Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se lle dá audiencia á interesada no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O que se lle notifica ao titular do establecemento referido para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Turismo de Lugo.

Lugo, 3 de xaneiro de 2014

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Taramundi Rural.

Signatura: TD.LU-94.

Titular: Taramundi Rural, S.L.

Enderezo: Conforto, s/n.

Concello: A Pontenova.