Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23440

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2014-2015.

De acordo co disposto no artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza.

O 8 de xaneiro de 2014 publicouse a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Esta lei establece no seu artigo 54 que, anualmente, unha resolución da persoa titular da dirección xeral competente en materia de caza determinará as épocas hábiles de caza e as medidas de control por danos, así como os réximes especiais por especies.

O Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, atribúelle a esta consellería a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos e concreta no seu artigo 14, que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza é o organismo que exercerá as competencias e funcións atribuídas en materia da ordenación, conservación, protección, fomento e aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos.

Con base no exposto, oído o Comité Galego de Caza na súa reunión ordinaria do 21 de marzo de 2014, no uso das funcións conferidas polo disposto no artigo 54 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

DISPOÑO:

Título I
Normas de carácter xeral

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2014-2015, que abarca o período comprendido entre o 1 de agosto de 2014 e o 31 de xullo do ano 2015.

Artigo 2. Período hábil para a caza

O período hábil xeral para exercer a caza na Comunidade Autónoma de Galicia será o comprendido entre os días 19 de outubro de 2014 e o 6 de xaneiro de 2015, ambos inclusive, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V desta resolución. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta resolución, así como nas limitacións sinaladas no título V desta resolución.

Nas zonas de caza permanente reflectidas nos plans de ordenación cinexética do correspondente tecor, autorízase a caza sementada de paspallás e perdiz, coas limitacións temporais establecidas no punto 1 do artigo 45 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Igualmente, poderase autorizar a caza sementada de coello de monte e faisán.

Artigo 3. Venda, transporte e comercio das pezas de caza

1. Soamente poderán ser obxecto de venda, transporte ou comercio as especies silvestres cazables que se relacionan no anexo II desta resolución e unicamente durante a tempada hábil de caza para cada especie. O tráfico ou comercio de especies de protección temporal nas provincias onde a súa captura estivese prohibida precisará dunha guía expedida polo organismo competente que xustifique a súa procedencia.

2. Os exemplares de especies cinexéticas, procedentes de explotacións industriais, así como os seus ovos cando se trate de aves, poderán comercializarse en calquera época do ano, logo da acreditación suficiente da súa orixe e do cumprimento dos requisitos fixados no artigo 2 do Real decreto 1118/1989, do 15 de setembro, e demais normativa de ámbito sanitario.

Artigo 4. Repoboacións cinexéticas

As soltas de espécimes de especies cinexéticas exixirán a autorización previa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza ao abeiro do establecido no artigo 53 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. Na solicitude de autorización deberán constar as especies, o número, a procedencia e o estado sanitario dos exemplares que se propón adquirir, así como a adecuación de tal propósito ás previsións do plan técnico de aproveitamento cinexético que afecta o terreo onde vaian ser liberados os espécimes.

A liberación de presas de escape para o adestramento das aves de cetraría non terá a consideración de repoboación cinexética.

Título II
Caza menor

Artigo 5. Días hábiles

Considéranse días hábiles de caza os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico.

Artigo 6. Limitacións de carácter xeral

1. Nas zonas libres en que, en virtude do establecido no artigo 9 punto 4 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a cota máxima por cazador/a e día será dunha perdiz rubia e dous coellos.

2. Nos terreos de réxime cinexético especial as cotas serán as que se establezan nos correspondentes plans de aproveitamento cinexético aprobados.

Artigo 7. Métodos e modalidades de caza

1. Na práctica da caza menor nos terreos de aproveitamento cinexético común non se poderá cazar en grupos maiores de seis persoas cazadoras, nin cazar coordinadamente máis dun grupo. Cada cazador/a poderá utilizar ata un máximo de catro cans. O número máximo de cans por grupo será de 16.

2. Mentres non haxa unha regulación específica da cetraría na Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán autorizar o exercicio desta modalidade de caza en terreos de aproveitamento cinexético común que teñan un plan de ordenación e nos de réxime especial que recolleran esta modalidade no seu plan de ordenación aprobado.

Artigo 8. Adestramento de cans e aves de cetraría

1. Nos terreos de réxime cinexético común, autorízase o adestramento de cans, sen petición previa, desde o 1 de setembro de 2014 ata o 6 de xaneiro de 2015, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

En terreos de réxime cinexético especial, autorízase o adestramento de cans, sen petición previa, desde o 1 de setembro de 2014 ata o 18 de outubro de 2014, os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e desde o 19 de outubro de 2014 ata o 6 de xaneiro de 2015, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

En todo caso, o adestramento realizarase sen armas nin calquera outro medio de caza, evitando que se produza a captura da peza e respectando a época de maior sensibilidade na cría das especies, segundo o establecido no artigo 44.4 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia. O número máximo de cans por cazador/a será de catro e de 16 por grupo constituído por un máximo de seis persoas cazadoras, sexa cal for o tipo de réxime do terreo cinexético en que se realice o adestramento, excepto nas zonas de adestramento permanente para cans que teñen a súa propia normativa.

2. Autorízase o adestramento de cans en terreos de réxime cinexético especial, nas zonas destinadas para ese fin, sen petición previa, ao longo de todo o ano, agás nos meses de maior sensibilidade para a cría das especies presentes na zona, cun mínimo de dous meses de suspensión, que serán propostos polo/a titular do espazo cinexético no plan anual de aproveitamentos escollidos no período que vai de abril a xullo, entendéndose, no seu defecto, que se corresponden cos meses de maio e xuño.

3. Autorízase o adestramento na modalidade de cans atrelados en terreos de réxime cinexético especial, en toda a superficie e ao longo de todo o ano, agás nas épocas sensibles de cría, e determínase esta época conforme o exposto no parágrafo anterior e coas seguintes condicións:

a) Ter o can atrelado e controlado en todo momento.

b) Non molestar en ningún caso as especies cinexéticas.

c) Non achegarse ao cocho da peza.

d) Un can por cazador/a.

e) Coa autorización do/da titular do tecor ou explotación cinexética.

Coas mesmas limitacións, as persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán autorizar o adestramento de cans atrelados nos terreos de aproveitamento cinexético común.

4. O adestramento de cans e aves de cetraría en terreos queimados por incendio están prohibidos durante un período que vai desde a data en que se produza o incendio ata o 31 de decembro posterior á data en que se cumpran tres anos deste, agás autorización expresa do órgano competente en materia cinexética, logo do informe favorable da consellería competente en materia forestal.

5. O adestramento de aves de cetraría en terreos de réxime cinexético común axustarase aos mesmos requirimentos e condicións que o adestramento de cans.

6. Os/as titulares de terreos de réxime cinexético especial extremarán as precaucións e adoptarán as medidas de seguridade precisas para evitar accidentes, ou calquera interferencia, durante a realización de batidas ou montarías no período que coincida co permitido para o adestramento de cans e non poderán realizar o adestramento na mesma mancha onde se realiza a batida ou a montaría.

7. Con fins de competición, logo do informe da Federación Galega de Caza, as persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán autorizar o adestramento de cans de rastro e mostra e das aves de cetraría con caza sementada en calquera época do ano nos lugares autorizados para estes fins.

8. En calquera actividade de adestramento de cans e aves de cetraría, será obrigatorio portar a licenza de caza e demais documentación precisa.

Artigo 9. Competicións de caza

A Federación Galega de Caza ou as sociedades de persoas cazadoras, logo da súa autorización, poderán realizar competicións de caza en terreos de réxime cinexético especial os xoves, sábados, domingos e festivos. Nas competicións poderán abaterse pezas de caza silvestres cando se realicen durante a tempada hábil de caza e, ao longo de todo o ano, se se realizan con caza sementada ou sen morte da caza.

Título III
Caza maior

Artigo 10. Días hábiles

Considéranse días hábiles de caza, con carácter xeral, os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, coas excepcións que se recollen nesta resolución.

Artigo 11. Métodos e modalidades de caza

1. A realización de montarías ou batidas, en terreos de réxime cinexético especial, requirirá a notificación previa ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, que deberá ser efectuada cunha antelación mínima de 10 días. Tamén poderá comunicarse mediante un calendario que abarque toda a tempada. Tanto a solicitude como a súa realización deberá axustarse ao disposto na Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, así como na regulamentación vixente.

2. Nos terreos de réxime cinexético común en que, en virtude do establecido no artigo 9.4º da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua superior ás 500 ha, a caza maior no período hábil xeral só se poderá exercer os sábados e nas modalidades de batida, montaría ou espera, cos requisitos que se dispoñen na Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e na regulamentación vixente e a autorización previa do Servizo de Conservación da Natureza correspondente.

3. A solicitude e a realización das batidas, montarías e esperas, así como as medidas precautorias, normas de seguridade e responsabilidade, estarán suxeitas aos requisitos que prevé a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, e a regulamentación vixente. Se por calquera circunstancia algunha das batidas, montarías ou esperas autorizadas non se puider efectuar no lugar e na data fixados, en ningún caso se poderá trasladar a súa realización a outra data ou lugar.

4. Nos terreos de réxime cinexético común, as solicitudes de batidas e montarías deben ir acompañadas da relación de cazadores/as que poderán participar nestas cazarías colectivas.

5. Nas batidas e montarías, a persoa responsable deberá levar no seu poder, en todo momento, a autorización correspondente. A relación completa de participantes, encabezada por el/ela, cos respectivos nomes e números do DNI/NIF, deberá estar confeccionada no momento da colocación das persoas cazadoras nos postos.

6. Nos terreos de réxime cinexético especial, cando se realice unha batida, montaría ou axexo sobre especies de caza maior, poderase disparar a todas as pezas de caza maior que se atopen en período hábil de caza e que estean recollidas no Plan de ordenación cinexético e no Plan anual de aproveitamento, e sempre que non se teña cuberta a cota de capturas. Coas mesmas premisas e sempre que se fixer constar na solicitude, poderáselle disparar ao raposo utilizando armas e municións propias da caza maior.

Nestes terreos e sempre que se atopen recollidas no seu plan de ordenación aprobado, poderán utilizarse as modalidades de caza con arco e a cetraría.

Artigo 12. Pezas de caza

1. Nos plans de aproveitamento dos terreos de réxime cinexético especial e nas autorizacións concedidas para o exercicio da caza maior nos terreos de aproveitamento cinexético común, especificaranse as pezas de caza por especie, sexos e idades sobre as cales se poderá exercer a caza.

2. En todo caso, nunca poderán incluírse como pezas de caza:

a) As crías e as femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías.

b) Os machos inmaduros das especies corzo, cervo e gamo.

c) Os machos adultos que efectuasen a esmouca antes do peche do seu período hábil de caza.

Todos os animais de caza maior, que sexan abatidos, deberán ser identificados mediante un precinto que facilitará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo do pagamento da correspondente taxa, e que deberá colocarse na peza de caza antes de ser transportada fóra do terreo en que se realizou a cazaría, de xeito que non poida quitarse sen alteralo ou destruílo.

Os resultados da actividade cinexética sobre pezas de caza maior, así como as listas de participantes en batidas e montarías, deberá comunicalos de xeito fidedigno o/a solicitante aos servizos de Conservación da Natureza no prazo máximo de quince días naturais.

Título IV
Medidas de control por danos

Artigo 13. Danos producidos pola caza

1. Co fin de reducir os danos que se poidan producir na agricultura, na gandaría, na silvicultura, na circulación viaria, na flora e fauna silvestres, os servizos de Conservación da Natureza poderán acordar medidas de control. Fóra do período hábil de caza, estas medidas adoptaranse, logo da comprobación dos danos existentes polos/as axentes de Conservación da Natureza, seguindo directrices expresamente establecidas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

2. As principais medidas de control fronte aos danos por especies que se poderán adoptar son as seguintes:

a) Lobo (Canis lupus): por danos constatados desta especie, poderanse autorizar esperas, batidas ou montarías durante todo o ano, salvo nos meses de abril, maio e xuño, en que unicamente se poderán autorizar esperas. A existencia de danos deberá ser comunicada ao Servizo de Conservación da Natureza co fin de proceder á súa comprobación, como requisito previo á autorización da práctica cinexética sobre esta especie. As persoas solicitantes de cada batida, montaría ou espera autorizadas deberán informar dos seus resultados, por escrito, ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente nun prazo máximo dos cinco días hábiles seguintes ao da súa realización. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a denegación doutras solicitudes e a anulación automática das xa autorizadas. En todo caso, observarase o disposto no plan de xestión desta especie aprobado polo Decreto 297/2008, do 30 de decembro.

b) Xabaril (Sus scrofa): co fin de reducir os danos producidos por esta especie, tras comprobarse a existencia daqueles, os servizos de Conservación da Natureza poderán autorizar a realización de batidas, montarías ou esperas. As solicitudes deberán presentarse a partir da detección dos danos, de modo que permita a súa comprobación polo servizo provincial correspondente. Os/as titulares dun tecor tamén poderán solicitar a adopción destas medidas de control nas zonas de adestramento permanente para cans e zonas de veda que teñan autorizadas. As persoas solicitantes das batidas, montarías ou esperas autorizadas deberán informar por escrito dos seus resultados ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, nun prazo máximo dos 10 días seguintes aos da súa realización. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis batidas, montarías ou esperas e a anulación automática das xa autorizadas.

Nos concellos que se relacionan no anexo IV desta resolución, as autorizacións de caza por danos realizaranse de xeito inmediato, non sendo necesaria a súa comprobación.

Por petición do/da titular do tecor, os exemplares capturados nas actuacións cinexéticas autorizadas por danos poderán non ser tidas en conta no cómputo da cota anual de capturas.

c) Corzo (Capreolus capreolus): co fin de reducir os danos producidos por esta especie poderase proceder de igual forma que no caso do xabaril no que respecta á denuncia de danos e autorizacións de batidas, montarías ou esperas.

d) Raposo (Vulpes vulpes): co fin de apoiar a consecución da finalidade perseguida polas actuacións de xestión realizadas nos tecores, poderase autorizar por parte dos servizos de Conservación da Natureza a realización de batidas ao raposo nas zonas de adestramento permanente para cans e aves de cetraría e nas zonas de veda que teñan aprobadas os tecores. As solicitudes deberán presentarse a partir da detección dos danos, de modo que permita a súa comprobación polo servizo antes mencionado. As persoas solicitantes das batidas deberán informar por escrito dos resultados destas ao Servizo de Conservación da Natureza correspondente, nun prazo máximo dos 10 días seguintes aos da súa realización. O incumprimento deste requisito poderá supoñer a non autorización de máis batidas e a anulación automática das xa autorizadas.

3. Para os danos producidos, tanto polo lobo como polo xabaril ou polo corzo, en terreos cinexéticos de réxime especial, as solicitudes serán formuladas polo/a titular do dereito de aproveitamento, nelas recolleranse obrigatoriamente as sinaturas da persoa ou persoas prexudicadas polos danos detectados. En terreos de aproveitamento cinexético común, as solicitudes serán formuladas pola persoa ou persoas prexudicadas polos danos detectados.

4. A persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza poderá establecer, mediante unha resolución motivada, limitacións temporais á adopción destas medidas de control co fin de evitar alteracións nas poboacións de fauna silvestre e non interferir na súa cría e reprodución. Os servizos de Conservación da Natureza, neses casos, prestarán asesoramento técnico ás persoas afectadas polos danos para a adopción de medidas alternativas de prevención e protección para as persoas ou na agricultura, na gandaría, nos montes ou na flora e fauna silvestres.

5. A carne das reses que se abatan en época de veda, como consecuencia da adopción de medidas de control, non poderá ser obxecto de venda ou comercio.

6. As pezas de caza maior que se abatan como consecuencia da adopción de medidas de control deberán ser identificadas mediante precintos que serán facilitados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de balde e deberán colocarse nas pezas de caza antes de ser transportadas fóra do terreo en que se realizou a cazaría, de xeito que non poidan quitarse sen alteralos ou destruílos. As matrices dos precintos utilizados, así como os que non sexan empregados, achegaranse ao correspondente Servizo Provincial de Conservación da Natureza, xunto cos resultados das cazarías.

Artigo 14. Aves prexudiciais para a agricultura e a caza

En virtude do disposto no artigo 58 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, poderán quedar sen efecto as prohibicións contidas no capítulo I do título III da dita lei e permitirá a caza e captura de aves silvestres que poidan ocasionar danos aos cultivos agrícolas e á fauna. As persoas interesadas deberán formular unha solicitude dirixida á persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza na cal se fará constar:

a) A especie que se pretende cazar ou capturar.

b) Os prexuízos causados ou os riscos que se poidan producir, así como a súa magnitude.

c) As técnicas disuasorias probadas sen éxito.

d) Expresión do método, o tempo e o lugar onde se pretenden cazar as aves prexudiciais.

Será preceptivo o informe do Servizo de Conservación da Natureza correspondente sobre os danos existentes, no cal se indicará se os danos foron causados ou non polas especies citadas. Se non for posible establecer razoablemente a orixe dos danos, denegarase a solicitude.

Título V
Réximes especiais por especies

Artigo 15. Réximes especiais propostos polos/as titulares

Serán de obrigado cumprimento as ordenacións específicas nos terreos de réxime cinexético especial aprobadas polas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, propostas polos/as titulares destes terreos, nas cales se establezan vedas e peches anticipados dos distintos períodos hábiles.

Artigo 16. Réximes especiais por especies aprobados despois de oídos os comités provinciais de caza e o Comité Galego de Caza

1. Caza menor:

a) Arcea (Scolopax rusticola): en terreos cinexéticos de réxime especial e logo da súa solicitude, poderase prolongar o período hábil de caza para esta especie ata o día 8 de febreiro de 2015. Establécese para esta especie unha cota de captura de tres exemplares por cazador/a e día.

b) Agacha (Gallinago gallinago): excepto nos concellos que se relacionan no anexo V desta resolución, en que a súa caza está prohibida, esta especie pódese cazar no período hábil de caza menor e pode prorrogarse o seu período hábil en terreos cinexéticos de réxime especial, logo da súa solicitude, ata o día 8 de febreiro de 2015. Establécese para esta especie unha cota de captura de tres exemplares por cazador/a e día.

c) Lebre (Lepus granatensis): unicamente se autoriza a súa caza no período hábil comprendido entre o 19 de outubro e o 30 de novembro de 2014 e en terreos de réxime cinexético especial.

d) Raposo (Vulpes vulpes): no período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en batida. Poderanse autorizar batidas para a caza do raposo desde o 17 de agosto ata o 18 de outubro de 2014 e desde o 7 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2015; os xoves, sábados, domingos e festivos en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Paspallás (Coturnix coturnix): poderase autorizar a súa caza entre o 23 de agosto e o 14 de setembro de 2014 nos tecores da antiga lagoa de Antela, nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución. Autorízase a súa caza os sábados e domingos nas modalidades denominadas en man e ao salto, cun máximo de quince escopetas por xornada de caza e un máximo de 4 escopetas por cuadrilla. Require autorización expresa da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Ourense, que poderá recoller medidas especiais para garantir o cumprimento destas condicións, e será preceptiva a presentación dun plan técnico de caza que ten que incluír un censo da especie, un cálculo do número de capturas totais e a súa repartición por xornadas de caza, cun máximo de 10 pezas por cazador/a e día. Os cuarteis de caza autorizados contarán cunha superficie máxima de 1.000 ha e o seu número virá dado en función da superficie útil para a especie, de acordo co seguinte:

• Número de cuarteis autorizados:

2.000 ha<superficie útil para a especie<5.000 ha: 1.

5.000 ha<superficie útil para a especie<10.000 ha: 2.

10.000 ha<superficie útil para a especie: 3.

Só se poderá autorizar a caza desta especie nos terreos dos cuarteis en que teñan realizada a colleita na súa maior parte e prohibirase a caza naquelas superficies non colleitadas.

Atendendo á época da recollida da colleita, diferéncianse dúas zonas.

– Zona 1: cuarteis localizados ao oeste do río Faramontaos, entre as localidades de Xinzo de Limia e Faramontaos e a estrada OU-1101 entre Xinzo de Limia e Vilar de Barrio.

– Zona 2: cuarteis localizados ao leste do río Faramontaos, entre as localidades de Xinzo de Limia e Faramontaos e a estrada OU-1101 entre Xinzo de Limia e Vilar de Barrio.

A persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Ourense poderá adiantar ou atrasar o período ata un máximo de tres semanas en cada unha das zonas. Unha vez, aberto o período de caza, este non superará as catro fins de semana consecutivas en cada unha das zonas. Ademais, a diferenza temporal de apertura da caza entre as distintas zonas non poderá superar as dúas semanas. Se os atrasos foren maiores, ou os censos efectuados así o aconsellen, a persoa titular da Dirección Xeral Conservación da Natureza poderá modificar as cotas e os períodos autorizados e incluso anular o período. Os tecores autorizados para a caza do paspallás deben estar dotados de vixilancia.

f) Pombo torcaz (Columba palumbus) e rula común (Streptopelia turtur): poderase autorizar a súa caza xunto co paspallás nas mesmas condicións que as reflectidas na alínea e), nos tecores da antiga lagoa de Antela, nos concellos que se relacionan no anexo III desta resolución. Fixarase unha cota máxima de captura para estas especies e neste período de caza de cinco exemplares por cazador/a e xornada.

g) Tordo real (Turdus pilaris), tordo galego (Turdus philomelos), tordo malvís (Turdus iliacus) e tordo charlo (Turdus viscivorus): prolóngase o período hábil de caza para estas especies ata o día 31 de xaneiro de 2015, na superficie dos tecores incluída nos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, O Rosal e Tui, da provincia de Pontevedra.

h) Charrela (Perdix perdix), avefría (Vanellus vanellus), pato cullerete (Anas clypeata), rula turca (Streptopelia decaocto), gaivota escura (Larus fuscus), pomba brava1 (Columba livia), pomba zura (Columba oenas) e gralla cereixeira (Corvus monedula): queda prohibida a súa caza.

2. Caza maior:

a) Corzo (Capreolus capreolus): unicamente se poderá autorizar a súa caza desde o 24 de agosto e ata o 18 de outubro de 2014, para machos adultos, nas modalidades de batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos; agás os axexos, que poderán ser todos os días.

Nos terreos baixo réxime cinexético especial poderanse cazar mediante a modalidade de axexo os machos de corzo desde o 1 de abril ata o 31 de xullo de 2015 e as femias adultas en descaste, mediante todas as modalidades, desde o 7 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2015, podendo realizar o seu aproveitamento os xoves, sábados, domingos e festivos; agás os axexos, que poderán ser calquera día da semana.

A autorización fixará o número de pezas máximo que se poderá abater de acordo co plan de aproveitamento. Non poderán realizarse na mesma mancha unha batida e un axexo simultáneos, nin modalidades de caza maior e menor simultaneamente.

b) Xabaril (Sus scrofa): en terreos de réxime cinexético especial poderá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos desde o 15 de agosto de 2014 ata o 8 de febreiro de 2015, nas modalidades de batida, montaría e espera, autorizadas segundo o establecido nos artigos 11 e 12 desta resolución.

En terreos de réxime cinexético común, poderá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos desde o 15 de agosto ata o 31 de agosto de 2014 e desde o 7 de xaneiro de 2015 ata o 8 de febreiro de 2015. No período comprendido entre o 1 de setembro e o 6 de xaneiro de 2015, ambos incluídos, unicamente se poderá cazar os sábados.

1 Excepto exemplares utilizados como presas de escape no ámbito da cetraría.

Queda prohibido realizar, na mesma mancha e xornada, batidas sobre esta especie e practicar a caza sobre especies de caza menor.

c) Cervo, gamo e muflón (Cervus elaphus, Dama dama e Ovis ammon musimon): unicamente poderán cazarse en terreos cinexéticos de réxime especial, na modalidade de axexo, desde o 6 de setembro ata o 5 de outubro de 2014, calquera día da semana, no caso de machos adultos e femias adultas en descaste, e, con todas as modalidades, desde o 19 de outubro de 2014 ata o 2 de febreiro de 2015; os xoves, sábados, domingos e festivos e calquera día no caso dos axexos, con autorización dos servizos de Conservación da Natureza.

d) Cabra montesa (Capra pyrenaica): prohíbese a caza desta especie no territorio de Galicia agás nos terreos cinexéticos de réxime especial do Xurés, onde se permite a súa caza desde o 1 de outubro de 2014 ata o 31 de xaneiro de 2015, de acordo co establecido no Plan de aproveitamento cinexético aprobado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no cal se impoñen, entre outras, as seguintes condicións e restricións:

• A modalidade de caza permitida é o axexo e establécese unha cota de capturas de dez machos (sete exemplares de trofeo e tres selectivos) e tres femias en descaste, diferenciando os seguintes períodos en función do tipo de exemplar que se vaia cazar:

Exemplar

Datas

Macho selectivo e femia adulta en descaste

De 1.10.2014 ata 1.11.2014

Macho trofeo

De 15.12.2014 ata 31.1.2015

e) Rebezo (Rupicapra pyrenaica): unicamente se permite o aproveitamento cinexético desta especie na Reserva Nacional de Caza dos Ancares, de acordo co establecido no artigo 19 desta resolución.

f) Lobo (Canis lupus): queda prohibida en xeral a súa caza en Galicia. Poden adoptarse medidas de control fronte aos danos producidos pola especie, de acordo co reflectido no artigo 13.2.a) desta resolución.

Artigo 17. Terreos en que se prohibe o exercicio da caza

Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nos terreos recollidos no anexo I desta resolución.

Artigo 18. Autorización de xestión cinexética en terreos vedados

De acordo co establecido no artigo 19.3º da lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, os terreos vedados de caza poderán ser obxecto de xestión cinexética por razóns técnicas, de seguridade, científicas, sanitarias ou sociais, debidamente motivadas.

As solicitudes de autorización de xestión dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas correspondente e deberán ir acompañadas dun informe técnico en que se xustifique a necesidade da adopción das ditas medidas.

O Servizo de Conservación da Natureza valorará se as solicitudes presentadas se axustan ás motivacións establecidas no citado artigo e fixará as condicións para o outorgamento das autorizacións, de ser o caso.

Artigo 19. Réxime especial da Reserva Nacional de Caza dos Ancares

Os períodos hábiles de caza na Reserva Nacional de Caza dos Ancares estableceranse en función dos acordos que en tal sentido tome a Xunta Consultiva da Reserva.

Disposición adicional única

As datas e condicións para presentar o Plan de aproveitamento cinexético anual correspondente á tempada 2014-2015 serán as seguintes:

1. Os tecores ou explotacións cinexéticas que teñan vixente ou aprobada a renovación do Plan de ordenación cinexética deberán achegar o Plan de aproveitamento cinexético anual ao correspondente Servizo de Conservación da Natureza, no prazo máximo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. No caso dos tecores ou explotacións cinexéticas que non teñan vixente o seu plan de ordenación cinexética e, ben non presentaron a súa renovación, ou ben esta non está aprobada, establécese como data límite para a presentación do novo Plan de ordenación cinexética e do Plan anual de aproveitamento cinexético o 15 de xullo de 2014.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para modificar o inicio ou o remate dos períodos de caza sinalados cando haxa razóns especiais que o xustifiquen, así como para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación da presente disposición mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda

Facúltanse as persoas titulares do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para autorizar as competicións deportivas que afecten unha soa provincia e a persoa titular da Dirección de Conservación da Natureza cando afecten máis dunha provincia.

Disposición derradeira terceira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO I
Zonas en que se prohibe o exercicio da caza

Lémbrase, con carácter xeral, a prohibición de cazar nas zonas de seguridade a que se refire o artigo 85.10º da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 13 desta resolución.

Provincia da Coruña

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

CO-1

Arquipélago de Sálvora do P. Nac. Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (concello de Ribeira)

Toda a súa superficie.

CO-2

Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (Ribeira)

N-vila de Corrubedo e estrada de acceso a esta desde Artes.

S-camiño que une a parroquia de Vilar con Liboi ata punta Corveiro.

L-camiño que comunica as parroquias de Artes e Vilar.

CO-3

Zona costeira occidental atlántica co concello de Muros: zona da lagoa de Louro

Camiño público que desde O Ancoradoiro sae á estrada AC-550 de Cee a Ribeira; segue por esta estrada ao longo de 200 metros para continuar polo límite do monte Naraío e Tixia e polo camiño a través deste, ata alcanzar a AC550 pasando polo Casarío da Madanela, 80 metros ao longo desta ata o comezo do chamado camiño do monte Louro, límite deste monte entre o camiño e o mar; liña de costa ao longo da praia de Louro ata o porto do Ancoradoiro e desde aquí, en liña recta, ata o punto de partida.

CO-4

Illas Sisargas (concello de Malpica)

Toda a súa superficie.

CO-5

Zona costeira occidental atlántica do concello de Porto do San, zona das lagoas de Xuño e San Pedro de Muro

Río Sieira desde a súa desembocadura no océano Atlántico, río arriba, ata a estrada de Noia a Ribeira (km 52,3). Desde este punto ata a encrucillada da estrada de Seráns, pasando por San Pedro de Muro, ata a antiga fábrica de tella. Desde aquí seguindo o camiño que chega ata a punta do cabo Teira séguese pola liña de costa ata a desembocadura do río Sieira.

CO-6

Zona costeira occidental atlántica do concello de Ferrol: lagoa de Doniños

Norte, partindo da liña de costa séguese a liña que separa os terreos de uso militar, ata chegar a encrucillada da estrada que vai a Curros e Fontemaior; desde esta encrucillada de estradas séguese pola estrada de Fonta ata chegar á punta Penencia na costa e, desde aquí, pola liña de costa, ata a liña de terreos de uso militar.

CO-7

Zona da lagoa da Frouxeira no concello de Valdoviño

Norte desde a punta A Frouxeira, ao longo do areal ou praia da Frouxeira, pola liña de costa ata a liña recta imaxinaria trazada desde a illa Percebelleira ata a estrada que desde Porta do Sol, en Valdoviño, remata na praia. Seguindo por esta estrada ata a estrada de Ferrol a Cedeira e por esta ata o seu cruzamento coa de Ferrol a Valdoviño ata Canto do Muro, pola estrada local da Frouxeira ata a punta A Frouxeira.

CO-8

Zona do monte de San Xurxo e monte de Brión, concello de Ferrol

Norte e oeste co océano Atlántico, ao leste con predios particulares na demarcación parroquial de San Xurxo en que está situado o monte, ao sur con predios particulares e o océano Atlántico.

Norte e oeste, demarcación parroquial de Doniños. Ao leste, con propiedades particulares da parroquia de Brión, ao sur con propiedades particulares e océano Atlántico.

CO-09

Encoro de Cecebre

N-desde a presa seguindo pola estrada que une a paraxe de Cecebre con San Román, atravesando os lugares de Seixurra e San Román, ata o cruzamento coa autoestrada do Atlántico.

L-seguindo a autoestrada ata o quilómetro 17 e continuando por unha pista en terra de servidume daquela, para rematar na presa de formigón sobre o río Mero.

S-desde o punto anterior seguindo a marxe dereita do río Mero ata a ponte e continuando pola estrada entre os lugares de Torre, O Covelo, Agrolongo e Orto de Arriba ata o viaduto do río Barcés, cuxa marxe dereita segue ata o lugar de Táboas, na estrada de Mabegondo a Carral.

O-seguindo a marxe esquerda do río Barcés ata o viaduto e continuando pola estrada ata a presa do encoro.

CO-10

Encoro de Sabón

Desde a presa do encoro contiguo á central térmica de Sabón pola estrada de servizo do polígono industrial, deixando o encoro á man esquerda ata o cruzamento da estrada da Coruña a Fisterra. Desde este punto, e seguindo a estrada de servizo do polígono, ata as instalacións industriais de Silicios de Sabón, S.A. e presa.

CO-11

Brañas de Sada, concello de Sada

Parroquia de Sada. Coord.: lonxitude 8º 15’ W, latitude 43º 21’ N.

CO-12

ZEPA Es0000086, ría de Ortigueira e Ladrido

A que figura na Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG nº 95, do 19 de maio), pola que se dispón a publicación no DOG da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG nº 69, do 12 de abril).

CO-13

Encoro da Ribeira, concello das Pontes

N-marxe do encoro e límite do tecor C-10.121 ata 200 m da confluencia do regato Brandián.

L-bordeando a finca Cabalar a 200 m do cercado e continuando pola marxe dereita do río Eume ata a área recreativa de Caneiro.

S-desde a área recreativa de Caneiro seguindo o camiño ou pista cara ás Pontes de García Rodríguez ata a confluencia do camiño que baixa ao complexo recreativo de Vilarbó, seguindo este camiño ata as ditas instalacións e despois continuando pola marxe esquerda do encoro, respectando os 200 m de influencia, ata a presa.

O-desde a presa seguindo a marxe do encoro en Cuíña, Vilarnovo e Maraxón ata pechar o perímetro.

CO-14

Ría de Ferrol

Desde a ponte das Pías ata a desembocadura do Xuvia en ambas as dúas marxes.

CO-15

Marismas de Baldaio

N-océano Atlántico.

S-o camiño desde Rebordelos a Santa Mariña, pasando pola Igrexa, Castrillón, Outeiro, Cambre e Arnados.

L-o camiño desde a praia Pedra do Sal ata Rebordelos.

O-o camiño desde Santa Mariña á punta do Pazo.

CO-16

Enseada de Insua, concello de Ponteceso

N-o camiño local de Punta Balarés a Cospindo, continuando pola estrada de Corme ata Ponteceso, estrada de Ponteceso a Buño.

S-estrada de Ponteceso a Laxe, ata o lugar de Canduas.

L-o camiño que vai desde a estrada de Ponteceso a Buño ata o río Anllóns, continuando por este, ata Anllóns de Arriba.

O-a liña que une Canduas, punta Padrón e punta Balarés.

CO-17

Lagoa de Traba

N-océano Atlántico.

Leste e sur-desde punta Arnado seguindo polo camiño en parte, ata enlazar coa última pista de concentración parcelaria, que discorre paralelamente á lagoa en dirección ao lugar de Cernado.

O-pista asfaltada que une o lugar de Mórdomo coa estrada comarcal de Laxe-Ponte do Porto.

CO-18

LIC Es1110007 Betanzos-Mandeo

Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DOG nº 95, do 19 de maio), pola que se dispón a publicación da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril).

CO-19

Estación cinexética de Cerqueiros (Monfero)

En toda a estación.

CO-20

Marisma de Carnota

Área incluída dentro do perímetro da masa de auga.

CO-21

Encoro de Vilagudín, concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia

Área incluída dentro do perímetro da masa de auga dentro dos 200 metros de cota máxima do nivel de auga do encoro.

CO-22

Encoro de Vilasenín (concellos de Cerceda e Ordes)

Área incluída dentro dos cinco metros da cota máxima do nivel de auga do encoro.

CO-23

MVMC de Xián, Furiño, Gándara, A Ribeiratorta e Reboredo, (parroquias de Colúns e Arcos, concello de Mazaricos)

Toda a súa superficie.

CO-24

Finca do Mosteiro de Sobrado

Toda a súa superficie.

CO-25

Zona da Barbanza

Linde O: iníciase na cota 557, que linda os montes da Barbanza de Cures e A Barbanza de Nebra; continúa polas cotas 576, 567, 602, 600, 581, 593, 663, 606, 612, 597 e 620 da Barbanza de Nebra, segue polas cotas 622, 616 da Barbanza de Noal, continúa polas cotas 634, 626, 629, 644 e 616 da Barbanza de Baroña, cota que fai límite cos montes da Barbanza de Boiro. Linde L: da cota 616, límite entre os montes da Barbanza de Baroña e A Barbanza de Boiro, cruzando o rego Barazal ata a cota 561 da Barbanza de Boiro, de aquí á fonte de Porto Traveso e ás cotas 562, 572, 576, e 557 da Barbanza de Cures, recollendo o inicio do linde O.

CO-26

Terreos do concello de Sobrado

S-desde o quilómetro dous da estrada LC-233 ata a saída do regato da lagoa de Sobrado; séguese o seu curso ata o lugar da Pontepedra.

O-desde A Pontepedra, seguindo a estrada ata o quilómetro 18 da LC-231.

N-pola estrada que vai ao Centro Ictioxénico ata a dita instalación.

L-desde o Centro Ictioxénico, monte a través ata o quilómetro dous da estrada LC-233.

CO-27

Marismas de Dodro

Os límites da prohibición están sinalizados sobre o terreo polo Servizo de Conservación da Natureza da Coruña.

Provincia de Lugo

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

LU-01

Xunqueiras e ría de Ribadeo

Desde a ponte de Porto pola pista que pasa por Mión de Louteiro, ata a altura do km 4,700 da estrada de Vegadeo a Lugo, onde cruza o río Eo; desde este punto quilométrico segue pola citada estrada de Lugo a Vegadeo ata Porto de Abaixo, desde aquí e pola estrada nacional de Santander á Coruña ata Ribadeo, desde aquí pola estrada provincial ata Senra, desde aquí pola pista que chega á punta de costa denominada punta de Penas Brancas.

LU-02

Monte Fraga Vella (concellos de Abadín e Mondoñedo)

N-monte de utilidade pública Tremoal e Fraga das Vigas, parroquia de Labrada, do concello de Abadín: Casarío dos Agros e río Fraga Vella.

L-río Fraga Vella e monte de utilidade pública nº 46B Brañas e Toxiza, da parroquia de Mondoñedo e outras.

S-monte de utilidade pública nº 43 Coto da Cal, da parroquia de Romariz, do concello de Abadín.

O-monte de utilidade pública nº 44 Tremoal e Fraga das Vigas, da parroquia de Labrada, do concello de Abadín.

LU-03

Terreos de Espiñeira e lagoa de Cospeito (concello de Cospeito)

N-termo do concello de Vilalba, ata o punto de cruzamento da estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, en Guisande.

L-estrada de Rábade a Moncelos por Cospeito.

S-estrada de Rábade a Montecelos por Cospeito, lugar de Feira do Monte e estrada de Cospeito a Vilalba, ata a ponte de Sistallo.

O-pista da ponte de Sistallo á casa de Angulo da Espiñeira, ata o límite co concello de Vilalba.

LU-04

Terreos do monte do Veral, parroquia do Veral, concello de Lugo

N-estrada de Lugo a Friol e río Mera.

L-propiedades particulares da parroquia de San Xoán do Alto.

S-propiedades de veciños/as de San Xoán do Alto e camiño de Avelaidas.

O-río Mera, monte da parroquia do Veral e propiedades dos veciños do Veral.

LU-05

Monte Paramedela (concello da Pobra de Brollón)

N-monte de Salcedo a Bairán.

L-monte de Salcedo a Bairán.

S-monte de Salcedo a Bairán e río Lor, concello de Quiroga.

O-monte de Salcedo e Bairán e río Loureiro.

LU-06

Monte Bibei (concello de Quiroga)

N-monte de Enciñeira.

L-provincia de Ourense, monte comunal e propiedades particulares.

S-provincia de Ourense.

O-río Bibei, propiedades particulares, regato de Cavados e estrada de Ourense a Ponferrada.

LU-07

Devesa de Rogueira (sita en Moreda, O Courel)

N-monte e prados en Moreda.

L-monte de Moreda e de Vieña, ata o pico de Formigueiros.

S-termo municipal de Quiroga ata Corga de Mosa e monte de Ferreiros ata Pico Polín.

O-monte de Parada.

LU-08

Ría de Foz

N-boca da ría desde punta do Cabo ata punta de San Bartolomeu.

L-desde o punto anterior pola beira leste da praia de Altar á de Tupido, estrada de Viladaide e Áspera e camiño á igrexa de San Cosme de Barreiros, estrada ao Vilar, ferrocarril Ferrol-Gijón/Xixón ata o camiño de dirección NS á estrada comarcal 642 de Ferrol por Ortigueira.

S-estrada C642, A Espiñeira e Ponte da Espiñeira.

O-desde a ponte da Espiñeira, pola estrada C642 ata Fondós, baixada á punta de Malatel e beira da ría ata punta do Cabo.

LU-09

Veiga de Pumar (concello de Castro de Rei)

N-termo municipal de Cospeito, pola estrada de Rocelle a Porto do Monte e en liña recta ao Porto de Boraño, no río Miño.

L-río Miño ata 200 metros augas abaixo da desembocadura do regato de Pumar, na presa de Oroxe, leiras particulares ata o cruzamento da estrada de Xustás a Oroxe.

S-estrada de Oroxe a Almudia.

O-estrada de Almudia a Arneiro ata o límite do termo municipal de Castro de Rei.

LU-10

Lagoas do Pedroso, parroquias de Pazos e Illán, no termo municipal de Begonte

N-pista de acceso desde O Pedroso ata a confluencia co río Ladra.

L-pista que comunica os lugares de Riocaldo e O Pedroso.

S-nacional VI.

O-río Ladra.

Provincia de Ourense

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

OU-01

Encoro de Castrelo de Miño (concellos de Ribadavia, Castrelo de Miño e Cenlle)

Nas augas e marxes de dominio público, desde os lugares de Sanín e Oleiros ata o encoro.

OU-02

Parque Natural do Invernadeiro (concello de Vilariño de Conso)

Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro.

OU-03

Finca Salgueiros (concello de Muíños), pertencente ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Toda a súa superficie.

OU-04

Subzona ZPDG-A1 (Alta Serra do Xurés en Lobios e Muíños, O Barranco da Cruz do Touro en Lobios e o Barranco de Olelas en Entrimo)

Decreto 64/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural da Baixa Limia Serra do Xurés.

OU-05

Zona de influencia de explotación de areas da comarca da Limia, no termo municipal de Sandiás

Plano do Plan director de restauración para as explotacións mineiras a ceo aberto na lagoa de Antela, aprobado pola Resolución do 4 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental marco e o Plan director de restauración para as explotacións mineiras a ceo aberto na lagoa de Antela (Ourense) do 2 de febreiro de 2001 (DOG núm. 99, do 24 de maio).

OU-06

Terreos do predio da Edreira e Nabuíñas, no termo municipal de Laza

Toda a súa superficie.

OU-07

Zonas de reserva integral do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural.

Provincia de Pontevedra

Código

Lugar afectado

Delimitación da zona prohibida

PO-01

Arquipélagos de Cíes, Ons e Cortegada do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Toda a súa superficie.

PO-02

Augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público da enseada de San Simón, formada polo entrante da ría de Vigo ata a ponte de Rande, sobre o estreito de Rande

Toda a súa superficie.

PO-03

Augas mariñas, illotes e zona litoral de dominio público e zona marítima do complexo intermareal de Umia-O Grove-A Lanzada-punta Bodeira

Zona húmida incluída no Convenio internacional de Ramsar.

PO-04

Norte e sur das Gándaras de Budiño (concello do Porriño)

N-estrada que parte da estrada N-550 en dirección Santo André.

S-estrada que parte da N-550 en dirección Madanela.

L-N-550 e estrada de acceso ao polígono das Gándaras.

O-a división entre a vexetación da zona húmida e os piñeiros, matogueira e terras de cultivo. Camiño que parte da estrada que marca o límite norte e que atravesa Centeáns, Quintela e chega ata Madanela.

PO-05

Encoro de Pontillón do Castro (concello de Pontevedra): superficie: 31,5 ha

N-pista forestal contigua ao encoro.

L-pista forestal contigua ao encoro que continúa a anterior.

S-estrada comarcal de Pontevedra ao encoro, desde a confluencia coa pista anterior ata o dique daquel.

O-liña imaxinaria paralela ao límite dos terreos propiedade do Concello de Pontevedra, a unha distancia de 250 m que parte do dique do encoro.

PO-06

Zona sur da illa de Arousa, denominada punta de Carreirón

N-enseada da Brava e praia de Salinas.

L-liña de costa.

S-liña de costa.

O-liña de costa.

PO-07

Zona de Baixo Miño e illa Canosa

N-pola pista que delimita o piñeiral da praia de Camposancos, segue pola faixa aberta polo tendido eléctrico de alta tensión, segue ata o campo de deportes, continúa por toda a zona húmida, desde a pista que sae da Pasaxe ata a ponte do río Tamuxe.

L-río Tamuxe.

S-río Miño.

O-océano Atlántico e punta de Santa Tegra.

PO-08

Illa Canosa e Morraceira do Grilo

Toda a súa superficie.

PO-09

Parque Natural do Monte Aloia, en Tui

Toda a súa superficie.

PO-10

Zona de Val Miñor

N-estrada PO-340, desde a desviación para Mañufe ata monte Lourido.

S-estrada de Mañufe á ermida Sta. Marta.

L-estrada e ponte desde Mañufe á estrada PO-340.

O-zona marítima desde a ermida de Santa Marta ata os illotes de Garza e monte Lourido.

PO-11

Xunqueira de Alba, no termo municipal de Pontevedra

N-pista de Ponte Cabras ata a autoestrada A-9.

S-río Lérez.

L-pista desde As Correntes pasando pola ponte do Maxeiro, rúa da Gándara, ata a ponte das Cabras.

O-autoestrada A-9.

ANEXO II
Relación de especies cazables comercializables no territorio
da Comunidade Autónoma de Galicia

a) Aves:

• Anas plathyrhynchos: pato real.

• Alectoris rufa: perdiz rubia.

• Phasianus colchicus: faisán común.

• Columba palumbus: pombo torcaz.

• Columba oenas: pomba zura1.

• Coturnix coturnix: paspallás1.

b) Mamíferos:

• Lepus granatensis: lebre.

• Oryctolagus cuniculus: coello.

• Vulpes vulpes: raposo.

• Sus scrofa: xabaril.

• Cervus elaphus: cervo.

• Capreolus capreolus: corzo.

• Dama dama: gamo.

• Ovis ammon musimon: muflón*.

1 Só os exemplares procedentes de explotacións industriais.

* Especie incluída no Convenio de Washington.

ANEXO III

Concellos da provincia de Ourense que abranguen a antiga lagoa de Antela:

• Rairiz de Veiga.

• Vilar de Santos.

• Sandiás.

• Vilar de Barrio.

• Sarreaus.

• Xinzo de Limia.

• Trasmiras.

• Porqueira.

• Xunqueira de Ambía.

ANEXO IV
Relación de concellos en que se poderán adoptar medidas excepcionais
para o control dos danos ocasionados polo xarabil

Baña (A)

Bergondo

Boimorto

Brión

Cabana de B.

Cabanas

Carnota

Cerdido

Coristanco

Curtis

Ferrol

Laracha (A)

Laxe

Mañón

Mazaricos

Monfero

Muxía

Negreira

Ortigueira

Outes

Paderne

Ponteceso

Pontes de García Rodríguez (As)

Ribeira

Santiago de C.

Santiso

S. Sadurniño

Toques

Tordoia

Touro

Trazo

Val do Dubra

Valdoviño

Vimianzo

Zas

Baleira

Baralla

Barreiros

Becerreá

Begonte

Bóveda

Carballedo

Castroverde

Cervantes

Chantada

Fonsagrada (A)

Guitiriz

Incio (O)

Láncara

Lourenzá

Lugo

Monforte

Monterroso

Muras

Navia de Suarna

Ourol

Palas de Rei

Pantón

Pastoriza (A)

Pedrafita do Cebreiro

Pobra de Brollón (A)

Pol

Pontenova (A)

Portomarín

Quiroga

Ribadeo

Saviñao (O)

Sober

Taboada

Trabada

Valadouro (O)

Vicedo (O)

Vilalba

Xermade

Xove

Arnoia (A)

Barco de V. (O)

Boborás

Bolo (O)

Carballeda de V.

Carballiño (O)

Castrelo do Miño

Castro Caldelas

Gudiña (A)

Larouco

Maceda

Maside

Manzaneda

Merca (A)

Mezquita (A)

Montederramo

Monterei

Muíños

Ourense

Pereiro de Aguiar (O)

Peroxa (A)

Piñor

Pobra de Trives (A)

Ramirás

Ribadavia

Riós

S. Cibrao das Viñas

S. Xoán de Río

Teixeira (A)

Veiga (A)

Verín

Viana do Bolo

Vilamarín

Cerdedo

Dozón

Estrada (A)

Forcarei

Guarda (A)

Golada (A)

Lalín

Meaño

Pontecesures

Rodeiro

Rosal (O)

Silleda

Vila de Cruces

Vilagarcía de A.

ANEXO V
Relación de concellos en que se prohibe cazar
a agacha (Gallinago gallinago)

– Baltar.

– Baños de Molgas.

– Calvos de Randín.

– Cualedro.

– Monterrei.

– Muíños.

– Porqueira.

– Rairiz de Veiga.

– Sarreaus.

– Trasmiras.

– Vilar de Barrio.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file