Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19715

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

De conformidade co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará os días 12 e 13 de xuño de 2014, na cidade de Santiago de Compostela.

Segundo. A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO
Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará os días 12 e 13 de xuño de 2014, ás 10.00 h,
na cidade de Santiago de Compostela

1. Constitución da comisión.

2. Balance das actuacións da Secretaría Xeral da Emigración no ano 2014.

3. Informe en relación coas actuacións derivadas da entrada en vigor do Decreto polo que se regula o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento.

4. Presentación do anteproxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas.

5. Plan integral de emigración 2014-2016:

Presentación do plan.

Informe sobre accións en materia de xuventude e muller.

Constitución de observatorios.

6. Rogos e preguntas.