Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21241

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 7 de marzo de 2014, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, publicada no DOG nº 51, do 14 de marzo, establece as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión destas subvencións.

O artigo 2 da convocatoria desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 12/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro. Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 7 de marzo de 2014 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión en cincocentos corenta mil euros (540.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, de forma que o importe total será de un millón seiscentos setenta e cinco mil euros (1.675.000,00 €).

Segundo. A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

Mª del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios