Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica o acordo recaído no procedemento disciplinario incoado a Gonzalo González Martínez.

O 10 de marzo de 2014 o director xeral de Xustiza adoptou o acordo de incoación de expediente disciplinario a Gonzalo González Martínez, funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín. Por estar en paradoiro descoñecido, e en aplicación do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa notificación por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia. A dita resolución literalmente di:

«(...) ACORDO:

1. Incoar expediente disciplinario ao funcionario ao servizo da Administración de xustiza Gonzalo González Martínez, pola posible comisión da falta moi grave tipificada no artigo 7, letra c), do Regulamento xeral do réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza (o abandono do servizo). Remitirlle copia da documentación que figura no expediente a instrutora designada pola Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, María Pilar Sandez González, secretaria xudicial destinada no Xulgado de Instrución número 2 de Vigo.

2. Designar como secretaria no presente expediente disciplinario a Ana Isabel Pino García, funcionaria do corpo de xestión procesual e administrativa destinada no Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, e notificarlle a súa designación.

3. Notificarlle a Gonzalo González Martínez o acordo de incoación de expediente disciplinario, informándoo do dereito de recusación previsto no artigo 27 do Regulamento xeral do réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza, que poderá exercer en calquera momento do procedemento mediante escrito motivado dirixido á Dirección Xeral de Xustiza, así como de que pode actuar asistido dun letrado ou dos representantes sindicais que determine.

A notificación deste acordo servirá de consulta ao funcionario acerca de se se opón ou non á comunicación da incoación do expediente disciplinario aos órganos de representación dos funcionarios prevista no artigo 5 do RRD, entendéndose que non existe oposición no suposto de que no prazo dos tres días seguintes á notificación non remita a este centro directivo comunicación expresa en sentido contrario a través do fax número 981 54 62 22.

Contra este acordo non cabe interpoñer ningún recurso, inda que os interesados, consonte o previsto no artigo 107.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán realizar alegacións para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que poña fin a este procedemento».

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza