Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10518

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre taller de chapa e pintura en San Cosme de Barreiros.

Autos Malucar, S.L. solicitou desta alcaldía, licenza municipal para taller de reparación de vehículos na rama de chapa e pintura que se situará no parque empresarial Barreiros, parcela 11, San Cosme de Barreiros. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Barreiros, 14 de febreiro de 2014

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde