Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26119

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Centro de Formación ICA, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Centro de Formación ICA, S.L.

3. Data:

Os días 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de xuño de 2014.

4. Lugar de celebración:

Local social da asociación de veciños do Sineiro, lugar do Sineiro, s/n. 36980 O Grove (Pontevedra).

5. Número de prazas:

Máximo 15 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo do anexo.

9. Programa:

Día 16.6.2014

17.00-20.00 h

Praguicidas. Historia.

Día 17.6.2014

17.00-20.00 h

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

Día 18.6.2014

17.00-20.00 h

Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas.

Día 19.6.2014

17.00-20.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 23.6.2014

17.00-20.15 h

Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.

Día 24.6.2014

17.00-20.15 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por biocidas.

Día 25.6.2014

17.00-20.15 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por biocidas.

Día 26.6.2014

17.00-20.15 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por

biocidas. Lexislación. Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Centro de Formación ICA, S.L.

Datas: os días 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de xuño de 2014.

Lugar de celebración do curso: local social da asociación de veciños do Sineiro, lugar do Sineiro, s/n. 36980 O Grove (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 17.00 ás 20.00 horas, agás os días 23, 24, 25 e 26 que será das 17.00 ás 20.15 horas.

Nº de prazas: máximo 15 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Centro de formación ICA, S.L., rúa Portela, nº 12, interior (O Calvario). 36205 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 37 77 79. Fax: 986 26 53 00.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Alumno:

Enderezo: CP:

Localidade: Provincia:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Empresa: CIF: