013 aprobáronse as bases reguladoras das axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocaron para o ano 2013.

A Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, é a norma estatal que instaura o marco xurídico común para implementar unha política de desenvolvemento rural propia, adaptada ás particulares condicións económicas, sociais e ambientais do medio rural español, con tres enfoques característicos: territorial ou zonal, horizontal ou integrado e participativo. A dita lei establece como obxectivos a mellora da situación socioeconómica e a calidade de vida das poboacións das zonas rurais no marco do respecto ambiental e o uso sustentable dos recursos naturais.

O Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de de-senvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014 en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, constitúe o instrumento de planificación plurianual en que se concretan as medidas de desenvolvemento rural, os procedementos e os medios para levalas a cabo; as actuacións implementaranse a través dos plans de zona que elaborará a Administración autonómica para cada unha das zonas rurais previamente delimitadas e cualificadas. O Real decreto 752/2010 establece, no punto 1.22.-CA.1, a posibilidade de subvencionar o asesoramento e tutela de novas iniciativas empresariais e de empresas de economía social.

No acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de marzo de 2010 adoptáronse diferentes medidas relacionadas coa aplicación en Galicia da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural. Neste acordo aprobouse, de conformidade co establecido no artigo 10 desta norma, a delimitación e clasificación de zonas rurais do territorio galego para efectos de aplicar o Programa de desenvolvemento rural sustentable (PDRS) 2010-2014 e elaborar os plans de zona rural.

A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, determina que os montes privados deben ser xestionados polos seus titulares, ben que estes poderán contratar a súa xestión con persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, pero tamén implica as administracións públicas e ínstaas tanto a establecer medidas de fomento da xestión sustentable dos montes como a fomentar as agrupacións de montes privados, para facilitar unha ordenación e xestión forestal integrada que asocie persoas propietarias.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, establece no seu artigo 121.2 que serán obxecto prioritario de fomento as sociedades de fomento forestal. O artigo 121.1 establece que as medidas de fomento que adopte a administración forestal priorizaranse conforme, entre outros, reordenar e promover a xestión conxunta da propiedade particular forestal.

O Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e a cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro determina no capítulo IV o marco base dos incentivos e axudas que poderán ser aplicables ás sociedades de fomento forestal.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o establecido no Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas, que teñen como obxectivos os seguintes:

a) Fomentar sistemas de xestión conxunta dos aproveitamentos forestais, incluídos os aproveitamentos e a comercialización das producións forestais dirixidos á mellor ordenación e xestión dos montes galegos.

b) Acadar unha rendibilidade das propiedades forestais das persoas silvicultoras.

c) Posibilitar unha axeitada xestión sustentable das superficies forestais de propiedade privada, e acadar superficies abondas de xestión conxunta e que se apliquen instrumentos de xestión forestal.

d) Reducir o nivel de abandono do monte galego e diminuír o risco de incendios forestais.

Esta orde ampárase no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28 de decembro).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ten por obxecto regular o réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas. O artigo 20 regula a iniciación de oficio dos procedementos de subvención mediante convocatoria aprobada polo órgano competente.

A Orde do 2 de xullo de 2013 estableceu as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e convocábaas para o ano 2013.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire o artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2014 as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva.

2. As bases reguladoras desta convocatoria son as contidas na Orde do 2 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 133, do 15 de xullo de 2013).

Artigo 2. Liñas de axuda

Mediante esta orde convócanse dúas liñas de axuda:

a) Liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor).

b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades de fomento forestal con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor).

Artigo 3. Solicitantes e beneficiarios

1. Solicitantes das liñas de axudas:

a) Liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor).

Poderán solicitar as axudas para constituír Sofor que se regula no artigo 5 desta orde:

a-1) As agrupacións de persoas propietarias forestais constituídas formalmente e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia.

a-2) Outras entidades xurídicas de dereito privado que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestionar e comercializar en común os recursos forestais dos terreos que xestionen, inscritas segundo a lexislación sectorial que lle sexa de aplicación.

a-3) As Sofor con inscrición previa no rexistro (RSofor) para conseguir a súa inscrición definitiva, sempre e cando non obtivesen subvención para a súa inscrición previa.

b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor).

Poderán solicitar as axudas para iniciar a actividade de Sofor que se regulan no artigo 6 desta orde as Sofor con inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal (RSofor).

Os mesmos terreos non poderán presentarse en máis dunha solicitude, o que será motivo de inadmisión de todas as solicitudes que se presenten sobre terreos coincidentes.

No caso de que se solicite e conceda axuda para inscrición previa, non poderá solicitarse a axuda para a súa inscrición definitiva.

Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.

Non se poderá conceder axuda sobre terreos que conteñan hábitats prioritarios.

No caso de montes xestionados pola Xunta de Galicia con base en consorcios ou convenios, a aprobación de subvención está condicionada á rescisión previa do consorcio ou convenio ou ben á sinatura dun novo contrato temporal de xestión pública, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2. Independentemente do solicitante, o beneficiario final das axudas, tanto para liña 1 como para a liña 2 desta orde, será a sociedade de fomento forestal (Sofor) inscrita no RSofor. Para obter a condición de beneficiario, deberanse cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Superficie mínima para a liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor)

1. As solicitudes deberán formularse por unha superficie mínima que, atendendo á tipoloxía de Sofor, será de:

a) Plantacións forestais de froito: 15 hectáreas.

b) Plantacións de frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas: 25 hectáreas.

c) Outras plantacións ou aproveitamentos forestais: 50 hectáreas.

2. No momento da solicitude a entidade solicitante deberá acreditar a titularidade do 25 % das superficies citadas.

3. Para delimitar a superficie forestal xestionada terase en conta o establecido no artigo 5 do Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e a cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro.

Artigo 5. Conceptos subvencionables da liña 1 de axudas para constituír as sociedades de fomento forestal (Sofor)

Os conceptos subvencionables para constituír unha Sofor e inscribila no RSofor son os seguintes:

a) O custo de investigación da propiedade e clasificación dos terreos en que se aplique un sistema acreditado e obxectivo de valoración dos dereitos de aproveitamento forestal. Este concepto non será subvencionable no caso das Sofor que inclúan terreos en proceso de concentración parcelaria ou que xa se atopen concentrados.

b) Os gastos notariais de constitución da Sofor.

c) O cartel informativo (modelo do anexo X) que están obrigadas a colocar nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.

No caso de que se solicite e conceda axuda para inscrición previa non poderá solicitarse a axuda para a súa inscrición definitiva.

Artigo 6. Conceptos subvencionables da liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor

Os conceptos subvencionables nesta convocatoria para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor son os seguintes:

a) Os gastos notariais e rexistrais necesarios para realizar a concentración privada das propiedades forestais integradas na Sofor.

b) Os custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns.

c) Os custos de execución de infraestruturas comúns.

d) Os custos de redacción do instrumento de ordenación e xestión forestal.

e) O cartel informativo (modelo do anexo X) que están obrigadas a colocar nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.

Durante o período desta convocatoria, unicamente se poderá conceder, como máximo, unha subvención para cada un dos conceptos descritos nas alíneas a) ao d).

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

4. O solicitante indicará na parte doutros datos da solicitude se a superficie de actuación comprende calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal (zona de protección lateral do Camiño de Santiago, zona que forma parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, zona dentro da Rede Natura 2000). Nestes casos, a Administración solicitará de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe ao organismo competente nesa materia. En caso de que o dito informe sexa desfavorable, non se admitirá a trámite a solicitude de axuda.

5. Para os interesados que presentasen unha solicitude en convocatorias anteriores para o mesmo concepto e esta non fose aprobada ou non fose admitida a trámite, será suficiente coa presentación dun novo impreso de solicitude. Non obstante, no caso que se tivese producido algún cambio, deberá achegar a documentación acreditativa deste.

6. Non é posible a reformulación de solicitudes de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav.

Artigo 8. Documentación para achegar coa solicitude

Coa solicitude, os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar da provincia correspondente:

• Documentación xeral:

a) Solicitude, asinada polo representante legal ou persoa acreditada, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. Neste modelo de solicitude inclúese unha declaración responsable, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, en que o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que todos os datos reflectidos na solicitude son certos. Neste caso, con anterioridade á proposta de resolución da concesión da subvención requirirase a presentación da documentación que acredite a realidade dos datos contidos na declaración nun prazo de 15 días.

b) Copia do NIF da entidade solicitante.

c) A solicitude de axudas comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellaría de Facenda da Xunta de Galicia.

d) Declaración do solicitante da axuda do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes e declaración expresa de outras axudas sometidas ao réxime de minimis (anexo V).

e) Para cada investimento igual ou superior a 18.000 euros sen IVE deberase achegar contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. No caso de obra civil, deberase presentar esta documentación para cada investimento igual ou superior a 50.000 euros sen IVE. O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta máis económica.

• Documentación específica:

Para a liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor):

a) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da Sofor que se vai constituír.

b) Proxecto de estatutos da Sofor.

c) Para agrupacións formalmente constituídas de persoas propietarias forestais: NIF e documento acreditativo de constitución da agrupación onde consten as persoas e as propiedades que forman parte da dita sociedade ou agrupación e copia dos estatutos ou escrituras de constitución, acordo de cesión segundo o anexo II desta orde e acreditación da persoa física que as representa. A Administración comprobará, de oficio, a súa inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.

d) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución, acreditación da persoa física que as representa e documento de compromiso dos membros das entidades xurídicas de dereito privado segundo o anexo III.

Para a liña 2 para iniciar a actividade da Sofor:

a) Memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.

b) Para a subvención dos custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns e dos custos de execución de infraestruturas comúns, presentarase:

1º. Un plano asinado por persoal técnico competente en materia forestal, de acordo co establecido na definición 24 do artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, coa localización das infraestruturas que se pretenden executar.

2º. O nomeamento do director da obra no caso dos custos de execución de infraestruturas.

Deberase acreditar a competencia en materia forestal mediante a presentación do título universitario oficial.

3º. No caso de traballos fóra dos terreos da Sofor, a autorización dos titulares dos terreos afectados.

Artigo 9. Presentación de solicitudes

1. A tramitación destas axudas realízase mediante convocatoria aberta con dous procedementos sucesivos de selección.

2. O modelo de solicitude inclúese no anexo I desta orde.

3. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2014.

4. As solicitudes que se incluirán en cada un dos procedementos de selección serán as seguintes:

a) Primeiro procedemento de selección. Incluirá as solicitudes correctamente presentadas e cos informes favorables dos órganos correspondentes a 31 de marzo de 2014.

b) Segundo procedemento de selección. Incluirá as solicitudes correctamente presentadas e cos informes favorables dos órganos correspondentes a 31 de xullo de 2014 que non fosen aprobadas no procedemento anterior.

5. En cada procedemento de selección, se, unha vez priorizadas as solicitudes da liña 1 (axudas para constituír sociedades de fomento forestal) e do punto primeiro da liña 2 (gastos notariais e rexistrais para a concentración privada) non se esgotar o crédito asignado a un destes grupos, poderase engadir o crédito sobrante ao seguinte grupo.

Artigo 10. Tramitación e concesión de axudas

1. A tramitación corresponde á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

2. Un órgano colexiado composto polo subdirector/a xeral de Recursos Forestais, o/a xefe/a do Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais e o/a xefe/a do Servizo de Fomento Forestal valorará as solicitudes de axuda seguindo os criterios marcados nos artigos 11 e 12 desta orde e formulará unha proposta de concesión ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A conselleira do Medio Rural e do Mar ou, se é o caso, a persoa en que estea delegada esta función resolverá os expedientes.

3. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación poderá realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, de ser o caso, a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

4. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións é de 5 meses. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de que a Administración resolva.

5. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes se o acto for expreso. Se non o for, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto. Transcorridos os ditos prazos, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo sen prexuízo, se for o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Artigo 11. Baremo de priorización da liña 1 de axudas «para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor)»

1. Segundo a tipoloxía de Sofor que se indique na solicitude:

a) Plantacións forestais de froito: 3 puntos por hectárea da Sofor que se pretende constituír.

b) Plantacións de frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas: 2 puntos por hectárea da Sofor que se pretende constituír.

c) Outras plantacións ou aproveitamentos forestais: 1 punto por hectárea da Sofor que se pretende constituír.

d) 20 puntos se a clase forestal da Sofor posúe máis do 75 % do capital social da sociedade.

e) 40 puntos (non acumulables ao punto anterior) se a clase forestal da Sofor posúe máis do 90 % do capital social da sociedade.

2. Segundo as características do solicitante:

a) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas propietarias de terreos forestais que solicitan a subvención para constituír a Sofor son mulleres.

b) Outorgaranse 30 puntos (non acumulables ao punto anterior) se máis do 40 % das persoas propietarias de terreos forestais que solicitan a subvención para a constituír a Sofor son mulleres.

c) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

d) Outorgaranse 30 puntos (non acumulables ao punto anterior) se máis do 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

e) Outorgaranse 50 puntos a sociedades de fomento forestal situadas en concellos desfavorecidos (anexo XI).

f) Outorgaranse 50 puntos a Sofor localizadas en concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo XII).

g) Outorgaranse 50 puntos á Sofor con masas consolidadas de frondosas autóctonas, especificadas no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

h) Outorgaranse 50 puntos á Sofor se o terreo conta cun instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola Administración.

Artigo 12. Baremo de priorización da liña 2 «inicio de actividade de Sofor con inscrición definitiva»

Para cada un dos catro seguintes conceptos subvencionables: concentración privada, redacción de proxectos de obras e infraestruturas comúns, custos de execución de infraestruturas comúns e redacción do instrumento de planificación da xestión forestal, o baremo de priorización é o seguinte:

1. Segundo a tipoloxía de Sofor:

a) Plantacións forestais de froito: 3 puntos por hectárea da Sofor.

b) Plantacións de frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas: 2 puntos por hectárea da Sofor.

c) Outras plantacións ou aproveitamentos forestais: 1 punto por hectárea da Sofor.

d) 20 puntos se a clase forestal da Sofor posúe máis do 75 % do capital social da sociedade.

e) 40 puntos (non acumulables ao punto anterior) se a clase forestal da Sofor posúe máis do 90 % do capital social da sociedade.

2. Segundo as características do solicitante:

a) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas propietarias de terreos forestais socios da Sofor son mulleres.

b) Outorgaranse 50 puntos (non acumulables aos anteriores) se máis do 40 % das persoas propietarias de terreos forestais socios da Sofor son mulleres.

c) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

d) Outorgaranse 30 puntos (non acumulables ao punto anterior) se máis do 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

e) Outorgaranse 50 puntos a Sofor situadas en concellos desfavorecidos (anexo XI).

f) Outorgaranse 50 puntos a Sofor localizadas en concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo XII).

g) Outorgaranse 50 puntos a Sofor con masas consolidadas de frondosas autóctonas, especificadas no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

h) Outorgaranse 50 puntos á Sofor se o terreo conta cun instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola Administración.

i) Por cada 10.000 € subvencionados para actividades da mesma sublínea en anos anteriores, restaranse 20 puntos.

Artigo 13. Documentación xeral que se presentará para a solicitude de cobramento

1. Para recibir o pagamento, os interesados deberán presentar a seguinte documentación xeral dirixida á Consellería do Medio Rural e do Mar-Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes:

a) Solicitude de pagamento da subvención en que se indique a relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo VI).

c) Facturas orixinais que se marcarán cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención reflectindo, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

d) Xustificante do pagamento: copias cotexadas dos documentos bancarios de pagamento. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

e) Declaración do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos, segundo o anexo V.

Artigo 14. Documentación específica que se presentará para a solicitude de cobramento da liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor)

1. Para o cobramento da liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) presentaranse os seguintes documentos específicos:

a) Solicitude de cambio de titular a sociedade de fomento forestal segundo anexo VII, agás no caso que o solicitante sexa unha Sofor con inscrición previa.

b) NIF da Sofor.

c) Escrituras de constitución da Sofor.

Artigo 15. Documentación específica que se presentará para a solicitude de cobramento da liña 2 de axudas para a constitución de Sofor

1. Para o cobramento da liña 2 de axudas ao inicio da actividade das Sofor con inscrición definitiva presentaranse os seguintes documentos específicos:

a) No caso de subvención a concentración privada, a aprobación da concentración privada.

b) No caso de subvención aos custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns, un exemplar do proxecto redactado, en formato papel e dixital.

c) No caso de subvención aos custos de execución de infraestruturas comúns, a notificación de remate dos traballos (anexo VIII) xunto coa seguinte documentación:

c.1) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

c.2) Arquivo gráfico (medición con GPS) coa superficie afectada polos traballos obxecto desta axuda.

c.3) Certificado final de obra emitido pola persoa directora da obra, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

d) No caso de redacción do instrumento de ordenación e de xestión forestal, certificado do encargado do Rexistro de Montes Ordenados da inscrición do monte. A dita inscrición deberá ter data posterior á concesión da subvención desta orde.

Artigo 16. Prazo de xustificación

1. O prazo de xustificación dos custos das actividades subvencionadas finalizará nas seguintes datas:

a) Primeiro procedemento de selección:

A presentación da documentación xustificativa da execución da actividade subvencionada rematará o 30 de xuño de 2014. No caso das axudas á execución de infraestruturas comúns que teñan aprobada parte do investimento para a súa execución no ano 2015, o prazo rematará o 28 de febreiro de 2015.

b) Segundo o procedemento de selección:

A presentación da documentación xustificativa da execución da actividade subvencionada rematará o 31 de outubro de 2014. No caso das axudas á execución de infraestruturas comúns que teñan aprobada parte do investimento para a súa execución no ano 2015, o prazo rematará o 30 de abril de 2015.

2. Poderanse conceder prórrogas do prazo establecido para a xustificación da subvención nas anualidades establecidas na resolución de concesión, logo de solicitude razoada realizada cunha anticipación superior a un mes antes do remate do prazo de xustificación.

Artigo 17. Financiamento

1. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, no momento da resolución.

2. As axudas financiaranse do seguinte xeito:

a) Axudas da liña 1 (artigo 5) e as do artigo 6 letra «a» da liña 2 desta orde:

Irán con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713B.770, código de proxecto 2012 00720: 292.000 € para a anualidade 2014. A distribución deste crédito será de 60 % para a liña 1 e do 40 % para a letra «a» da liña 2, no artigo 6, desta orde.

A contía por procedemento de selección é a seguinte:

• Para o primeiro procedemento: 200.000 €.

• Para o segundo procedemento: 92.000 €.

b) Axudas descritas da liña 2, no artigo 6 letras «b», «c» e «d» desta orde:

Irán con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713B.770., código de proxecto 2012 00722, coa distribución de anualidades: 400.000 € para a anualidade 2014 e 400.000 € para a anualidade 2015.

A contía por procedemento de selección é a seguinte:

• Para o primeiro procedemento: 400.000 €.

• Para o segundo procedemento: 400.000 €.

En cada procedemento de selección, se unha vez priorizadas as solicitudes da liña 1 (axudas para constituír sociedades de fomento forestal) e do apartado primeiro da liña 2 (gastos notariais e rexistrais para a concentración privada), non se esgotase o crédito asignado a un destes grupos, poderase engadir o crédito sobrante ao outro grupo.

Os créditos asignados a un procedemento e non comprometidos após a súa resolución poderán acumularse aos créditos asignados ao seguinte procedemento.

Poderán incrementarse os créditos asignados á convocatoria, en calquera dos seus procedementos, como consecuencia de xeracións, incorporacións ou ampliacións das partidas orzamentarias que a financien, sempre que fosen aprobadas antes da resolución de concesións; neste caso, a efectividade da contía adicional estará condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito mediante resolución do órgano que aprobou a convocatoria. A declaración de créditos dispoñibles publicarase no Diario Oficial de Galicia.

En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de procederse á dita ampliación, terase en conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Estas axudas financiaranse con cargo ao Plan de desenvolvemento rural sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %.

Disposición adicional única

A concesión e pagamento das axudas amparadas no Regulamento (CE) 1998/2006 referente á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis, quedará condicionada en todo caso á prórroga do seu período de vixencia ata o 30 de xuño de 2014, ou ben a entrada en vigor do novo regulamento de axudas de minimis, en trámite actualmente, que substitúe o indicado. Neste último caso, estas axudas poderán resolverse con posterioridade ao 30 de xuño de 2014 aplicando o novo regulamento de axudas de minimis, e as referencias citadas nesta orde relativas ao Regulamento (CE) 1998/2006 deben entenderse realizadas ao novo regulamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV
Cadro de zonas rurais do PDRS coa relación de concellos que as integran

Provincia

Zona rural

Concellos e entidades locais menores

A Coruña

Rías Altas e Arco Ártabro

Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Capela (A), Cariño, Carral, Cedeira, Cerdido, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Fene, Irixoa, Laracha (A), Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Oza dos Ríos, Paderne, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), Sada, San Sadurniño, Somozas (As), Valdoviño, Vilarmaior, Vilasantar

A Coruña

Terras de Santiago

Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Dodro, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, Padrón, Pino (O), Rois, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra

A Coruña

Costa da Morte e Rías Baixas Norte

Baña (A), Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal (A), Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Vimianzo, Zas

Lugo

As Mariñas

Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol, Pontenova (A), Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Valadouro (O), Vicedo (O), Viveiro, Xove

Lugo

Lugo Central

Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Corgo (O), Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Incio (O), Láncara, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Pastoriza (A), Portomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela, Vilalba e Xermade

Lugo

Lugo Sur

Lugo

Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón (A), Saviñao (O), Sober, Taboada

Lugo

Montaña Lucense Lugo

Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada (A), Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Nogais (As), Pedrafita do Cebreiro, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto

Ourense

Miño Central Ourense

Allariz, Amoeiro, Arnoia (A), Avión, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Bola (A), Carballeda de Avia, Carballiño (O), Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos, Gomesende, Irixo (O), Leiro, Maceda, Maside, Melón, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Padrenda, Pereiro de Aguiar (O), Peroxa (A), Piñor, Pontedeva, Punxín, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Taboadela, Toén, Verea, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo

Ourense

Valdeorras

Barco de Valdeorras (O), Bolo (O), Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rúa (A), Rubiá, Veiga (A) e Vilamartín de Valdeorras

Ourense

Depresións Ourensanas e Terras do Sil

Baltar, Bande, Blancos (Os), Calvos de Randín, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Entrimo, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Mezquita (A), Montederramo, Monterrei, Muíños, Oímbra, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), Porqueira, Rairiz de Veiga, Riós, San Xoán de Río, Sandiás, Sarreaus, Teixeira (A), Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia

Pontevedra

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Agolada, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Dozón, Estrada (A), Grove (O), Illa de Arousa (A), Lalín, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Valga, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa

Pontevedra

Pontevedra Este e Terras do Miño Pontevedra Intermedia

Arbo, Campo Lameiro, Cañiza (A), Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Guarda (A), Lama (A), Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Neves (As), Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño (O), Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño, Tui

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX
Tarifas dos instrumentos de ordenación e xestión forestal

Proxecto de ordenación

Superficie arborizada inventariable total (ha)

Superficie de aproveitamento final no plan especial (ha)

Orzamento elaboración PO

0 - 100

< 25

3.509,22

> 25

4.311,25

100 - 250

< 25

4.791,48

> 25

5.593,52

> 250

< 25

6.073,74

> 25

6.875,78

Documento simple de xestión

Superficie arborizada inventariable total (ha)

Superficie de aproveitamento final no plan especial (ha)

Orzamento elaboración DSX

0 - 50

< 10

1.243,11

> 10

1.530,23

50 - 100

< 10

1.528,06

> 10

1.815,18

> 100

< 10

2.240,43

> 10

2.527,55

ANEXO X
Cartel informativo

ANEXO XI
Listado de concellos desfavorecidos

Provincia da Coruña

Concellos desfavorecidos

Aranga

Mañón

Sobrado

Arzúa

Melide

Somozas, As

Boimorto

Mesía

Toques

Capela, A

Monfero

Tordoia

Cedeira

Ordes

Touro

Cerceda

Oroso

Trazo

Cerdido

Ortigueira

Val do Dubra

Coirós

Pino, O

Vilasantar

Curtis

P. García Rodríguez, As

Cariño

Frades

San Sadurniño

 

Irixoa

Santiso

 

Provincia de Lugo

Concellos desfavorecidos

Abadín

Guitiriz

Pastoriza, A

Alfoz

Guntín

Pedrafita

Antas de Ulla

Incio, O

Pol

Baleira

Láncara

Pobra de Brollón, A

Baralla

Lugo

Pontenova, A

Becerreá

Meira

Portomarín

Begonte

Mondoñedo

Quiroga

Bóveda

Monforte de Lemos

Rábade

Carballedo

Monterroso

Ribas de Sil

Castro de Rei

Muras

Ribeira de Piquín

Castroverde

Navia de Suarna

Riotorto

Cervantes

Negueira de Muñiz

Samos

Chantada

Nogais, As

Sarria

Corgo, O

Ourol

Saviñao, O

Cospeito

Outeiro de Rei

Sober

Folgoso do Courel

Palas de Rei

Taboada

Fonsagrada, A

Pantón

Triacastela

Friol

Paradela

Valadouro

Xermade

Páramo, O

Vilalba

Provincia de Ourense

Concellos desfavorecidos

Allariz

Celanova

Montederramo

Rúa, A

Amoeiro

Cenlle

Monterrei

Rubiá

Arnoia, A

Chandrexa de Queixa

Muíños

San Amaro

Avión

Coles

Nogueira de Ramuín

San Cibrao das Viñas

Baltar

Cortegada

Oímbra

Cea

Bande

Cualedro

Ourense

Sandiás

Baños de Molgas

Entrimo

Paderne de Allaríz

Sarreaus

Barbadás

Esgos

Padrenda

Taboadela

Barco de Valdeorras, O

Gomesende

Parada de Sil

Teixeira, A

Beade

Gudiña, A

Pereiro de Aguiar, O

Toén

Beariz

Irixo, O

Peroxa, A

Trasmiras

Blancos, Os

Xunqueira de Ambía

Petín

Veiga, A

Boborás

Larouco

Piñor

Verea

Bola, A

Laza

Pontedeva

Verín

Bolo, O

Leiro

Porqueira

Viana do Bolo

Calvos de Randín

Lobeira

Pobra de Trives, A

Vilamarín

Carballeda de Valdeorras

Lobios

Punxín

Vilamartín de Valdeorras

Carballeda de Avia

Maceda

Quintela de Leirado

Vilar de Barrio

Carballiño, O

Manzaneda

Rairiz de Veiga

Vilar de Santos

Cartelle

Maside

Ramirás

Vilardevós

Castrelo de Miño

Melón

Ribadavia

Vilariño de Conso

Castrelo do Val

Merca, A

San Xoán de Río

Xinzo de Limia

Castro Caldelas

Mezquita, A

Riós

Xunqueira de Espadanedo

Pontevedra

Concellos desfavorecidos

Arbo

Crecente

Agolada

Pazos de Borbén

Campo Lameiro

Cuntis

Lalín

Ponte Caldelas

Cañiza, A

Dozón

Lama, A

Rodeiro

Cerdedo

Estrada, A

Mondariz

Silleda

Cotobade

Forcarei

Neves (As)

Vila de Cruces

Covelo

Fornelos de Montes

 

 

ANEXO XII
Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal

Provincia

Concellos

Ourense

Arnoia (A), Baltar, Bande, Beade, Blancos (Os), Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Melón, Mezquita (A), Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Trasmirás, Verea

Pontevedra

Arbo, Baiona, Crecente, Gondomar, Guarda (A), Neves (As), Nigrán, Oia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui

missing image file