Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2014 Páx. 6205

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2014 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza desta universidade.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2013 (DOG do 9 de decembro) para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución do 16 de xaneiro de 2012, resolve facer pública a adxudicación do referido posto do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

1

Secretario/a do presidente do Consello

Consello Social

Carrera Sampedro, Celsa

4445110935A7495

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución, de acordo co previsto na lei reguladora da dita xurisdición.

A Coruña, 4 de febreiro de 2014

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña