Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24010

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 58/2014, do 27 de maio, polo que se encarga o despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe ao Xapón, é necesario prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 230/2012, do 2 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo único

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe ao Xapón, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 29 de maio ata o seu regreso, ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, vinte e sete de maio de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente