Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6839

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO das bases e da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de oficial da Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 239, do 17 de decembro de 2013, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexer e a convocatoria para a provisión en propiedade da seguinte praza.

Convocatoria e bases reguladoras para a provisión, cobertura en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, promoción interna, seguido de curso selectivo de formación teórico-práctico, dunha praza de oficial da Policía Local vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2013. Aprobadas en Xunta de Goberno Local do 27 de novembro de 2013.

As instancias en que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 9 de xaneiro de 2014

Por resolución Decreto 989/2011
José Mª Sánchez Novo
Alcalde presidente