Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Educativa, de exposición pública do proxecto do decreto polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a exposición pública o Decreto polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas ao proxecto deste decreto nos 15 días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, seguindo as instrucións que figuran no enderezo web:

www.edu.xunta.es/fp

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria