Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9888

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 19 de febreiro de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto de Estudos do Territorio, anunciada pola Orde do 26 de novembro de 2013.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto de Estudos do Territorio, mediante a Orde do 26 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 238, do 13 de decembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; co artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do Decreto lexislativo 1/2008,

RESOLVO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto de Estudos do Territorio, anunciada pola Orde do 26 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 238, do 13 de decembro).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co disposto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro (Diario Oficial de Galicia núm. 220, do 18 de novembro). O cómputo do prazo da toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nome e apelidos: Fernández Ríos, Alfredo.

NRP: 3499201857 A2066.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior de administración especial da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros de montes.

Denominación do posto: director/a do Departamento Técnico de Estudos (Sub. Xeral).

Nivel: 30.

Código do posto: MA.O31.00.002.15770.001.

Complemento específico: 18.025,32 €.

Centro directivo: Instituto de Estudos do Territorio (IET).

Localidade: Santiago de Compostela.