Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19495

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 26 de marzo de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 12786, na base décimo quinta, 15.1.b), segundo parágrafo, onde di: «Igualmente, o persoal aspirante… segundo o mesmo modelo do anexo VII.», debe dicir: «Igualmente, o persoal aspirante… segundo o mesmo modelo do anexo VI».

Na páxina 12798, ao remate da disposición complementaria novena, debe engadirse: «Os aspirantes non poderán ter máis de 10 puntos pola valoración dos seus méritos».

Na páxina 12806, no anexo VII, código especialidade 005, especialidade de Xeografía e Historia, titulación concordante, onde di: «Licenciatura en Ciencias da Música», debe dicir: «Licenciatura en Historia e Ciencias da Música».