Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20399

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2014/15.

O artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, dispón que para acceder aos estudos superiores de música será preciso estar en posesión do título de bacharel ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como superar unha proba específica regulada polas administracións educativas en que o aspirante demostre os coñecementos e habilidades profesionais necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

O artigo 18 da Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 8 de outubro), pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en música na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao, dispón que será competencia da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a convocatoria, organización, desenvolvemento e avaliación das probas de acceso as ensinanzas de grao en música na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación.

En consecuencia, procede ditar instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de música para o curso 2014/15. Xa que logo, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2014/15, que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeiro. Acceso

a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010 para o acceso ás ensinanzas de grao en música, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

b) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato, poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido, debendo acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza.

c) A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40 % da cualificación final da proba de acceso. Para tales efectos, e en termos de cómputo, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional.

d) No relativo ao cálculo da nota media do alumnado das ensinanzas profesionais de música, será tido en conta o establecido polo Real decreto 1953/2009, do 18 de decembro, polo que se modifican o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, o Real decreto 85/2007, do 26 de xaneiro, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro.

e) De conformidade co artigo 5.6 do Real decreto 631/2010, a superación desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas.

Segundo. Órganos competentes para resolver os procesos de admisión

a) Comisión de acceso. Para os efectos de dar cumprimento ao establecido nesta resolución, formarase unha comisión de acceso que supervisará o proceso de admisión do alumnado e o cumprimento das normas que o regulan, e proporá, cando for o caso, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a adopción das medidas que consideren adecuadas. Os membros desta comisión son os que se recollen no anexo desta resolución.

b) Tribunais. Para o desenvolvemento e a avaliación das probas de acceso específicas, a comisión estará asistida por tribunais específicos para cada unha das distintas especialidades, tal e como se recolle no anexo. As direccións dos conservatorios garantirán a actuación destes tribunais e, se é o caso, das suplencias que se poidan producir.

Terceiro. Inscrición para realizar as probas

a) A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 6 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Para a formalización das solicitudes de admisión, os conservatorios superiores facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

• Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezanove anos ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude, quedando condicionada á superación dela.

• Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificacións das ensinanzas profesionais, se é o caso.

c) O día 10 de xuño os conservatorios superiores de música exporán a lista provisoria de admitidos ás probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclamación os días 11 e 12 de xuño.

d) Os conservatorios onde se realice a inscrición deberán enviar á comisión, a través do correo electrónico asesoria.musica@edu.xunta.es, o día 12 de xuño, a relación de persoas inscritas para realizar as probas de acceso en cada especialidade e itinerario, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, e centros a que opte, ordenados segundo a súa preferencia.

e) A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada centro o día 13 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

Cuarto. Desenvolvemento das probas

a) As probas específicas de acceso comezarán o día 25 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.

b) Os conservatorios organizarán a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.

c) Proba específica.

– Especialidade: composición. A proba consistirá en:

• Realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

• Presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.

• Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

– Especialidade: interpretación (agás itinerario de jazz). A proba consistirá en:

• Interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

• Análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal.

• Lectura á vista.

– Especialidade: interpretación, itinerario de jazz. A proba consistirá en:

• Interpretación dun programa ata trinta minutos, integrado por obras do repertorio jazzístico. Será requisito indispensable que o aspirante improvise en cada unha delas.

• Análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.

• Lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

– Especialidade: musicoloxía. Itinerario: etnomusicoloxía. A proba consistirá en:

• Análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.

• Realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.

• Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

– Especialidade: pedagoxía. Itinerario de linguaxe musical. A proba consistirá en:

• Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

• Proba vocal individual.

• Composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.

d) Será competencia de cada tribunal a organización das convocatorias das distintas partes que compoñen a proba e deberanas comunicar aos interesados no momento da presentación.

Quinto. Admisión do alumnado

a) Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas en cada especialidade, ordenadas por puntuación en orde decrecente.

b) Os conservatorios superiores comunicarán o día 2 de xullo á comisión a relación de aspirantes que superaron as probas de acceso, ordenados por puntuación e en orde decrecente, segundo as distintas especialidades.

c) A comisión, á vista das listaxes dos aspirantes que superaron a proba de acceso, determinará, en función do número de vacantes, os aspirantes que obtiveron praza nos respectivos conservatorios, e elevará a proposta á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

d) A listaxe de persoas admitidas en cada centro será comunicada aos respectivos conservatorios o día 7 de xullo, e exposta no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

e) No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer un proceso extraordinario de acceso na primeira quincena de setembro.

Sexto. Reclamacións e recursos

a) Os acordos e decisións dos tribunais sobre as probas de acceso poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Este órgano deberá resolver as reclamacións no prazo de dous días hábiles.

b) Contra as resolucións das reclamacións emitidas polo tribunal, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Sétimo. Matrícula

a) O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

b) Para a formalización das solicitudes de matrícula os conservatorios facilitarán ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase unha única instancia na secretaría do conservatorio, que se xuntará á documentación xa presentada. A falta de formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xustificadas, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2014/15.

c) A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnos e alumnas admitidos. Non se cuantifica para estes efectos o alumnado repetidor.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

• Comisión de acceso ás ensinanzas de grao en música para o curso 2014/15.

Presidenta: Mª Teresa Bárbara Criado.

Secretario: Rodolfo García Alonso.

Vogais:

Miguel Francisco Moreno Pérez.

Andrés Vales González.

Lilian de Arredondo Cuéllar.

• Tribunais CMUS Superior da Coruña.

Composición:

Presidente: Julián Rodríguez Rodríguez.

Vogais: Mario Seoane Blanco, Fernando Buíde del Real.

Suplente: Manuel A. Varela Sanjurjo.

Interpretación. Itinerario Acordeón:

Presidente: Fernando Fraga Traba.

Vogais: Ricardo Blanco Rodríguez, Rosa Mª García Barcia.

Suplente: Elisa Timiraos Ferreiro.

Interpretación. Itinerario Arpa:

Presidente: Pablo Ruibal Armesto.

Vogais: Mª José Carralero Conde, Irantzu Agirre Arrizubieta.

Suplente: Ramón Carnota Méndez.

Interpretación. Itinerario Canto:

Presidente: Antón de Santiago Montero.

Vogais: Daniel Zacarés Costa, Laura Mª Díaz Pérez.

Suplente: Giselle Grau Garcells.

Interpretación. Itinerarios Frauta Travesa, Óboe e Fagot:

Presidente: Miguel Gil Peris.

Vogais: Jesús Coello Rodríguez, Ismael Vaquero Baquero.

Suplente: César Concheiro Guerrico.

Interpretación. Itinerarios Clarinete e Saxofón:

Presidente: José María Belló García.

Vogais: Narciso Pillo Guerreiro, María de la O Gil Lago.

Suplente: Pablo Coello Rodríguez.

Interpretación. Itinerarios Trombón, Trompa, Trompeta e Tuba:

Presidente: Ignacio Fernández Rodríguez.

Vogais: Iago Ríos Martínez, Benjamín Iglesias Martínez, Abraham Cupeiro López, Arturo Centelles Fabado.

Suplentes: Andrés Vales González, Estaban Noel Pérez Quintas.

Interpretación. Itinerarios Contrabaixo, Viola, Violín e Violonchelo:

Presidenta: Clara Groba Otero.

Vogais: Sergio Sieiro Rey, Nerea Casanova Gilsanz, Carolina Landriscini Marín, Ana I. Ávalos Irañeta.

Suplentes: Rogelio Groba Otero, Beatriz Rodríguez Caridad.

Interpretación. Itinerario Guitarra:

Presidente: Eulogio García Fernández-Albalat.

Vogais: Ramón Carnota Méndez, Rodolfo García Alonso.

Suplente: Ángel Rodríguez Lozano.

Interpretación. Itinerario Percusión:

Presidente: Marcos Corbacho Paz.

Vogais: José Manuel Casas García, Pedro Fernández Roque.

Suplente: Sergio Añón Lijó.

Interpretacción. Itinerario Piano:

Presidente: José Manuel Yáñez Carballeira.

Vogais: Pablo Diago Busto, Alicia González Permuy.

Suplente: Daniel Zacarés Costa.

Interpretación. Itinerario Jazz:

Presidente: Joaquín L. García Souto.

Vogais: Traugott G. Graser, Roberto Somoza Fachado.

Suplente: Íñigo Azurmendo Muñoa.

Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía xeral e da linguaxe musical:

Presidenta: T. Matilde Rubio Mur.

Vogais: Pilar Cancio González, Leticia Presa Freire.

Suplente: Reneé Álvarez Gómez.

• Tribunais CMUS Superior de Vigo.

Interpretación. Itinerario Canto:

Presidenta: Beatriz Riobó Agulla.

Vogais: Patricia Blanco Piñeiro, Teresa Novoa Freitas.

Suplente: Carlos Enrique Pérez Gómez.

Composición:

Presidente: Carlos Cambeiro.

Vogais: Pablo Beltrán Sobrado, Juan Manuel Eiras Tojo.

Suplente: Diego David Cuevas Sánchez.

Interpretación. Itinerarios Contrabaixo, Viola, Violín e Violonchelo.

Presidente: Mario Peris Salom.

Vogais: Leonardo Blanco Nóvoa, Álvaro Quintanilla Marful, Manuel Martínez Álvarez-Nava, Juan Carlos Villar del Saz Pardo.

Suplentes: Laura Quintillán Núñez, Marta Vélez Pérez.

Interpretación. Itinerario Guitarra:

Presidenta: Margarita García Escarpa.

Vogais: José Luis Fernández Rodríguez, Begoña González Larriba.

Suplente: David Regueiro Fernández.

Etnomusicoloxía:

Presidente: Julio Alonso Monteagudo.

Vogais: Luis Costa Vázquez, Javier Luis Jurado Luque, Judith Alonso Comesaña.

Suplente: Sabela Olivares Rivas.

Instrumentos da música tradicional:

Presidenta: Rebeca Carrera Argibay.

Vogais: Sabela Olivares Rivas, Jacobo Gaspar Grandall.

Suplente: Miguel Francisco Moreno Pérez.

Pedagoxía. Itinerario Pedagoxía da linguaxe musical:

Presidenta: Josefina Alborés Núñez.

Vogais: Nieves Salguero Núñez, Lilian de Arredondo Cuéllar.

Suplente: Isabel Gil LLorens.

Interpretación. Itinerario Percusión:

Presidente: Vicent Grau i Díez.

Vogais: Carlos Castro Roig, José Antonio Cantal Mariño.

Suplente: Enrique Goberna Fernández.

Interpretación. Itinerario Piano:

Presidenta: Patricia Rejas Suárez.

Vogais: Nicasio Gradaille Peña, José Manuel Fernández Glez.

Suplente: Pablo Galdo Vigo.

Interpretación. Itinerarios Frauta Travesa, Óboe e Fagot:

Presidente: Ricardo Pazo García.

Vogais: Fernando Raña Barreiro, Óscar Araújo Comesaña, Manuel Morales Fernández, Francisco Pérez Rodríguez.

Suplentes: Cristina García Lomba, Pablo Rodríguez Fernández.

Interpretación. Itinerarios Clarinete e Saxofón:

Presidente: Asterio Leiva Piñeiro.

Vogais: Roberto Carlos Noche García, Rafael Salvador Yebra Rivera.

Suplentes: Julio Álvarez Pereiro.

Interpretación. Itinerarios Trombón, Trompa, Trompeta e Tuba.

Presidente: Enrique Lorenzo Vila.

Vogais: Adolfo Caride Rodríguez, Javier Viceiro Filgueira, Jesús Vicente Monzó, Jonathan Vázquez Carrera.

Suplentes: José Pons Boill, Arabel Moráguez Garcell.