Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 23 de xullo de 2014 Páx. 32236

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslado para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 24 de marzo de 2014.

De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e mais na Resolución do 24 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocaban a concurso de traslado postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia entre os funcionarios do corpo de médicos forenses (BOE e DOG do 24 de abril), esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Resolver o concurso de traslado que adxudica os postos convocados aos médicos forenses que se relacionan no anexo I. Decláranse desertos os postos relacionados no anexo II.

Segundo. Para os funcionarios que se atopen en servizo activo, en servizos especiais ou en excedencia voluntaria polo coidado de familiares, o cesamento deberá efectuarse o 2 de setembro de 2014, agás que se encontren gozando de permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, en cuxo caso cesarán o día da súa incorporación.

A toma de posesión do novo destino obtido por concurso, para os funcionarios indicados no parágrafo anterior, producirase nos tres días naturais seguintes ao cesamento se non implica cambio de localidade do funcionario; nos oito días naturais seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos vinte días naturais seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, bardante do caso da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma das Illes Balears, da Cidade de Ceuta e da Cidade de Melilla, en que o prazo será dun mes a partir do cesamento, tanto se o posto de traballo é de orixe coma se é de destino.

O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, excedencia voluntaria por interese particular, excedencia voluntaria por agrupación familiar ou suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión será de vinte días naturais a partir do 2 de setembro de 2014.

Terceiro. Exclúense do concurso todos os funcionarios interinos que solicitaron participar nel, debido a que neste concurso só poden participar funcionarios de carreira e os funcionarios interinos noméanse para un posto cando non sexa posible a prestación do servizo por funcionarios de carreira. A relación de funcionarios interinos solicitantes publicarase na páxina web do ministerio (www.mjusticia.gob.es).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, ambos os prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, se non é simultánea co Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I
Fase de concurso

Adxudicatario

DNI

Nº orde

Posto adxudicado

Posto de orixe

Costas Costas, Eduardo José

36119526G

136

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección. Santiago de Compostela

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección de Lugo

Pesquera Lacal, José Luis

268698N

137

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección da Coruña

Excedente

ANEXO II
Prazas desertas

Nº orde

Centro de traballo

Vacantes

Denominación

136

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección. Santiago de Compostela

2

Médico forense (xeneralista)

139

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Lugo

2

Médico forense (xeneralista)

140

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Ourense

2

Médico forense (xeneralista)

141

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Pontevedra

2

Médico forense (xeneralista)