Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 30 de xuño de 2014 Páx. 29327

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 75/2014, do 26 de xuño, polo que se nomea director da Axencia Galega de Infraestruturas a Francisco Menéndez Iglesias.

En virtude do establecido no artigo 13.2 do Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, aprobado polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, e nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de xuño de dous mil catorce,

Nomeo director da Axencia Galega de Infraestruturas a Francisco Menéndez Iglesias.

Santiago de Compostela, vinte e seis de xuño de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas