Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32243

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de xullo de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto, a Consellería do Medio Rural e do Mar,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se relaciona no anexo I de esta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, na súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar un posto de traballo anunciado no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino definitivo noutra administración pública, o seu nomeamento requirirá o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a no se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado de lo contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO I

Denominación: xefatura do Servizo de Coordinación, Investigación Mariña e Proxectos.

Código: MR.402.00.003.15770.050.

Nivel: 28.

Complemento específico: 13.698,72 €.

Grupo: A1/A2.

Corpo/escala: xeral/especial.

Adscrición administracións públicas: AXG.

Centro destino: Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Descrición códigos da adscrición ás administracións públicas:

AXG: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

missing image file