Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6755

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de febreiro de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1,
escala de inspección urbanística

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Alberto Castrillo Escobar, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría:

– Cristina Blanco Aragón, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– José Agustín Barca Cotelo, persoal funcionario da escala técnica superior de Administración especial da Administración local.

– Paula García Jara, técnica da Administración xeral. Concello do Porriño.

– Victoria Núñez López, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– José Luís Mato Rodríguez, secretario da Administración local, habilitado nacional (categoría superior).

Secretaría:

– Fernando Souto Iglesias, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Francisco Freire Corzo, arquitecto da Deputación da Coruña.

– José Carlos Castiñeiras Piñeiro, secretario do Concello de Pontevedra.

– Jesús Marcial Méndez Magán, persoal funcionario da escala técnica superior da Administración local.