Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11016

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

O Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade establece, como un dos elementos esenciais para a mellora da calidade na formación para o emprego, os criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúen as competencias clave e poder cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade. Este real decreto foi modificado mediante os reais decretos 1675/2010, do 10 de decembro, e 189/2013, do 15 de marzo, e posteriormente desenvolvido na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

Para adecuar a actual normativa autonómica a esta nova lexislación estatal, publícase unha nova Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde é un instrumento fundamental das políticas activas de emprego, que favorece a calidade e a integración da formación profesional para o emprego, facendo posible que as persoas que carecen das titulacións académicas requiridas poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, que lles permitirá progresar no mercado laboral.

A Dirección Xeral de Emprego e Formación, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións, convocará probas de avaliación polo menos unha vez ao ano, mediante a publicación dunha resolución onde se concretarán todos os aspectos do procedemento. O Instituto Galego das Cualificacións terá as funcións de coordinación, xestión e desenvolvemento das probas na nosa comunidade autónoma.

O Decreto 42/2013, do 22 de febreiro, pola que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, dispón no seu artigo 17 que será a Dirección Xeral de Emprego e Formación a que terá as funcións en materia de expedición de certificados de profesionalidade.

De conformidade co exposto, a través da presente disposición, procede agora convocar un novo proceso de probas de avaliación para o ano 2014.

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.

Artigo 2. Competencias clave que se convocan

1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

Comunicación en lingua galega.

Comunicación en lingua castelá.

Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

Competencia matemática.

Así mesmo, no anexo IV desta resolución especifícanse as competencias clave requiridas para acceder aos certificados de profesionalidade por familias profesionais.

Artigo 3. Requisitos de acceso á formación de certificados de profesionalidade

O artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece os requisitos para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional.

No anexo III desta resolución infórmase das posibles acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade.

Artigo 4. Exencións e validacións ás probas de avaliación

No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentos de presentarse a esta proba as persoas que cumpran algún dos requisitos establecidos no anexo V.

No anexo VI desta resolución, establécense as validacións por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo para as competencias clave de comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua estranxeira e competencia matemática.

Artigo 5. Presentación de solicitudes e prazo

1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando solicitude segundo o modelo que se establece no anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións debidamente cuberta.

2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2014.

3. O modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, e tamén na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es/

4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

5. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas achegadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 6. Documentación

As persoas aspirantes deberán acompañar á súa solicitude de inscrición:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, ou número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será precisa se a persoa solicitante dá o seu consentimento para que se consulten os datos relativos aos citados documentos; na solicitude hai un recadro onde hai que marcalo especificamente, de conformidade co previsto na Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, no que respecta á verificación de datos de identidade e residencia.

b) De ser o caso, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, as persoas aspirantes que soliciten algún tipo de adaptación (ampliación de tempo e medios para a realización da proba). En ambos os casos, non será necesario achegar o certificado do grao de discapacidade nin o informe da procedencia das adaptacións solicitadas, se foi recoñecido polo órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de ter recoñecida a discapacidade por outra comunidade autónoma, deberá achegar o certificado de grao de discapacidade e o informe da procedencia das adaptacións solicitadas pola dita comunidade, agás que solicitase o traslado do seu expediente a esta comunidade autónoma.

Na solicitude de inscrición hai que indicar a adaptación que se solicita nos recadros do bloque de persoas aspirantes con discapacidade.

Artigo 7. Relación provisional e definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas

1. A relación provisional das persoas inscritas nas probas que sexan admitidas e, se é o caso, as excluídas, con indicación das causas de exclusión, será publicada polo Instituto Galego das Cualificacións na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, segundo o establecido no calendario previsto que figura no anexo II desta resolución.

2. As persoas inscritas poderán formular contra esta relación provisional de admitidos e excluídos as oportunas reclamacións, que se dirixirán ao Instituto Galego das Cualificacións no prazo de catro días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista provisional de admitidos.

3. A relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas será publicada na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, segundo o establecido no calendario previsto que figura no anexo II desta resolución.

4. A publicación tanto das listas provisionais coma das definitivas de admitidos e excluídos ao proceso terán os efectos de comunicación ás persoas solicitantes e reclamantes, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

5. Contra a relación definitiva de persoas solicitantes admitidas e excluídas poderase interpor recurso de alzada, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 8. Realización das probas de avaliación en competencias clave

1. O lugar e datas das probas de avaliación en competencias clave serán expostos na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución.

2. O candidato realizará unha proba por cada unha das competencias clave convocadas en que se inscribise. A duración da proba en cada competencia clave é dunha hora. A realización de cada unha das probas de avaliación seguirá o horario que se indica no anexo II da presente resolución.

3. Para a realización das probas de avaliación nas distintas competencias claves poderanse ditar instrucións específicas na orde de chamada das persoas admitidas nelas; as ditas instrucións serán publicadas na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/ e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar como mínimo tres días antes da data da realización das probas. Todos os candidatos deberán presentarse unha hora antes do inicio das probas para seren chamados por orde alfabética.

4. Para a realización das probas as persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade, do número de identificación de estranxeiros ou do pasaporte. Tamén deberán levar bolígrafo de tinta de cor azul ou negra.

Nas probas de competencia matemática poderase acudir con calculadora.

5. As persoas participantes nas probas terán cuberto o risco de accidente derivado da asistencia a estas.

6. O exame das competencias clave en matemáticas estará redactado en galego e castelán; os exames de comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá, e de comunicación lingua inglesa estarán redactados na lingua obxecto da proba.

Artigo 9. Comisións de avaliación

1. A directora xeral de Emprego e Formación, por proposta da directora do Instituto Galego das Cualificacións, nomeará unha comisión de avaliación para as probas de competencia clave de nivel 2, e unha comisión de avaliación para as probas de competencia clave de nivel 3, que terán como sede o Instituto Galego das Cualificacións (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

2. Á vista do número de persoas inscritas nas probas poderanse ampliar o número de comisións de avaliación. Así mesmo, poderanse incorporar ás comisións de avaliación o número de vixilantes e correctores que se considere necesario.

3. No caso de nomear avaliadores/as auxiliares, estes formarán parte das comisións de avaliación para a realización das probas.

Artigo 10. Resultados da avaliación das probas

1. Os resultados da avaliación das probas estarán accesibles para as persoas que as realizaron nas listaxes provisionais que se poderán consultar na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar segundo o calendario previsto que figura no anexo II desta resolución. Estes resultados provisionais terán efectos de comunicación para todas as persoas participantes.

2. O resultado de apto suporá a superación da proba na correspondente competencia clave e o dereito do interesado a que se lle expida un documento acreditativo que certificará o resultado obtido segundo establece o artigo 9 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

Artigo 11. Reclamación contra as cualificacións

1. Contra a cualificación obtida poderá presentarse reclamación por escrito dirixida ao presidente ou presidenta da comisión, no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das cualificacións, no Rexistro da Consellería de Traballo e Benestar, no Rexistro Xeral da Xunta de San Caetano (ambos en Santiago de Compostela), así como por calquera das formas establecidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. A publicación das listas definitivas de cualificacións terán efectos de comunicación ás persoas reclamantes, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

3. Contra a cualificación definitiva poderase interpor recurso de alzada, de conformidade co disposto no artigo 10 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

Artigo 12. Consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade

1. O Decreto 42/2013, do 22 de febreiro, pola que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, dispón no seu artigo 17 que será a Dirección Xeral de Emprego e Formación a que terá as funcións en materia de expedición de certificados de profesionalidade.

2. O Instituto Galego das Cualificacións adscrito á Dirección Xeral de Emprego e Formación segundo o artigo 20 do Decreto 42/2013, do 22 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, será a unidade encargada da expedición e rexistro dos certificados de profesionalidade.

3. Para estes efectos, para aqueles casos en que se superaron todos os módulos correspondentes a un certificado de profesionalidade, publicado a partir do 19 de xaneiro de 2008, e non puideron obter o diploma oficial do certificado de profesionalidade por non posuír a competencia en comunicación en lingua galega, poderán solicitar a acreditación oficial do correspondente certificado de profesionalidade, sempre que cumpran con algún dos requisitos de exencións referidos no anexo V desta resolución.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a directora do Instituto Galego das Cualificacións para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO II
Calendario do procedemento

Datas

Prazo de presentación solicitudes

Desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 10 de abril

Publicación da lista provisional de admitidos

7 de maio

Presentación de alegacións

Ata o 12 de maio

Publicación da lista definitiva de admitidos

21 de maio

Realización das probas:

Competencias clave de nivel 2

Competencias clave de nivel 3

Os dous niveis o 24 de maio

Publicación dos resultados provisionais das probas

6 de xuño

Presentación de reclamacións

Ata o 10 de xuño

Publicación dos resultados definitivos das probas

20 de xuño

Lugar e horarios das probas:

– Na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar publicarase o lugar de realización das probas.

– Todos os candidatos deberán presentarse unha hora antes do inicio de todas as probas para seren chamados por orde alfabética.

– A distribución para a entrada dependerá do numero de competencias clave en que fosen admitidos.

– As listaxes de acceso estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar e nos paneis informativos situados para tal efecto no lugar onde se realicen as probas.

– Todas as probas se iniciarán ao mesmo tempo nun único chamamento.

Competencia clave

Día 24 de maio de 2014

Horarios

Matemáticas

Sesión de mañá

Nivel 2

Inicio de todas as probas ás 10.00 h

Lingua castelá

Lingua galega

Lingua estranxeira (inglés)

Matemáticas

Sesión de tarde

Nivel 3

Inicio de todas as probas ás 16.30 h

Lingua castelá

Lingua galega

Lingua estranxeira (inglés)

ANEXO III
Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade

A Orde do 7 de xaneiro de 2014 establece no seu artigo 2, os requisitos que as persoas aspirantes deberán cumprir para acceder á formación dos certificados. Neste anexo especifícanse os posibles casos que se poidan dar.

Nivel 2

Para acceder a formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2, considérase que posúen a formación básica necesaria as persoas que acrediten posuír as seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

a) Calquera certificado de profesionalidade de nivel 2 (establecidos ao abeiro do Real decreto 34/2008 e posteriores normas que o desenvolvan e modifican).

b) Calquera certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional que a acción formativa a que acceda (establecido ao abeiro do Real decreto 34/2008 e posteriores normas que desenvolven e modifican).

c) Título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria (LOE).

d) Superar os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

e) Superar un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio en centros públicos ou privados autorizados pola Administración educativa.

f) Ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

g) Título de graduado ou graduada en educación secundaria (LOXSE).

h) Título de técnico auxiliar (FP1).

i) Título de técnico (ciclo formativo de grao medio).

j) Certificado de ter cursado 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes entre os cursos de 1º e 2º de BUP.

k) Certificado de ter cursado 2º curso do primeiro ciclo experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

l) Título de técnico deportivo.

m) Título de técnico de artes plásticas e deseño.

n) Oficialía industrial.

o) Título de técnico militar.

p) Certificado de ter cursado tres cursos comúns do plan de 1963 ou 2º curso de comúns experimental, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.

q) Certificado de ter cursado dous cursos comúns do plan experimental do ano 1984 (artes aplicadas e oficios artísticos).

r) Ter superada a proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos e para maiores de 45 anos.

s) Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo VI desta resolución.

t) Outros estudos declarados equivalentes con algún dos anteriores.

u) Calquera titulación, certificación ou acreditación que de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 3 de cualificación.

No caso da competencia clave de comunicación en lingua estranxeira para poder acceder á formación dun certificado de profesionalidade que recolla no seu programa formativo un módulo de lingua estranxeira, deberase acreditar cun certificado oficial que se corresponda como mínimo cun nivel de usuario básico A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) da lingua estranxeira en cuestión, as súas equivalencias oficiais ou algunha das validacións referidas no cadro do anexo VI para o nivel II.

Nivel 3

Para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 3, considérase que posúen a formación básica necesaria as persoas que acrediten posuír as seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:

a) Calquera certificado de profesionalidade de nivel 3 (establecido ao abeiro do Real decreto 34/2008 e posteriores normas que o desenvolvan e modifican).

b) Calquera certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional (establecido ao abeiro do Real decreto 34/2008 e posteriores normas que o desenvolven e modifican).

c) Título de bacharelato LOE.

d) Título de bacharelato LOXSE.

e) Título de COU.

f) Título de PREU.

g) Segundo curso do bacharelato experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

h) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior. Posuír o título de técnico de grao medio e ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao superior en centros públicos ou privados autorizados pola Administración educativa.

i) Ter un título de grao medio da mesma familia profesional que o certificado de profesionalidade a que se quere acceder.

j) Ter superada a proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

k) Título de técnico superior (ciclo formativo de grao superior).

l) Título de técnico especialista (FPG).

m) Título de perito mercantil.

n) Título de bacharelato laboral superior do plan do ano 1963.

o) Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño (segundo a especialidade cursada).

p) Título de técnico deportivo superior (segundo a modalidade).

q) Título de mestre ou mestra industrial.

r) Título de graduado ou graduada en Cerámica e Artes Plásticas.

s) Ter superada a proba de acceso á universidade.

t) Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo VI desta resolución.

u) Outros estudos declarados equivalentes con algún dos anteriores ou estudos superiores a estes.

No caso da competencia clave de comunicación en lingua estranxeira para poder acceder á formación dun certificado de profesionalidade que recolla no seu programa formativo un módulo de lingua estranxeira, deberase acreditar cun certificado oficial que se corresponda como mínimo cun nivel de usuario intermedio B1 do MCERL da lingua estranxeira en cuestión, as súas equivalencias oficiais ou algunha das validacións referidas no cadro do anexo VI para o nivel III.

ANEXO IV
Competencias clave necesarias para acceder á formación dos certificados
de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional, nas distintas familias profesionais

Os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais teñen ata 3 niveis de cualificación profesional, para acceder á formación dos certificados dos niveis 2 e 3, haberá que acreditar ter as competencias clave segundo o seu nivel de cualificación correspondente.

1. As competencias clave necesarias para ter acceso a todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, son as seguintes:

• Competencia matemática de nivel 2 ou de nivel 3

• Comunicación en lingua galega de nivel 2 ou de nivel 3

• Comunicación en lingua castelá de nivel 2 ou de nivel 3

2. As 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade son as seguintes:

• Actividades Físicas e Deportivas.

• Administración e Xestión.

• Agraria.

• Artes e Artesanía.

• Artes Gráficas.

• Comercio e Mercadotecnia.

• Edificación e Obra Civil.

• Electricidade e Electrónica.

• Enerxía e Auga.

• Fabricación Mecánica.

• Hostalaría e Turismo.

• Industrias Extractivas.

• Informática e Comunicacións.

• Instalación e Mantemento.

• Imaxe Persoal.

• Imaxe e Son.

• Industrias Alimentarias.

• Madeira, Moble e Cortiza.

• Marítimo-Pesqueira.

• Química.

• Sanidade.

• Seguridade e Ambiente.

• Servizos Socioculturais e á Comunidade.

• Téxtil, Confección e Pel.

• Transporte e Mantemento de Vehículos.

• Vidro e Cerámica.

3. Ademais, requirirase a competencia de comunicación en lingua estranxeira para ter acceso aos certificados de profesionalidade que teñen recollido un módulo de idioma estranxeiro no seu programa, xa sexa de nivel 2 ou 3 de cualificación, da lingua estranxeira que corresponda.

ANEXO V
Exencións ás probas de avaliación das competencias clave en comunicación
en lingua galega, nivel 2 e 3 de cualificación profesional

Nivel 2

Estarán exentos de presentarse ás probas de avaliación na competencia clave de comunicación en lingua galega de nivel 2 de cualificación profesional as persoas aspirantes que presenten algún destes requisitos:

a) Cumprir polo menos cunha das condicións especificadas nalgunha das alíneas a), b), c), d) e e) do punto 3 do artigo 2 da Orde do 7 xaneiro de 2014.

b) Acreditar títulos, certificados ou estudos superiores aos referidos no punto anterior.

c) Estar en posesión do certificado Celga 2.

d) Ter o título de graduado escolar, sempre que se estudase toda a EXB en Galicia e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos ou ben que se superase a materia de lingua galega nas probas libres tendentes a esta titulación.

e) Certificado de nivel medio de lingua e cultura galega para persoas estranxeiras, ata a entrada en vigor da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regula os certificados oficiais de lingua galega.

f) Certificado do nivel medio dos estudos de galego da UNED ata a entrada en vigor da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regula os certificados oficiais de lingua galega.

g) Certificado de cursar e aprobar as materias de galego e/ou literatura galega nos centros educativos de fóra da nosa comunidade autónoma acollidos a programas ou convenios para a promoción do galego fóra de Galicia, subscritos entre a nosa comunidade e o pais ou comunidade autónoma correspondente, no nivel de ESO ou estudos recoñecidos como equivalentes e nas condicións establecidas para o caso.

h) Certificación de ter superado o nivel intermedio (B1) do MCERL das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte o establecido no Decreto 191/2007.

i) Superar estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo VI desta resolución, no relativo á competencia clave de comunicación en lingua galega para o nivel II.

j) Calquera certificación oficial que acredite ter adquiridos os coñecementos na competencia clave de comunicación en lingua galega de nivel 3 de cualificación.

k) Superar con avaliación positiva unha acción formativa de competencia clave en lingua galega de nivel 2 dentro das especialidades formativas aprobadas pola Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Nivel 3

Estarán exentos de presentarse ás probas de avaliación na competencia clave de comunicación en lingua galega de nivel 3 de cualificación profesional as persoas aspirantes que presenten algún destes requisitos:

a) Cumprir polo menos unha das condicións especificadas nalgunha das alíneas a), b), c), d) e e) do punto 4 do artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014.

b) Acreditar títulos, certificados ou estudos superiores aos referidos no punto anterior.

c) Estar en posesión do certificado Celga 3.

d) Título de graduado ou graduada en educación secundaria obrigatoria (ESO) ou técnico auxiliar (FP1), cursado en Galicia con lingua galega de modo oficial todos os cursos. Tamén se o título de ESO se obtivo despois de estudar un ano fóra de Galicia, sempre que non sexa o derradeiro, ou se o título de ESO ou de FP1 se obtiveron tras superar o ámbito de comunicación que inclúa lingua galega ou a materia de lingua galega, respectivamente, nas probas libres correspondentes.

e) A equivalencia co título de graduado en ESO por ter estudos parciais do bacharelato unificado polivalente, sempre que se cursase e superase a materia de lingua galega de 7º e 8º de EXB a partir do curso 1979/80 e que ningunha das materias que se teñan pendentes nos dous primeiros cursos do bacharelato sexa de lingua galega.

f) Certificado do ciclo elemental de galego expedido pola Escola Oficial de Idiomas ao abeiro do Real decreto 47/1992, do 24 de xaneiro.

g) Certificado de cursar e aprobar as materias de galego e/ou literatura galega nos centros educativos de fóra da nosa comunidade autónoma acollidos a programas ou convenios para a promoción do galego fóra de Galicia, subscritos entre a nosa comunidade e o pais ou comunidade autónoma correspondente, no nivel de bacharelato ou estudos recoñecidos como equivalentes e nas condicións establecidas para o caso.

h) Certificación oficial do nivel avanzado (B2) das ensinanzas de galego da Escola Oficial de Idiomas expedida consonte o Decreto 239/2008, do 25 de setembro.

i) Estar en posesión do certificado de aptitude dos cursos de iniciación de lingua galega (segundo a Orde do 1 de abril de 2005).

j) Superar estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo VI desta resolución, no relativo á competencia clave de comunicación en lingua galega para nivel III.

k) Superar con avaliación positiva unha acción formativa de competencia clave en lingua galega de nivel 3 dentro das especialidades formativas aprobadas pola Dirección Xeral de Emprego e Formación.

l) Outras acreditacións declaradas equivalentes ou superiores con algunha das anteriores.

ANEXO VI
Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade de nivel II por ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo

Competencia clave

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas (Orde do 24 de xuño de 2008)1

Módulos IV das ensinanzas de secundaria para persoas adultas (Orde do 26 de maio de 1997)1

Probas libres para a obtención do graduado en secundaria (Orde do 19 de febreiro de 2009)2

Materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria1

Materias de 2º de BUP (Lei 14/1970, do 4 de agosto)1

Probas de acceso a ciclos de grao medio (Orde do 2 de decembro de 2008)3

Comunicación en lingua galega

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua galega e literatura

Lingua galega e literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en lingua castelá

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Lingua castelá e literatura

Lingua española e literatura

Exención ou superación da parte sociolingüística

Comunicación en lingua estranxeira

Ámbito de comunicación

Ámbito de comunicación

Probas do ámbito da comunicación

Primeira ou segunda lingua estranxeira

Lingua estranxeira

---------------------------

Competencia matemática

Ámbito científico-tecnolóxico

Ámbito tecnolóxico- matemático

Probas do ámbito científico-tecnolóxico

Matemáticas

Matemáticas

Exención ou superación da parte matemática

1 Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

2 Acreditarase a través do certificado de superación das probas libres para a obtención do graduado en secundaria.

3 Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao medio.

Validacións das competencias clave necesarias para a obtención dos certificados de profesionalidade de nivel III por ter superados estudos de bacharelato e probas do sistema educativo

Competencia clave

Materias de 2º curso de bacharelato1

Materias de COU1

Probas de acceso a ciclos de grao superior2

(Orde do 2 de decembro de 2008)

Competencia en lingua galega

Lingua galega e literatura II

Lingua galega ou literatura galega

Superación ou exención de parte común

Competencia en lingua castelá

Lingua castelá e literatura II

Lingua española

Superación ou exención de parte común

Comunicación en lingua estranxeira

Lingua estranxeira II

Lingua estranxeira

Superación ou exención de parte específica (opción A)

Competencia matemática

Matemática II ou matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II

Matemática I ou matemáticas II

Superación ou exención de parte común

1 Acreditarase a través de certificación académica expedida por un centro público.

2 Acreditarase a través do certificado de realización das probas de acceso a grao superior.

Nota: estas táboas poderían ter modificacións ou novas validacións ditadas pola Consellería de Cultura, Educacións e Ordenación Universitaria, de ser o caso.

missing image file
missing image file