Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se emprazan os interesados nos expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias número 12150220/2007 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12150220/2007, 12270226/2007, 12320048/2007 e 12360071/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007, axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo dun mes, contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución, no que poderán interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención núm. 12150220/2007.

Interesada: CMVMC San Cristóbal de Abanqueiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lgar. Chazo, 29, 15938 Boiro (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención núm. 12270226/2007.

Interesada: Ramona González Casal.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lgar. Penarrubia, 6, Baralla (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención núm. 12320048/2007.

Interesado: Enrique Araújo Domínguez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Sáenz Díez, 6, 1ºA, Ourense.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención núm. 12360071/2007.

Interesada: CMVMC de Forzáns.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lgar. Forzáns, s/n, 36853 Ponte Caldelas (Pontevedra).