Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10430

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 16 de xullo de 2013 pola que se convoca proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 29616, onde di: «26. A agricultura e gandaría ecolóxica. A produción integrada. O Regulamento (CE) 384/2007 sobre produción e etiquetaxe de produtos ecolóxicos: principios e normas da produción ecolóxica. Situación en Galicia», debe dicir: «26. A agricultura e gandaría ecolóxica. A produción integrada. O Regulamento (CE) 834/2007 sobre produción e etiquetaxe de produtos ecolóxicos: principios e normas da produción ecolóxica. Situación en Galicia».