Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12515

VI. Anuncios

b) Administración local

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da contratación do servizo de cafetaría e restaurante ou cafetaría da estación de autobuses de Santiago de Compostela (expediente marzo/2014).

Obxecto do contrato: servizo de explotación e xestión do servizo de cafetaría e restaurante ou cafetaría da estación de autobuses de Santiago de Compostela, situada na avenida Rodríguez de Viguri.

Canon de licitación:

• Canon mínimo de alugamento da cafetaría: 1.000 €/mes + o IVE correspondente (canon obrigatorio).

• Canon variable: 2 % dos ingresos correntes a partir do quinto ano (este incluído) + o IVE correspondente (canon obrigatorio).

• Canon instalación máquinas de vending: 50 €/mes por máquina + o IVE correspondente (canon opcional).

Procedemento de adxudicación: licitación pública por procedemento aberto.

Duración do contrato: dez anos.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de trinta (30) días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no DOG.

Documentación e información: nas oficinas de TUSSA. Teléfono: 981 56 82 10, fax: 981 57 43 24. Na web da sociedade: www.tussa.org.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: a sinalada na cláusula 17.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación do contratista: non se exixe.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de plicas: a data e o lugar de apertura do sobre número 2, que terá lugar en acto público, anunciarase cunha antelación mínima de tres días naturais ao da súa realización, no perfil do contratante: www.tussa.org.

Gastos de anuncios: o gasto derivado da publicación desta licitación no DOG será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano
de Santiago, S.A. (TUSSA)