Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3910

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro) iniciaronse e reguláronse as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011.

Nela indícase que no primeiro proceso de actualización de listas que se efectúe, incluiranse, entre outras, as categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

Finalizado o prazo indicado na cláusula quinta da citada resolución e de conformidade co disposto no seu punto noveno, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no primeiro proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía.

Segundo. A lista provisional de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base novena da Resolución do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro) pola que se regulan as bases do procedemento de actualización periódica de listas, contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes admitidas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos