Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33004

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 9 de xullo de 2014 de aprobación definitiva da corrección de erros do Plan xeral de ordenación municipal de Aranga.

O Concello de Aranga remite acordo plenario do 17.2.2014 dando conta da aprobación provisional dun documento de corrección de erros detectados no Plan xeral de ordenación municipal, solicitando da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a súa aprobación.

Examinada a documentación achegada polo Concello de Aranga, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

O Concello de Aranga dispón, na actualidade vixente, dun PXOM aprobado definitivamente pola Orde da CMATI do 16.12.2013, ao abeiro da LOUG.

II. Obxecto e descrición da modificación proposta.

A corrección de erros afecta as determinacións relativas á ocupación en solo rústico contidas no PXOM, comportando cambios no número 4 dos artigos 8.2.1, 8.2.2., 8.2.3, 8.2.5, 8.2.6 e 8.2.7 da normativa urbanística, para adecualos á ocupación máxima correlativa permitida establecida no número 1 do artigo 8.1.5 sobre condicións de edificación en solo rústico.

III. Análise e consideracións.

O artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón que as administracións públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral lle corresponde ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

IV. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede, resólvese:

1º. Outorgar a aprobación definitiva do documento de corrección de erros do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Aranga, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa corrixida aprobada definitivamente.

3º. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2014

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas