Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8707

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 febreiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, establece que en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben por que haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo para ese grupo, categoría, corpo e escala, coa excepción das/os interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade.

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2013 e o número de inscritos/as en cada lista, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo I.

Segundo. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se atopan abertas e nas que os interesados poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (anexo II).

Terceiro. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas pechadas e nas que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente (anexo III).

Cuarto. Contra esta resolución, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Publica

ANEXO I

Listas que se pechan

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2060

Corpo superior de administración da Xunta de Galicia

A1

2086

Escala superior de finanzas

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala inspección turística

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas

A2

2085

Escala técnica de estatística

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a

IV

031

Legoeiro/a

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención
e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais

ANEXO II

Listas abertas
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Dereito

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Procesos de Cultivo Acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Navegación Marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Pesca Marítima

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Inglés Marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Medicina Subacuática e Hiperbárica

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Máquinas e Instalacións Mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Procesos Sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade: Formación e Orientación Laboral

A2

2094-01

Escala de mestres de taller. Especialidade: Servizos Subacuáticos e Hiperbáricos

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade: Máquinas e Produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller. Especialidade: Servizos ao Buque

C1

207C

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C2

2054

Escala de axentes forestais

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª

ANEXO III

Listas pechadas

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

206K

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos

A1

206L

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Museos

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A1

2060

Corpo superior de administración da Xunta de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as agrónomos

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as de montes

A1

2068

Escala de biólogos/as

A1

2069

Escala de químicos/as

A1

2072

Escala de arqueólogos/as

A1

2080

Escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións

A1

2083

Escala superior de estatísticos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Museos

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais

A2

2076

Escala de topógrafos/as

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas

A2

2079

Escala de enxeñeiros/as técnicos de minas

A2

2085

Escala técnica de estatística

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia

C1

2081

Escala de delineantes

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia

2055

Agrupación profesional

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

004

Titulado/a superior

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a

I

014

Titulado/a superior sociólogo/a

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior)

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a

I

023

Documentalista

I

027

Coordinador/a de actividades externas

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM

I

030

Relacións públicas do IGAEM

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

006

Educador/a, profesor/a especial

II

007

Titulado/a grao medio

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

011

Fisioterapeuta

II

017

Asistente social

II

020

Terapeuta ocupacional

II

021

Monitor/a ocupacional

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio)

II

031

Restaurador/a

II

033

Profesor/a de danza clásica

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional

II

038

Perito-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

011

Encargado/a agrario/a

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

018

Marcador/a de metais preciosos

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

030

Programador/a

III

033

Encargado/a supervisor/a de telefónica

III

034

Especialista de oficios (debuxante)

III

036

Experto/a audiovisuais

III

037

Técnico/a de son

III

039

Rexedor/a de escena

III

040

Axudante/a de produción

III

045

Técnico/a de luces

III

049

Axente auxiliar de inspección de transportes

III

050

Técnico/a especialista de xardín de infancia

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Adinistración de xustiza

III

053

Técnico/a en restauración cinematográfica

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

066

Axudante taller, adxunto/a taller

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz

III

068

Oficial 1ª agrario, capataz agrario

III

078

Subgobernante/a

III

080

Capataz de establecemento

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras

III

090

Animador/a sociocultural

III

091

Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores)

III

097

Auxiliar de son

III

098

Auxiliar de luces

III

101

Proxeccionsita

III

102

Encadernador/a

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

009

Oficial 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

IV

022

Oficial/a 2ª en reprografía

IV

023

Mestre/a gaiteiro/a

IV

024

Xastre/a

IV

025

Cargador/a. Tremoieiro/a

IV

028

Auxiliar produción-dirección

IV

030

Auxiliar formación ocupacional

IV

031

Legoeiro/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelán/á, axudante traballos, encargado/a xardín

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención
e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixiante móbil de defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixiante fixo de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais