Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 4 de xuño de 2014 Páx. 25370

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1645/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 1645/2012 desta sección, seguido por instancia de Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, empresa Francisco Fernández Pazos, Promociones Pascua y Nieto, S.L., Rosetta La Piedra Natural, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da SS número 15, Humberto Mendes de Oliveira, sobre accidente, se ditou, con data do 30 de abril de 2014, resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada Blanca Fernández-Chao González-Dopeso, en nome e representación de Midat Cyclops, contra a sentenza do 10 de outubro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos seguidos por instancia de Humberto Mendes de Oliveira fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, á mutua recorrente, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, á mutua Umivale, e ás empresas Promociones Pascua y Nieto, S.L., Rosetta La Piedra Natural, S.L., e Francisco Fernández Pazos, sobre incapacidade temporal derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada e impoñémoslle á recorrente as custas do recurso, que inclúen a cantidade de trescentos euros (300 euros) en concepto de honorarios de cada un dos letrados impugnantes do recurso. Procede ordenar a perda do depósito efectuado para recorrer, así como das cantidades consignadas para os ditos efectos, aos cales se dará o destino legal correspondente, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social e unha vez firme expídase certificación para cionstancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao libro de sentenzas, previa devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Promociones Pascua y Nieto, S.L.. e á empresa Francisco Fernández Pazos, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Luis Iglesias, urbanización Breogán, 20, Feáns e Urbanización Xesteira, 61, Uxes (Arteixo), ambas da Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de abril de 2014

A secretaria xudicial