Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de proceso selectivo para a provisión interina dunha praza de coordinador/a asesor/a xurídico/a do Centro de Información á Muller.

Por Resolución do 25 de marzo de 2014 aprobáronse as bases de selección para a provisión interina dunha praza de coordinador/a asesor/a xurídico/a do CIM.

As bases que rexerán esta convocatoria estarán á disposición dos/as interesado/as no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

A presentación das solicitudes farase no Rexistro de documentos do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de edictos deste concello.

Monforte de Lemos, 25 de marzo de 2014

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde