Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12587

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución do 31 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 150, do 7 de agosto) convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a Comisión de Valoración, na súa reunión do día 18 de febreiro de 2014, acordou elevar á Consellería de Facenda a proposta definitiva de resolución do concurso.

Debido a que existen postos adxudicados que están ocupados provisionalmente por funcionarios/as que superaron os últimos procesos selectivos convocados, para asegurar a continuidade na prestación de servizos, aprázanse as tomas de posesión nos destinos obtidos no concurso ata a data en que aqueles funcionarios elixan destino definitivo e poidan tomar posesión del.

Polo exposto, esta dirección xeral, ao abeiro do disposto na Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia número 136, do 18 de xullo), modificada pola Orde da Consellería de Facenda do 26 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 27 de agosto), e de conformidade co previsto na base VIII.5 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlles aos/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo os postos de traballo que nel se especifican.

Segundo. Diferir os prazos posesorios ata que rematen os actos de elección de destino definitivo dos/as funcionarios/as do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, en destino provisional. A data de inicio dos prazos posesorios publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que con anterioridade á finalización dos prazos posesorios se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, caso en que poderá optar por un dos dous.

Os/as adxudicatarios/as están obrigados/as a comunicar por escrito a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución pola que se abren os prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios. En consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Alfaya

Portela

Silvia

78733825H

A1

47

FC.A29.10.000.36560.175

Xefatura de unidade

FC

Vigo

26

15.850

Álvarez

Pérez

Benito

44469206V

A2

31

FC.A29.10.000.32001.120

Xefatura de equipo

FC

Ourense

25

18.800

Barros

Naveira

Pilar

32419098T

A1

70

FC.C03.00.005.15770.009

Xefatura sección

FC

Santiago de Compostela

25

22.400

Bueno

Rey

Sandra

36124969L

A1

48

FC.A29.10.000.36560.176

Xefatura de unidade

FC

Vigo

26

20.300

Carbajo

Romero

Antonio

35247614E

A1

88

FC.C03.00.030.36001.012

Xefatura sección III

FC

Pontevedra

25

15.400

Collazo

Lago

Olga María

36110997P

A2

52

FC.A29.10.000.36560.186

Xefatura de equipo

FC

Vigo

25

17.750

Cotarelo

Casal

Joaquín Enrique

46897806R

A1

15

FC.A29.10.000.15001.210

Xefatura de equipo

FC

A Coruña

25

17.500

Diéguez

Díaz

Marina

33861991B

A2

24

FC.A29.10.000.27001.115

Subxefatura unidade de inspección

FC

Lugo

24

19.050

Fernández

Núñez

José Manuel

34246609T

A1

71

FC.C03.00.005.15770.011

Xefatura sección

FC

Santiago de Compostela

25

21.500

Freijido

Lens

Ramón

32798689E

A2

42

FC.A29.10.000.36001.093

Xefatura de equipo

FC

Pontevedra

25

18.600

García

Luces

Beatriz

76861165H

A2

39

FC.A29.10.000.36001.089

Xefatura de equipo

FC

Pontevedra

25

16.850

González

Soto

Rita María

36106391W

A2

50

FC.A29.10.000.36560.182

Xefatura de equipo

FC

Vigo

25

19.500

Lado

Eiriz

Ana María

35444828B

A1

56

FC.C03.00.030.15001.011

Xefatura sección II

FC

A Coruña

25

20.550

Laredo

Cordonie

María Julia

32791761V

A2

12

FC.A29.10.000.15001.003

Xefatura de equipo

FC

A Coruña

25

18.050

Núñez

Vázquez

Cristina

78785729B

A2

13

FC.A29.10.000.15001.111

Xefatura de equipo

FC

A Coruña

25

19.950

Osorio

Ferreiro

Francisco José

34910608N

A2

49

FC.A29.10.000.36560.008

Xefatura de equipo

FC

Vigo

25

20.700

Pazos

Rodríguez

Celestino

52498586M

A2

41

FC.A29.10.000.36001.092

Xefatura de equipo

FC

Pontevedra

25

19.050

Penas

López

María Belén

34899063J

A2

14

FC.A29.10.000.15001.117

Xefatura de equipo

FC

A Coruña

25

18.600

Quintero

López

Silvia

36117266K

A2

51

FC.A29.10.000.36560.185

Xefatura de equipo

FC

Vigo

25

16.400

Rodríguez

Díaz

Juan José

35312327J

A2

44

FC.A29.10.000.36001.131

Subxefatura unidade de inspección

FC

Pontevedra

24

15.950

Rodríguez

Sánchez

Carlos Enrique

32810968L

A1

10

FC.A29.10.000.15001.002

Adxunto/a delegado/a

FC

A Coruña

26

19.850

Rubio

Cordón

Alfonso

36007833E

A1

46

FC.A29.10.000.36560.002

Adxunto/a delegado/a

FC

Vigo

26

21.800

Seijas

Sánchez

Ana María

32785666V

A1

11

FC.A29.10.000.15001.106

Xefatura de unidade

FC

A Coruña

26

21.200

Sicre

Romero

María Ángeles

32669995J

A1

8

FC.A02.00.004.15770.010

Xefatura de equipo

FC

Santiago de Compostela

25

16.200