Por Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 12 de febreiro de 2014, publicada no DOG do 26 de febreiro, autorízase a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Sementeira, do concello de Cambre.
O representante da titularidade da devandita escola, mediante escrito dirixido a esta consellería, rexistrado o día 25 de marzo de 2014, solicita a rectificación dos datos da escola de música, relativos ao enderezo, titularidade e á denominación específica, achegando copia dos estatutos da asociación vixentes na data da orde que autoriza a inclusión no rexistro da escola.
Por canto antecede e de conformidade co artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
DISPOÑO:
Artigo único. Modificar a Orde do 12 de febreiro de 2014 e rectificar os seguintes datos do rexistro da escola de música:
Domicilio: O Souto, nº 8, baixo.
Titular: Asociación Sementeira Cambre.
Denominación: Escola de Música Sementeira de Cambre.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria