Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 2014 Páx. 8023

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de febreiro de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican.

O Estatuto de autonomía para Galicia establece que os poderes públicos de Galicia deberán garantir o uso normal e oficial do idioma galego e potenciar o seu emprego. Neste sentido, o artigo 1 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dispón que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia.

Pola súa parte, o artigo 59 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as escolas oficiais de idiomas teñen por obxecto capacitar o alumnado para o emprego adecuado dos idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, cunha organización en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Nesta mesma lei, no punto 4 do artigo 60, disponse que, de acordo co que establezan as administracións educativas, as escolas oficiais de idiomas poderán impartir cursos para a actualización dos coñecementos de idiomas e para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.

Por iso, no uso das funcións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2014, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican no anexo II.

Os cursos impartiranse entre marzo e maio de 2014, en horario de mañá ou de tarde.

Artigo 2. Beneficiarios dos cursos

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Artigo 3. Solicitudes e prazos

As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Artigo 4. Asignación das prazas

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

No caso de que un curso non acade o número mínimo de solicitantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar expresamente a súa realización. No caso de non realizarse o curso, a escola oficial de idiomas comunicarállelo ás persoas solicitantes.

Se un curso ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo. Unha vez finalizado o prazo de solicitude, cada escola fará un sorteo en acto público no cal se extraerá unha letra de prioridade para o primeiro apelido.

As escolas oficiais de idiomas ordenarán alfabeticamente as listaxes de aspirantes que cumpran os requisitos para cada curso polo primeiro apelido, o segundo apelido, o primeiro nome e, de ser o caso, o segundo nome. As prazas para cada curso que se realice nesa escola adxudicaranse seguindo a orde da listaxe de aspirantes, comezando pola primeira persoa cuxo primeiro apelido coincida coa letra obtida no sorteo. De non haber aspirantes co primeiro apelido da letra obtida no sorteo, pasarase á letra inmediatamente seguinte por orde alfabética.

As listas de seleccionados/as para participar nos cursos, así como as datas de comezo destes, faranse públicas nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso e na súa páxina web, dentro dos catro días seguintes ao remate do prazo sinalado nesta orde para a presentación das solicitudes.

Artigo 5. Características dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga): contidos, profesorado e avaliación

1. Os cursos axustaranse aos contidos sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

2. Corresponderalle ao profesorado dos departamentos didácticos de galego das escolas oficiais de idiomas programar e impartir os contidos sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), de acordo coas necesidades e o desenvolvemento do curso.

3. Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse no referente á normativa e ao uso correcto do idioma ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial nos temas previstos no artigo 10 da citada lei.

4. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga), cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Artigo 6. Cursos que se ofertan

1. A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) aparece no anexo II.

2. A oferta de cursos recollida nesta orde poderá ser ampliada en función da organización académica de cada escola, en cuxo caso as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file

ANEXO II
Relación de cursos Celga ofertados

EOI da Coruña

Pepín Rivero, 1

15011 A Coruña

Teléfono: 981 27 91 00

Fax: 981 27 91 16

Correo electrónico: eoi.corunha@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Marzo 2014

Maio 2014

11.00-14.00

Martes e xoves

Celga 3

Marzo 2014

Maio 2014

11.00-13.15

Martes e venres

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

9.00-12.00

Luns e mércores

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

17.00-20.00

Mércores e venres

EOI de Ferrol

Real, 29

15402 Ferrol

Teléfono: 981 32 40 25

Fax: 981 37 01 45

Correo electrónico: eoi.ferrol@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Marzo 2014

Maio 2014

9.30-11.30

Luns, xoves e venres

Celga 3

Marzo 2014

Maio 2014

16.00-19.00

Martes e mércores

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

11.30-13.30

Luns, xoves e venres

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

18.00-20.00

16.00-18.30

Martes

Venres

EOI de Santiago de Compostela

Avenida Ulpiano Villanueva,1-2

15705 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 55 47 10

Fax: 981 55 48 75

Correo electrónico: eoi.santiago@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Marzo 2014

Maio 2014

10.30-13.30

Martes e venres

Celga 3

Marzo 2014

Maio 2014

12.00-15.00

Martes e venres

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

12.00-15.00

Martes e xoves

EOI de Lugo

Rolda Músico Xosé Castiñeira, 1

27002 Lugo

Teléfono: 982 28 48 93

Fax: 982 28 48 94

Correo electrónico: eoi.lugo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

12.00-14.30

Martes e xoves

EOI de Ourense

Rúa Mestre Vide, s/n

32004 Ourense

Teléfono: 988 36 60 73

Fax: 988 36 61 84

Correo electrónico: eoi.ourense@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Marzo 2014

Maio 2014

19.00-22.00

19.30-22.00

Martes

Mércores

Celga 3

Marzo 2014

Maio 2014

16.30-19.00

Mércores e venres

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

9.00-12.00

Martes e xoves

EOI de Pontevedra

Celso Emilio Ferreiro, s/n

36005 Pontevedra

Teléfono: 986 83 30 18

Fax: 988 87 39 70

Correo electrónico: eoi.pontevedra@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Marzo 2014

Maio 2014

18.30-20.30

20.00-21.30

18.30-21.00

Martes

Mércores

Xoves

Celga 3

Marzo 2014

Maio 2014

10.00-12.15

Martes e venres

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

10.00-12.15

Martes e xoves

EOI de Vigo

Avenida Emilio Martínez Garrido, 17

36205 Vigo

Teléfono: 986 26 02 10

Fax: 986 26 25 99

Correo electrónico: eoi.vigo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 1

Marzo 2014

Maio 2014

10.30-13.00

Martes e xoves

Celga 2

Marzo 2014

Maio 2014

11.30-14.00

Luns e mércores

Celga 2

Marzo 2014

Maio 2014

17.30-20.00

Martes e xoves

Celga 3

Marzo 2014

Maio 2014

10.30-13.00

Martes e xoves

Celga 3

Marzo 2014

Maio 2014

17.30-20.00

Mércores e venres

Celga 4

Marzo 2014

Maio 2014

17.30-20.00

Martes e xoves