Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13077

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2014 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse as actividades de formación para o persoal da Administración local de Galicia que se detallan nos anexos desta resolución,

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Toda persoa solicitante que no inicio do curso se encontre en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula>
desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

– O número de fax 981 54 63 39.

4. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo o que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2014, segundo a Resolución do 29 de xaneiro (DOG nº 27, do 10 de febreiro), comezarase pola letra «B».

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es>
a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

– O número de fax 981 54 63 39.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

– Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais.

– Deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade.

d) As persoas que incumpran o previsto na alínea c):

– Perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

– Pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

Para poder aprobar a actividade formativa o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Oitava. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, que emitirá un informe en que se declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen ter superado o curso.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

• Curso: A función de control e inspección urbanística nos pequenos municipios.

Código: LO14002.

Tipo: específico.

Área formativa: específicas do sector competencial.

1. Obxectivos.

Estudo da normativa referente ao urbanismo e as competencias dos concellos de Galicia, en especial os de menos de 5.000 habitantes. Repartición de competencias na materia entre o Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia e as diferentes leis emanadas, con especial atención á autonómica e ao seu desenvolvemento normativo.

O obxectivo esencial deste estudo centrarase sobre a aprendizaxe das funcións de control e inspección urbanística e a formación do persoal encargado desta materia.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de urbanismo das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 15 de outubro ao 19 de novembro de 2014, todos os mércores.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

(I) O urbanismo en Galicia. Repartición competencial entre o Estado e as comunidades autónomas. Normativa xeral aplicable na Comunidade de Galicia. Un breve repaso pola normativa sectorial en materia de urbanismo aplicable na Comunidade de Galicia.

(II) Réxime urbanístico do solo. Clases e categorías de solo. Dereitos e obrigas.

(III) O planeamento urbanístico. Clases de implantación. Elaboración e aprobación. Execución da implantación.

(IV) Intervención na edificación e uso do solo. Licenzas, novidades introducidas pola Directiva de servizos. Deber de conservación. A declaración de ruína. O fomento da conservación e rehabilitación das edificacións tradicionais.

(V) A disciplina urbanística. A inspección urbanística. A protección da legalidade urbanística. As infraccións e sancións urbanísticas. Os delitos urbanísticos.

(VI) Urbanismo e protección do ambiente. Urbanismo e protección do patrimonio.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as administracións públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: A Lei de montes: competencias dos concellos.

Código: LO14003.

Tipo: específico.

Área formativa: específicas do sector competencial.

1. Obxectivos.

Estudo da normativa sectorial referente aos montes de Galicia e a súa relación normativa xeral reguladora das competencias dos concellos.

O obxectivo esencial deste curso céntrase nas competencias das entidades locais referentes aos montes, destacando competencias e xestión e a especial protección destes.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico ao servizo das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 2 de xuño ao 7 de xullo de 2014, todos os luns.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

(I) Os montes. Distribución de competencias recollida na Constitución e no Estatuto de autonomía de Galicia. Desenvolvemento lexislativo: a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes; a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Outra normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia.

(II) Os montes. Competencias do Estado. Competencia asumidas pola Xunta de Galicia. A planificación e xestión forestal. Os recursos forestais. O sistema rexistral galego. Réxime sancionador en materia de montes.

(III) Os montes. Clases e réxime xurídico. Especial atención ás competencias das entidades locais de Galicia.

(IV) Os montes veciñais en man común. Regulación e especialidades. A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de Galicia.

(V) Os montes. Regulación urbanística. Normativa e especialidades. Especial atención á participación das entidades locais.

(VI) Os montes. Especialidades en materia de expropiación de montes. A prevención e defensa contras os incendios; a Lei 3/2007, do 9 de abril.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,45 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: A liberalización do sector eléctrico.

Código: LO14004.

Tipo: específico.

Área formativa: específicas do sector competencial.

1. Obxectivos.

Estudo da normativa do sector eléctrico no referido ás entidades locais, especialmente no eido da contratación de servizos de abastecemento eléctrico e no eido das novas tecnoloxías para o aforro enerxético.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 5 de xuño ao 10 de xullo de 2014, todos os xoves.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

(I) O sector eléctrico. Distribución competencial do réxime enerxético no Estado das autonomías. Constitución e Estatuto de autonomía. Lexislación básica e lexislación de desenvolvemento autonómica. Un breve exame da nova Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

(II) O sector eléctrico. A obriga dos concellos da prestación do servizo de iluminación pública. Natureza, contido e financiamento. O servizo de iluminación pública no concellos de menos de 20.000 habitantes a raíz da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local.

(III) O sector eléctrico. Contratación polas entidades locais dos servizos eléctricos. Normativa e especialidades. Supostos prácticos.

(IV) O sector eléctrico. Concellos e produción eléctrica. Aspectos urbanísticos. Especial atención aos casos de parques eólicos e centrais eléctricas. Instalación e licenzas. Supostos prácticos.

(V) O sector eléctrico. Concellos e produción eléctrica. Os ingresos das entidades locais e o sector eléctrico.

(VI) O sector eléctrico.Eficiencia e aforro enerxético nas administración públicas.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,45 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: A reforma do mercado laboral. Os expedientes de regulación de emprego na Administración local.

Código: LO14005.

Tipo: xeral.

Área formativa: recursos humanos.

1. Obxectivos.

Exame da normativa dos RRHH na Administración e as novidades introducidas pola última normas, en especial a posibilidade dos ERE na Administración pública, especificamente na Administración local.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia, persoal técnico dos servizos de recursos humanos e persoal das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 30 de abril ao 4 de xuño de 2014, todos os mércores.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

I. Introdución: análise do marco legal de excepcionalidade do período 2010-2013 no ámbito do sector público local. Contextualización na conxuntura económica e financeira da UE. Balance dos impactos xerados desde a óptica das actividades de planificación e xestión de recursos humanos. Perspectivas: a Estratexia Europa 2020 (4 h).

II. O emprego público (I). Análise do modelo de emprego público no sistema constitucional español. A configuración do emprego público nas entidades locais: marco legal de aplicación e problemática práctica. Vínculos xurídicos, reserva legal de potestades e atribución de funcións. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional: perspectivas (4 h 30 min).

III. O emprego público (II). O persoal laboral ao servizo das administracións públicas: análise da figura e problemática práctica. O persoal laboral nas entidades locais. A negociación colectiva: aspectos de interese (4 h).

IV. O emprego público (III). O persoal laboral fixo e temporal: marco legal de referencia. O persoal laboral indefinido: normativa de aplicación, problemática práctica e perspectivas de futuro. Os expedientes de regulación de emprego no ámbito do sector público: análise da Lei 3/2012, do 6 de xullo, e do Real decreto 1483/2012, do 29 de outubro. A subrogación do persoal: problemática (4 h 30 min).

V. O réxime retributivo do persoal ao servizo das entidades locais: evolución, consecuencias e situación actual. Actualizacións normativas: a Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local. Impactos. A Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014. Outras referencias normativas de relevancia (4 h).

VI. Experiencias prácticas derivadas da reforma do emprego público nas entidades locais de Galicia: análise de supostos prácticos e debate. A lexislación de función pública de Galicia no contexto das entidades locais: o conflito competencial e a determinación da lei aplicable. Conclusións e perspectivas (4 h).

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,45 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010) e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: Aplicación práctica da Directiva de servizos na Administración local.

Código: LO14006.

Tipo: xeral.

Área formativa: dirección e xerencia pública.

1. Obxectivos.

Ofrecer aos destinatarios un coñecemento amplo e transversal do proceso de transposición da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior e a situación actual do dito proceso, desde a óptica das obrigas das entidades locais, como ámbito directamente afectado. Abordaranse non só as cuestións de carácter conceptual, senón de orde práctica desde distintas perspectivas, tanto xurídica, como técnica como económica, con especial incidencia nas últimas novidades normativas tanto estatais como autonómicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia, funcionarios do grupo A1 e A2 e persoal laboral dos grupos I e II das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 29 de abril ao 3 de xuño de 2014, todos os martes.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

1. A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior: obxectivos e principios. Un cambio de modelo na intervención administrativa no exercicio de actividades de servizos. Obrigas de transposición das entidades locais.

2. Normativa estatal de transposición: Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, e Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio. Especial referencia á Lei 12/2012, do 26 de decembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.

3. Normativa autonómica de transposición. Especial referencia á Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. A autorización comercial autonómica.

4. Declaración responsable e comunicación previa: cuestións prácticas na súa aplicación. A redución de cargas e a simplificación administrativa como leitmotiv da reforma. As ordenanzas municipais de intervención administrativa.

5. Impacto da Directiva de servizos no ámbito urbanístico. Control e inspección de actividades non suxeitas a control previo: o papel dos colexios profesionais e as entidades de certificación de conformidade municipal.

6. Incidencia da Directiva de servizos na fiscalidade local. A reformulación do feito impoñible no imposto sobre construcións, instalacións e obras e a taxa pola realización de actividades administrativas de control. Cuestións relativas á recadación.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: Fiscalización e xestión da contratación menor e negociada de pequenos concellos.

Código: LO14007.

Tipo: específico.

Área formativa: economía e finanzas.

1. Obxectivos.

Estudo do contrato menor e o contrato negociado e o labor de fiscalización que teñen que facer os órganos de control dos concellos.

O obxectivo fundamental deste curso céntrase na análise destes tipos de contratos e a función que teñen que facer os órganos que teñen encargada a súa fiscalización.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de intervención e tesouraría das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 1 de setembro ao 6 de outubro de 2014, todos os luns.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

(I) O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Ámbito de aplicación e tipos de contratos. Os elementos xerais dos contratos.

(II) O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. O réxime de invalidez dos contratos. O recurso especial de revisión e os medios alternativos de resolución de conflitos. Especial atención a estes supostos nas entidades locais.

(III) A preparación e adxudicación dos contratos. Especial atención ao contrato menor e o contrato negociado.

(IV) A execución, modificación e extinción dos contratos. Especial atención ao contrato menor e o contrato negociado.

(V) A fiscalización nas entidades locais.Tipos. A fiscalización interna. Os reparos. A fiscalización interna nas fases da contratación. Especial atención ao contrato menor e o contrato negociado.

(VI) A fiscalización externa. As obrigas de remisión de información. O papel do Tribunal de Contas e do Consello de Contas de Galicia. O control por parte dos tribunais de xustiza.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010) e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Obrigas de subministración de información.

Código: LO14008.

Tipo: específico.

Área formativa: economía e finanzas.

1. Obxectivos.

Estudo da nova Lei orgánica de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira e o seu desenvolvemento normativo, con especial atención ás obrigas de subministración de información que para as entidades locais se impoñen.

O obxectivo fundamental do curso é o coñecemento das diferentes obrigas de información impostas ás entidades locais pola normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira e o modo de elaborar e remitir esta información.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e técnicos de Administración local cuxo labor teña relación cos servizos de tesouraría ou intervención das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 30 de abril ao 4 de xuño de 2014, todos os mércores.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

I) O artigo 135 da Constitución. A súa modificación e as consecuencias desta.

A Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. A súa importancia dentro do ordenamento xurídico. Preceptos aplicables anteriores á súa aprobación e normativa de desenvolvemento.

Obxecto e ámbito de aplicación da Lei orgánica 2/2012. Especial atención ás entidades e organismos da Administración local.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: Os orzamentos das entidades locais. Informes de viabilidade e regra de gasto.

Código: LO14009.

Tipo: xeral.

Área formativa: economía e finanzas.

1. Obxectivos.

Estudo da normativa orzamentaria das entidades locais, con especial atención aos informes de viabilidade e ao cálculo da regra de gasto.

O obxectivo fundamental do curso é a aprendizaxe da elaboración dos orzamentos das entidades locais, con especial atención aos informes de viabilidade no momento suposto que marca a nova normativa e ao calculo da regra de gasto.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de intervención e tesouraría das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 11 de novembro ao 16 de decembro de 2014, todos os martes.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

(I) O orzamento das entidades locais. Concepto. Elaboración e aprobación. Especial atención aos informes que teñen que emitirse. As bases de execución orzamentaria.

(II) O informe de viabilidade. A regra de gasto.

(III) As modificacións orzamentarias. Clases, réxime xurídico e informes necesarios. Especial atención a como afectan o informe de viabilidade e a regra de gasto.

(IV) Execución orzamentaria de ingresos e gastos. Fases e contabilización.

(V) A liquidación orzamentaria. Obrigas de remisión de información. Consecuencias da inestabilidade orzamentaria.

(VI) A conta anual das entidades locais.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, o este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: Plan de axuste e plan económico-financeiro na Administración local.

Código: LO14010.

Tipo: específico.

Área formativa: economía e finanzas.

1. Obxectivos.

Estudo da normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, con especial atención ao que é un plan de axuste e un plan económico-financeiro.

O principal obxectivo do curso é diferenciar os supostos en que se debe facer un plan de axuste e un plan económico-financeiro, e as normas para a elaboración destes.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de intervención e tesouraría das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 2 de setembro ao 7 de outubro de 2014, todos os martes.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

(I) O gasto publico nas administracións públicas. O orzamento das entidades locais. A liquidación orzamentaria e a conta anual.

(II) A estabilidade orzamentaria e a sustentabilidade financeira. O artigo 135 CE e a Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. A estabilidade orzamentaria. A sustentabilidade financeira. A regra de gasto.

(III) As medidas do capítulo IV da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

(IV) As medidas correctivas. O plan económico-financeiro. Causas, elaboración e consecuencias. Supostos prácticos.

(V) O plan de axuste. Causas, elaboración e consecuencias. Diferenzas co plan económico financeiro. Supostos prácticos.

(VI) A xestión orzamentaria das entidades locais desde o punto de vista da estabilidade orzamentaria.

5. Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994 (BOE nº 267, do 8 de novembro) e corrección no BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,55 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro (DOG nº 52, do 16 de marzo de 2010), e corrección no DOG nº 77, do 22 de abril, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

• Curso: Tesouraría e xestión de ingresos públicos locais.

Código: LO14011.

Tipo: xeral.

Área formativa: economía e finanzas.

1. Obxectivos.

Estudo da normativa de tesouraría das entidades locais e, en especial, dos ingresos públicos locais.

O obxectivo deste curso é o estudo dos diferentes ingresos públicos locais e como se deben xestionar polos responsables do labor de tesouraría das entidades locais.

2. Destinatarios.

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de intervención e tesouraría das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

Edicións: 1.

Duración: 25 horas.

Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP, rúa Londres, nº 2-4.

Datas: do 16 de outubro ao 20 de novembro de 2014, todos os xoves.

Horario: das 16.00 ás 20.00 (catro días) e das 16.00 ás 20.30 horas (dous días).

Prazas: 50.

4. Contido.

(I) A Tesouraría. O tesoureiro, regulación e funcións. A contratación coas entidades bancarias. Os avais. Os medios de pagamento e ingreso e as novas tecnoloxías. O plan de disposición de fondos.

(II) Os recursos das entidades locais. As taxas, os prezos públicos e as contribucións especiais. Especial atención á contabilización.

(III) Os impostos municipais de tipo obrigatorio. Especial atención á contabilización.

(IV) Os impostos municipais de tipo voluntario. Especial atención á contabilización.

(V) A participación nos tributos do Estado. O Fondo de Cooperación Local de Galicia. Outros recursos das entidades locais.

(VI) O proceso recadatorio. Voluntaria. Executiva. Os embargos. A cesión da recadación ás deputacións.