Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18562

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación do cemiterio parroquial de Loureda (expediente 03/13 AIA).

O Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou neste concello licenza municipal de apertura para actividade dedicada a ampliación do cemiterio parroquial de Loureda, situado no Igrexario de Loureda, Arteixo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última pubicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as alegacións e reclamacións que xulguen oportunas. O correspondente expediente pode consultarse nas oficinas deste concello.

Arteixo, 20 de marzo de 2014

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo