Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16666

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO por procedemento aberto para a adxudicación do servizo de funcionamento, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Arzúa, bombeos (Lema e O Río Vello) e fosa séptica de Boente.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de funcionamento, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Arzúa, bombeos de Lema e O Río Vello e fosa séptica de Boente.

b) Nomenclatura CPv-2008: 90481000-2.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento máximo de licitación:

145.204,86 euros+14.520,48 (10 % IVE)=159.725,34 euros.

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante www.concellodearzua.com

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa, 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00, 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

8. Criterios de valoración: os sinalados na cláusula 12ª do prego.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Domentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11ª nº 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A Mesa de Contratación, ás 10.00 horas do terceiro (3º) día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do concello e no perfil do contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11.Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 4 de abril de 2014

José Luis García López
Alcalde