Dentro das actividades programadas para o ano 2014, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso básico de auxiliares de policía local, conforme as seguintes bases:
1. Datos da actividade.
Denominación: básico de auxiliares de policía local.
Tipo: curso.
Horas lectivas: 35.
Modalidade: presencial.
Obxectivos:
Dotar os auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función como auxiliares temporais dos corpos de policía local.
Contido:
– Intervención policial.
– Tráfico e seguridade viaria.
– Policía administrativa.
– Primeiros auxilios.
– Aplicacións policiais básicas do dereito penal e procesual-penal.
– Relacións co cidadán.
2. Desenvolvemento da convocatoria.
Destinatarios/as:
Persoal seleccionado e proposto polos concellos que puidera prestar servizo como auxiliar de policía local de forma temporal, de acordo co previsto nos artigos 47 a 48 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais. Para estes efectos, como se recolle no artigo 48.2 do citado decreto, non terán a obriga de facer o dito curso as persoas que o tivesen superado nos últimos 4 anos, é dicir, a partir do ano 2009.
Prazas ofertadas:
Sen límite.
3. Solicitudes de participación.
Prazo de inscrición e presentación:
O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 22 de maio de 2013.
Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito asinado polo/a alcalde/esa á Academia Galega de Seguridade Pública (avda. da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 20 61 22), en que figure a lista de persoas seleccionadas segundo o artigo 47 do Decreto 243/2008, para efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.
Listaxe de solicitudes seleccionadas:
O día 23 de maio de 2014 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es, as solicitudes de participación recibidas que cumprisen os requisitos anteriores.
4. Desenvolvemento da actividade.
Presentación: as persoas admitidas a este curso deberán presentarse ás 9.30 horas do día 26 de maio de 2014.
Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
Horario lectivo: do 26 ao 29 de maio, das 9.30 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas e o 30 de maio das 9.00 ás 14.00 horas.
Datas: do 26 ao 30 de maio de 2014.
Certificado de superación do curso:
Ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen as probas que se determinen, se é o caso.
5. Modificacións e incidencias.
A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 22 de abril de 2014
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública