Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32828

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de xullo de 2014 pola que se autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria de Oroso, no concello de Oroso.

O Decreto 79/2014, do 26 de xuño, publicado no DOG número 125, do 3 de xullo, crea o colexio de educación infantil e primaria de Oroso, por desagregación do CEIP de Sigüeiro da mesma localidade.

En consecuencia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que establece a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único

Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a seguir:

Provincia: A Coruña.

Concello: Oroso.

Localidade: Sigüeiro.

Enderezo: avenida Álvaro Cunqueiro, s/n.

Código do centro: 15032868.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Oroso.

Unidades: 6 de educación infantil e 12 de educación primaria.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria