Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12402

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se convoca a Xornada sobre financiamento europeo para proxectos de fomento da actividade física e do deporte.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2014 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Galicia Europa, a Xornada sobre financiamento europeo para proxectos de fomento da actividade física e do deporte. Esta actividade desenvolverase conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos:

Informar o sector deportivo sobre as diferentes posibilidades de financiamento de proxectos europeos no ámbito da actividade física e do deporte.

2. Contidos:

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– Proxectos europeos: tramitación e financiamento.

– Posibilidades de financiamento de proxectos europeos no ámbito da actividade física e o deporte.

– Erasmus +: contexto do programa, accións financiables, exemplos de proxectos financiados.

3. Destinatarios:

Concellos galegos, federacións deportivas galegas, clubs deportivos, xestores deportivos, directores e profesores de centros educativos galegos con proxectos de fomento de actividade física e deportiva e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento:

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Data e horario: martes, 1 de abril de 2014, das 16.00 ás 20.00 horas.

Duración: 4 horas lectivas.

5. Número de prazas:

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes:

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/

As persoas solicitantes poderán obter máis información en horario das 8.30 ás 14.30 horas, chamando aos seguintes números: 981 54 62 41/981 54 62 39.

7. Prazo:

O prazo de inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día 24 marzo ata as 0.00 horas do día 30 de marzo de 2014.

8. Modificacións:

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia:

Ao final da xornada entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización desta xornada.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública