Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6759

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de febreiro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

Unha vez convocados os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, mediante as ordes da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases das convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala superior de estatísticos/as

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Manuel Mateo Díaz, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos.

Secretaría:

– Mónica Martínez Otero, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Marcos Rodríguez Rey, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos.

– Carlos Pío del Oro Sáez, profesor titular de Economía Cuantitativa da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela

– Pilar Uriz Tomé, catedrática de Estatística da Escola Universitaria de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Rosa Elvira Fernández González, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos.

Secretaría:

– Patricia Brión Cabanelas, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Eva Alberte Aparicio, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos.

– Francisco Javier Barriuso Noya, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos.

– José Ramón Cancelo de la Torre, catedrático de Economía Aplicada da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.