Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de convocatoria para a provisión de diversas prazas de persoal laboral fixo correspondentes á oferta de emprego público de 2010 e incluídas no proceso de consolidación de emprego temporal.

As bases xerais que regulan a convocatoria de diversos procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes de persoal laboral fixo do Concello das Pontes de García Rodríguez que máis adiante se indican foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) nº 58, do 25 de marzo de 2011, con corrección de erros no BOP nº 66, do 6 de abril.

As bases específicas das diversas prazas agora convocadas publicáronse no BOP nº 244, do 24 de decembro de 2013.

As prazas que se convocan –correspondentes á oferta de emprego público de 2010 e incluídas no proceso de consolidación de emprego temporal– son as seguintes:

Persoal laboral fixo (quenda libre):

– Unha (1) praza de condutor. Titulación requirida: graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

– Unha (1) praza de oficial administrativo/a do pavillón polideportivo municipal. Titulación requirida: bacharel superior.

– Unha (1) praza de auxiliar de biblioteca, oficina de información xuvenil (OIX) e arquivo. Titulación requirida: graduado escolar, formación de 1º grao ou equivalente.

– Unha (1) praza de traballador/a social. Titulación requirida: asistente social ou equivalente.

A presentación de solicitudes para participar nestas convocatorias farase no Rexistro Xeral do Concello das Pontes de García Rodríguez –ou en calquera dos lugares a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común– durante o prazo de vinte días naturais, que comezarán a contarse a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio destas convocatorias no Boletín Oficial del Estado.

As Pontes de García Rodríguez, 2 de xaneiro de 2014

Valentín González Formoso
Alcalde