Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28273

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de xuño de 2014 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Real decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 18.2 que a implantación das titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional e dos respectivos novos currículos comezará no ano académico 2007/08 e deberá completarse dentro do prazo de aplicación da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, sen prexuízo da súa actualización permanente, de acordo coas exixencias do Sistema nacional das cualificacións e da formación profesional.

No número 3 do devandito artigo establécese que mentres non se produza a implantación regulada no punto anterior seguirán vixentes as titulacións e os currículos derivados da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, regula no seu artigo 24 as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior.

A Orde do 12 de xullo de 2011 regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Como consecuencia da entrada en vigor dos novos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en substitución dos establecidos pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede convocar a realización de probas libres de módulos profesionais dos ciclos formativos que se extinguen, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa afectado pola implantación das novas ensinanzas.

Por todo o anterior, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6° da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursase as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de ciclos formativos para os que se convocan probas libres de módulos profesionais de títulos extinguidos no curso académico 2014/15 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo I desta orde.

2. As dúas convocatorias terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do título, consonte o seguinte calendario:

A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

3. Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de Formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 9 desta orde.

4. O alumnado con módulos pendentes en ciclos formativos de menos de 2.000 horas de duración, tras a realización da primeira convocatoria prevista de probas libres poderá solicitar praza no segundo curso polo réxime ordinario, para os efectos de rematar o ciclo formativo que se extingue, se cumpre os correspondentes criterios de promoción.

5. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas de probas libres e que desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o que se aplicará o réxime de validacións de módulos establecidos no real decreto correspondente.

No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.

Artigo 2. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofrecesen as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción e irán dirixidas á dirección do centro educativo, de acordo co seguinte:

a) As persoas aspirantes que cursasen o ciclo formativo nun centro público deberán presentar necesariamente a solicitude no mesmo centro en que estiveron matriculadas. En caso de non ofrecerse o ciclo formativo no momento da extinción, rexerase polo disposto na alínea b).

b) No caso de alumnado procedente de centros privados, deberase presentar a solicitude nalgún dos centros públicos a que se fai referencia anteriormente.

No caso de remitirse a solicitude por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión é anterior á de pechamento da convocatoria.

2. Establécense dous prazos de presentación de solicitudes, en función das convocatorias previstas:

a) Para a primeira convocatoria: do 8 ao 18 de xullo de 2014.

b) Para a segunda convocatoria: do 8 ao 18 de maio de 2015.

3. O modelo de solicitude axustarase ao establecido no anexo II desta orde. Estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Xuntarase a documentación acreditativa que corresponda.

4. Os centros farán pública no taboleiro de anuncios a relación provisional de persoas admitidas no prazo máximo de dous días hábiles desde a finalización do prazo correspondente. Poderase presentar reclamación no prazo máximo de tres días hábiles.

Artigo 3. Documentación

Soamente se o centro onde se presenta a solicitude non coincide co centro onde estivo matriculado/a con anterioridade, á solicitude de inscrición (anexo I) deberáselle xuntar a seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

b) Certificación académica relativa aos requisitos de acceso.

c) De ser o caso, certificación acreditativa de módulos xa superados ou unidades de competencia acreditadas.

Artigo 4. Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder á realización das probas libres obxecto desta orde correspondentes a un título de técnico ou de técnico superior extinguido as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Algunha das condicións de acceso a que se refire o artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

b) Ter formalizada en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia e nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dos que se convocan probas libres de módulos profesionais.

c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres obxecto desta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

d) Non estar matriculado/a, durante o período de vixencia da matrícula, simultaneamente nun mesmo módulo profesional nas modalidades a distancia, semipresencial ou presencial, así como nas probas para a obtención deste, consonte o establecido no artigo 47 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo.

e) Ter consumida algunha convocatoria nalgún módulo do ciclo formativo para o que solicita a realización da proba.

Artigo 5. Elaboración, contido e estrutura das probas

1. En cada centro dos que se recollen no anexo I constituirase unha comisión de avaliación formada polo profesorado dos departamentos correspondentes, que deseñará as probas para cada un dos módulos profesionais do ciclo formativo, agás o de Formación en centros de traballo.

A devandita comisión estará presidida polo xefe ou a xefa do departamento da familia profesional a que pertenza o ciclo formativo.

2. As probas axustaranse aos currículos dos ciclos formativos que se extinguen e abranguerán contidos teóricos e prácticos que permitan evidenciar, a través dos criterios de avaliación correspondentes, se a persoa aspirante alcanzou os obxectivos específicos establecidos para cada módulo en relación cos obxectivos xerais do ciclo formativo.

3. A estrutura da proba, o procedemento e os criterios de avaliación deberanse publicar no taboleiro de anuncios do centro cunha antelación mínima de dous días con respecto ao comezo da realización das probas.

4. Cada módulo profesional será avaliado por un único membro do profesorado, que asinará as actas de avaliación correspondentes.

Artigo 6. Validación de módulos profesionais

1. As persoas aspirantes admitidas para a realización das probas poderán ter dereito ás validacións de módulos profesionais de ciclos formativos a que se fai referencia nas letras a), b) e c) do punto 2 da disposición transitoria segunda da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Así mesmo, as persoas que teñan acreditadas unidades de competencia de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán solicitar a validación dos módulos profesionais asociados ante o director ou a directora do centro educativo.

2. Quen desexar solicitar a validación dalgún módulo profesional deberao facer constar expresamente no momento de presentar a solicitude de inscrición para as probas, para o que cumprirá xuntar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos para a obter.

Artigo 7. Cualificación final das probas libres

1. A expresión da cualificación final obtida por cada aspirante en cada un dos módulos profesionais realizarase nos termos previstos no artigo 37 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

2. As persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra as cualificacións finais alcanzadas en cada módulo no centro en que se realizasen as probas, consonte o procedemento establecido no artigo 45.2 da citada Orde do 12 de xullo de 2011. As reclamacións basearanse necesariamente nalgún dos aspectos recollidos no artigo 5.3 desta orde.

Artigo 8. Certificación

A superación das probas libres de módulos profesionais dará dereito a unha certificación individual por cada módulo superado, de acordo co establecido no artigo 43.4 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. O modelo de certificación será o establecido no anexo XI da devandita orde.

Artigo 9. Módulo de Formación en centros de traballo en títulos extinguidos

1. O alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de Formación en centros de traballo, logo de se producir a extinción definitiva da docencia dun determinado ciclo formativo ou tras a realización dalgunha das dúas convocatorias a que se fai referencia no artigo 1 desta orde, poderá solicitar a súa realización nalgún dos prazos e dos períodos extraordinarios establecidos na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de Formación en centros de traballo da formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O módulo de Formación en centros de traballo dun título extinguido poderá realizarse como máximo, ata o seguinte curso académico ao da realización das convocatorias de probas previstas no artigo 1 desta orde.

3. A inscrición para solicitar a exención ou cursar o módulo de Formación en centros de traballo realizarase polo réxime de proba libre nos mesmos centros a que se fai referencia no artigo 2.1 desta orde, sen prexuízo do establecido no seu artigo 1.4.

4. Para ter dereito á exención do módulo de formación en centros de traballo, ademais do cumprimento dos requisitos xerais establecidos na normativa vixente cumprirá ter superado o resto dos módulos profesionais do ciclo formativo. A documentación para presentar é a que se especifica no artigo noveno da citada Orde do 28 de febreiro de 2007. A exención da FCT resolverase logo de publicada a resolución das cualificacións definitivas do resto dos módulos profesionais.

5. Para o seguimento do módulo de formación en centros de traballo terase en conta o disposto na Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de Formación en centros de traballo da formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 10. Titulación

As persoas interesadas que superen todos os módulos profesionais dun determinado ciclo formativo e tamén o módulo de Formación en centros de traballo ou sexan eximidas del, de acordo co establecido no artigo 9 desta orde, poderán solicitar a expedición do título correspondente.

Nestes casos, os centros educativos realizarán a proposta de título polo réxime de «proba libre».

Artigo 11. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Alumnado», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma Secretaría Xeral Técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou a través do enderezo de correo electrónico sxfp@edu.xunta.es.

Artigo 12. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Xa que logo, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou as informacións previstos nesta norma, agás que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación dos requisitos a que se refire o documento ou, de non ser así, a acreditación por outros medios, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 13. Modelos normalizados de formularios

Para calquera outro trámite distinto á presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para desenvolver esta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Convocatoria de probas libres de módulos profesionais para a obtención de títulos extinguidos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Relación de ciclos formativos e centros públicos.

Curso académico 2014/15.

Código ciclo

Ciclo extinguido LOXSE

Concello

Código centro

Centro

CM01001

Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural

Arzúa

15027733

IES de Arzúa

Becerreá

27000617

CFEA Alta Montaña

Boqueixón

15013254

CFEA de Sergude

Mondoñedo

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

Pontevedra

36020192

CFEA de Lourizán

Tomiño

36019751

IES de Tomiño

Xinzo de Limia

32014801

IES Cidade de Antioquía

CM03003

Operación, Control e Mantemento de Máquinas e Instalacións do Buque

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

Ferrol

15028038

ESCO Náutico-Pesqueira

Ribeira

15027812

ESCO Oficial Náutico-Pesqueira

Vigo

36011804

Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico

CM03004

Pesca e Transporte Marítimo

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

Ribeira

15027812

ESCO Oficial Náutico-Pesqueira

Vigo

36011804

Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico

CS03002

Produción Acuícola

A Illa de Arousa

36020209

IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura)

CS03003

Supervisión e Control de Máquinas e Instalacións do Buque

Culleredo

15005749

IES Universidade Laboral

Ferrol

15028038

ESCO Náutico-Pesqueira

Ribeira

15027812

ESCO Oficial Náutico-Pesqueira

Vigo

36011804

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico

CS06003

Xestión do Transporte

Lugo

27006528

CIFP As Mercedes

Vigo

36011579

IES A Guía

missing image file
missing image file
missing image file