Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33131

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 1424-2014, contra os artigos 1; 2.2 b), c) e d); 5.3; 5.5; 5.6; 5.7; 6.2; 7.2; 8; 12.2; 12.3; 12.4; 13; 14.1 a), b) e c); 14.2; 15.2 a), b), d), f), g) e h); 15.3; 17.1; 17.2; 18; 19.2 a) e c); título V e disposicións adicional primeira e transitoria primeira da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por auto do 22 de xullo actual, no recurso de inconstitucionalidade número 1424-2014, promovido polo avogado do Estado, en representación do presidente do Goberno, acordou levantar a suspensión dos artigos 1; 2.2 b), c) e d); 5.3; 5.5; 5.6; 5.7; 6.2; 7.2; 8; 12.2; 12.3; 12.4; 13; 14.1 a), b) e c); 14.2; 15.2 a), b), d), f), g) e h); 15.3; 17.1; 17.2; 18; 19.2 a) e c); título V e disposicións adicional primeira e transitoria primeira da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, suspensión que se produciu coa admisión do mencionado recurso de inconstitucionalidade e que foi publicada no Boletín Oficial del Estado núm. 89, do 12 de abril de 2014.

Madrid, 22 de xullo de 2014

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional