Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (913/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 913/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Romero Agrasar contra a empresa Ventilaciones Carlos Pérez, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza cuxa resolución se achega:

«Resolución.

1º. Que, estimando a demanda formulada a instancia de José Romero Agrasar, asistido do letrado Sr. Castro Freire, contra a entidade Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., que non comparece malia estar debidamente citada, e contra o Fogasa, que comparece asistido polo letrado Sr. Alejandro Crespí, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 27 de agosto de 2013, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral na data de sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa).

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 13.275,55 euros.

3º. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial