Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1217/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1217/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Sanmartín Regueiro contra Biforis Accesorios de Madera, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Iván Sanmartín Regueiro contra Biforis Accesorios de Madera, S.L., Fogasa e administrador concursal, Pilar García López, e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada e, ante a imposibilidade de readmisión, enténdese feita a opción pola indemnización por importe de 12.035,08 euros, condenando a mercantil ao aboamento desta cantidade e declarando a extinción da relación laboral que unía o demandante coa empresa na data desta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Biforis Accesorios de Madera, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2014

A secretaria xudicial