Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12101

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de marzo de 2014 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011.

En virtude da Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

Pola Orde do 22 de febreiro de 2013 (DOG núm. 41, do 27 de febreiro) foron nomeados/as funcionarios/as do dito corpo e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, e no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 22 de febreiro de 2013 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 1 (grande) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 25 de marzo de 2014, ás 10.00 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión das especialidades do título de técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais que constan como requisito imprescindible no anexo desta orde deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. A dita certificación será expedida pola Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) logo da presentación dos diplomas ou títulos que xustifiquen a formación.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/as funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/as aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedaron sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse do disposto no punto anterior os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular regulada no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

Formación

Observacións

1

PX3010000015770005

PX

Posto base subgrupo A2

A2

16

Secretaría Xeral da Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Santiago de Compostela

2

PRC020000515770075

PR

Posto base subgrupo A2 prevención riscos laborais

A2

16

S. X. de Coordinación de Servizos Transversais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade seguridade do traballo (mérito); especialidade hixiene industrial (mérito); especialidade ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.)

3

PRC991000015001195

PR

Posto base subgrupo A2 prevención riscos laborais

A2

16

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais nas súas tres especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.)

4

PRC991000036001106

PR

Posto base subgrupo A2 prevención riscos laborais

A2

16

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais nas súas tres especialidades: seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.)

5

EDC991000015001215

ED

Posto base subgrupo A2

A2

16

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

6

TRC991000015001539

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Xefatura Territorial da Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

7

TRC992090115190008

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Carballo

Servizos periféricos

Carballo

8

TRC992090115230002

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Cee

Servizos periféricos

Cee

9

TRC992090127160003

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Chantada

Servizos periféricos

Chantada

10

TRC992090127300004

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Monforte de Lemos

Servizos periféricos

Monforte de Lemos

11

TRC992090132850001

TR

Director/a O.E.

A2/C1/C2

20

Oficina de emprego de Viana do Bolo

Servizos periféricos

Viana do Bolo

12

TRC992090136060004

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Cambados

Servizos periféricos

Cambados

13

TRC992090136170004

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego da Estrada

Servizos periféricos

A Estrada

14

TRC992090136240007

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Lalín

Servizos periféricos

Lalín

15

TRC992090136420008

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Ponteareas

Servizos periféricos

Ponteareas

16

TRC992090136540004

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Tui

Servizos periféricos

Tui

17

TRC992090136590007

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

18

TRC992090215001008

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego A Coruña-Centro

Servizos periféricos

A Coruña

19

TRC992090215350005

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Ferrol-Esteiro

Servizos periféricos

Ferrol

20

TRC992090315001008

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Tornos (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

21

TRC992090315001009

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Tornos (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

22

TRC992090436560006

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de emprego de Coia (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

23

TRC992090636560010

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de apoio ao empregador

Servizos periféricos

Vigo

Xornada
mañá/tarde

24

TRC992090636560011

TR

Posto base subgrupo A2

A2

16

Oficina de apoio ao empregador

Servizos periféricos

Vigo

Xornada
mañá/tarde

25

MRC992011232620013

MR

Xefatura negociado (A Pobra de Trives)

A2/C1/C2

18

Oficina da Pobra de Trives

Servizos periféricos

A Pobra de Trives