Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 4 de marzo de 2014 Páx. 9322

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de febreiro de 2014 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2013.

Advertido erro no DOG núm. 42, do 3 de marzo de 2014, cómpre facer a seguinte
corrección:

Onde di:

«Segundo. Diferir os prazos posesorios ata que rematen os actos de elección de destino definitivo dos/as funcionarios/as da Administración especial en destino provisional. A data de inicio dos prazos posesorios publicarase no Diario Oficial de Galicia».

Debe dicir:

«Segundo. Diferir os prazos posesorios ata que rematen os actos de elección de destino definitivo dos/as funcionarios/as da Administración xeral en destino provisional. A data de inicio dos prazos posesorios publicarase no Diario Oficial de Galicia».